Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 22 de setembro de 1998 Páx. 10.577

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o perímetro de protección do balneario de Caldelas de Tui do termo municipal de Tui.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que en virtude do disposto no artigo 13 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de augas minero medicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, faise pública a solicitude por instancia de Mª Cruz Ruíz Estévez referente á definición do perímetro de protección do manancial de augas minero-medicinais que explota o establecemento balneario de Caldelas de Tui.

As augas que aproveita o balneario son recoñecidas desde 1928 como minero-medicinais e por resolución da Consellería de Industria do 10 de xullo de 1996, logo dos informes favorables do Instituto Tecnolóxico e Xeomineiro de España e da Dirección Xeral da Saúde da Consellería de Sanidade, declárase a súa condición de minero-medicinal.

O perímetro de protección solicitado para o manancial engloba as áreas de infiltración máis inmediata e corresponde á zona de restriccións medias (Z ME), que comprende un polígono irregular de cinco lados,

e os seus vértices perimetrais teñen as seguintes coordenadas xeográficas orixe Greenwich.

VérticesLonxitude WLatitude N

18º 34' 28''42º 05' 10''

28º 32' 46''42º 04' 24''

38º 33' 02''42º 03' 18''

48º 34' 24''42º 03' 15''

58º 35' 38''42º 03' 28''

O que se fai público co fin de que aquel que se considere interesado poida presentar alegacións na Delegación de Industria de Pontevedra dentro do prazo de 15 días contados a partir do seguinte ó da súa publicación.

Pontevedra, 1 de setembro de 1998.

P.A.

Rafael Rubio Maquieira

Secretario provincial de Pontevedra

8535