Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 16 de setembro de 1998 Páx. 10.380

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Frinova, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Frinova, S.A. que tivo entrada nesta delegación provincial o día 23-7-1998, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 3-7-1998. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación da provincia de Pontevedra

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 29 de xullo de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de Frinova, S.A.

para 1998 e 1999

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio terá aplicación no centro de traballo de Frinova, S.A., sito no polígono industrial das Gándaras, parcela número 9, O Porriño, Pontevedra.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O presente convenio afecta á totalidade do persoal de Frinova, S.A., sito no polígono industrial das Gándaras, parcela número 9, O Porriño, Pontevedra, existente no momento do seu asinamento, así como ó que ingrese posteriormente na empresa.

Artigo 3º.-Vixencia.

O convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1998 cun período de duración ata o 31 de decembro de 1999, e será denunciado por escrito, polo menos, cun mes de antelación á data do seu vencemento; en caso contrario, prorrogarase por períodos anuais sucesivos.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas establecidas no presente convenio teñen carácter de mínimas e figurarán nas táboas salariais anexas.

Terán carácter de absorbibles aquelas melloras que durante a vixencia del, e por disposicións legais, puidesen establecerse.

Salvo o especificado nos artigos 22º e 23º do presente convenio, quen viñese desfrutando dalgunha ou algunhas condicións máis beneficiosas que as aquí establecidas, deberá conservalas.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e vixilancia das condicións pactadas neste convenio, crearase unha comisión paritaria composta por tres membros de cada unha das partes, social e económica. Pola parte social, comporase do presidente do comité e un representante de cada central sindical con representación.

Cando para a resolución de calquera asunto non exista acordo, será a Maxistratura de Traballo competente a que decida.

Artigo 6º.-Clasificación do persoal atendendo á duración do contrato.

O persoal que presta os seus servicios no centro de traballo afectado polo convenio clasificarase, segundo a súa permanencia e de acordo co seu contrato, en fixo e eventual.

Artigo 7º.-Persoal fixo.

Terá carácter de fixo o persoal que se precisa con carácter continuo para as actividades da empresa e ocupa un posto de traballo permanente no seu cadro de persoal.

O persoal eventual de factoría e cámaras con categoría de mozo ou aprendiz que pase á situación de

persoal fixo ascenderá automaticamente á categoría de operario de segunda; transcorrido un ano desde o seu paso á situación de fixo, ascenderá á categoría de operario.

O persoal eventual do taller mecánico con categoría de aspirante que pase á situación de persoal fixo ascenderá automaticamente á categoría de oficial de terceira; transcorrido un ano desde o seu paso a esta situación, ascenderá a oficial de segunda.

Artigo 8º.-Persoal eventual.

É o que, en situacións extraordinarias, se contrata por tempo fixo e para un traballo temporal e determinado.

A duración do contrato estará en función da duración do traballo para o que foi contratado, observando sempre na súa contratación o disposto no Estatuto dos traballadores e real decreto baixo o acollemento do cal fosen contratados e o seu contrato individual asinado e selado pola correspondente oficina de emprego, a copia básica do cal se entregará puntualmente á representación dos traballadores.

Artigo 9º.-Clasificación do persoal atendendo ó grupo profesional.

O persoal ó servicio da empresa, incluído no ámbito de aplicación deste convenio queda encadrado nalgún dos seguintes grupos profesionais:

I. Persoal técnico.

II. Persoal administrativo.

III. Persoal obreiro e actividades auxiliares.

Artigo 10º.-Definición de grupos profesionais.

I. Técnicos: clasifícanse neste grupo os que realizan traballos que esixan, con titulación ou sen ela, unha adecuada competencia ou práctica, exercendo funcións de tipo facultativo, técnico ou dirección especializada.

O dito grupo, pola súa banda, clasifícase nos seguintes subgrupos:

1. Técnicos con título superior.

2. Técnicos con título non superior.

3. Técnicos non titulados.

II. Administrativos: neste concepto quedan comprendidos os que realicen traballos de mecánica administrativa, contable e outros análogos non comprendidos no grupo anterior.

III. Obreiros e actividades auxiliares: inclúe este grupo o persoal que exerce fundamentalmente traballos de índole material ou mecánica, e engloba o persoal de fabricación, cámaras e oficios varios, así como o persoal subalterno.

Artigo 11º.-Vacantes e postos de nova creación.

Na creación de novos postos de traballo ou na provisión de vacantes, cando se requira persoal de novo ingreso, a empresa terá en conta en primeiro lugar o persoal de Frinova, S.A., en segundo lugar

os fillos dos traballadores en activo, falecidos, xubilados ou pensionistas, concedéndolle-lo emprego, en calquera caso, se superan as probas de aptitude que correspondan. Para postos de certa responsabilidade que precise a empresa, será necesario que as súas condicións non sexan inferiores ás doutro candidato.

A empresa fará pública a existencia de vacantes ou novos postos mediante nota para tal efecto no taboleiro de anuncios con 15 días de antelación á data prevista para cubrilos.

O comité participará co mesmo número de vocais que a empresa para o control da cualificación nas probas que fosen necesarias para a selección do persoal, se ben non exercerán veto sobre a decisión do empresario, limitándose a súa acción ó prescrito pola lexislación vixente.

Artigo 12º.-Horarios de traballo.

