De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Pena Luísa coas seguintes características:
Peticionario: Made Energías Renovables, S.A., Paseo de la Castellana, 95-planta 29ª, 28046 Madrid.
Situación: concellos de Muras e Ourol (Lugo).
Localización (coordenadas poligonais en unidades U.T.M.): V(0.613.000, 4.824.200);
V(0.615.625, 4.821.025);
V(0.618.000, 4.821.400);
V(0.614.000, 4.824.200).
Superficie afectada: 566,25 ha.
Potencia bruta: 21,78 MV.
As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.
Lugo, 5 de setembro de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
8200