A xornada de traballo especifícase nos horarios que se detallan a continuación; tendo en conta que só será esixible o traballo en período nocturno ós que están adscritos á referida quenda na actualidade, ós que no futuro se adscriban voluntariamente e a aqueles en que así conste no seu contrato.

Factoría.

Quenda de mañá: de luns a venres de 6 a 14 horas, con descanso de 15 minutos por conta da empresa.

Quenda de tarde: de luns a venres de 14 a 22 horas, con descanso de 15 minutos por conta da empresa.

Quenda de noite: de luns a venres de 22 a 6 horas, con descanso de 15 minutos por conta da empresa.

Técnicos e administrativos.

Primeira quenda:

-Inverno: de luns a venres, mañá de 8 a 14 horas e tarde de 15 a 17.05 horas.

-Verán: de luns a venres, de 8 a 14.30 horas.

Segunda quenda: de luns a venres, mañá de 9 a 13.30 e tarde de 14.45 a 18 horas todo o ano.

Terceira quenda: de luns a venres, mañá de 8 a 14 e tarde de 15.30 a 17.15 horas todo o ano.

Almacéns.

Primeira quenda: de luns a venres de 6 a 14 e de 14 a 22 horas con descanso de 15 minutos por quenda por conta da empresa.

Segunda quenda: de luns a venres, mañá de 8 a 14 e tarde de 15.30 a 17.15 todo o ano.

Cámaras.

Quenda de mañá: de 8 a 16 horas.

Quenda de tarde: de 16 a 24 horas.

Quenda de noite: de 24 a 8 horas.

Tódalas quendas descansarán 15 minutos por conta da empresa.

Artigo 13º.-Organización do traballo.

De acordo coas disposicións vixentes sobre convenios colectivos, é obxecto deles o incremento de productividade nas empresas. Ó longo de 1998, cando as circunstancias o aconsellen, a empresa poderá implanta-lo sistema de remuneración por primas de producción, con carácter xeral, por seccións ou quendas de traballo, de acordo coas circunstancias e as posibilidades perseguidas, podendo ser suspendido con carácter xeral por seccións ou quendas de traballo, cando as circunstancias o aconsellen, logo de acordo co comité de empresa.

Artigo 14º.-Vacacións.

Todo o persoal afectado polo presente convenio, incluídos traballadores eventuais con contratos para a formación, terá 30 días naturais de vacacións, que se aboarán coa retribución do salario da táboa anexa máis antigüidade.

O 24 de decembro e o 31 de decembro considéranse non laborables para todo o persoal.

Outórgase un día laborable de vacacións que se desfrutará nunha das pontes do ano pactados no calendario anual.

A forma de desfrute das vacacións para o persoal da sección industrial fixarase nun plan de quendas que elaborará a dirección de acordo co comité e que se publicará debidamente.

Se por dificultades imprevistas fose preciso efectuar un reaxuste de vacacións, estableceranse de mutuo acordo, de modo que se salven os inconvenientes que poidan afecta-lo normal desenvolvemento do programa da empresa.

En canto ás vacacións do persoal masculino que, polo seu traballo, debe cubrir postos de mantemento, sala de máquinas e resto do persoal, serán de forma rotativa, de tal modo que ós que por sorteo lles corresponda unha das datas que elixan, ó ano seguinte corresponderánlle-las datas alternativas.

O persoal de oficinas desfrutará as vacacións de acordo cos seus xefes respectivos.

Persoal en xeral: do 15 de xuño ó 15 de setembro.

Períodos oficiais de vacacións para 1998:

Todo o persoal, os días 2 e 5 de xaneiro de 1998.

Dúas quendas de vacacións en verán:

Primeira quenda: do 20 de xullo ó 16 de agosto, incorporándose o 17 de agosto.

Segunda quenda: do 3 de agosto ó 30 de agosto, incorporándose o 31 de agosto.

Ponte no laborable: 20 de marzo, todo o persoal.

Dous días non laborables: 24 e 31 de decembro, todo o persoal.

Teranse en conta as normas fixadas no ET e demais vixentes á hora de fixa-los calendarios de vacacións por quendas.

Ó persoal que por necesidades da empresa non desfrute das súas vacacións nos períodos oficiais fixados, retribuiráselle un complemento de 20.000 ptas.

O persoal que no período oficial se atopase en situación de IT poderá desfrutar das súas vacacións durante o resto do ano.

Artigo 15º.-Bolsa de vacacións.

A todo o persoal afectado polo presente convenio, coa excepción dos traballadores da sección industrial baixo contratos temporais, a empresa retribuiralle unha bolsa de vacacións de 95.000 ptas. para os anos 1998 e 1999, que se aboará o 31 de agosto.

Artigo 16º.-Traballo en cámaras.

A dirección da empresa coidará de que se distribúa o traballo de forma tal que non se prolonguen os períodos de estadía ininterrompida do persoal no interior das cámaras de conservación de productos conxelados por máis dunha hora. Deberán permanecer fóra delas por igual período de tempo exercendo outra actividade.

O persoal que realice o seu traballo a temperatura entre 0 e 10 graos centígrados cobrará un plus equivalente ó 10% do salario base.

O persoal que traballe no interior das cámaras frigoríficas cobrará un plus equivalente ó 25% do salario base.

Artigo 17º.-Licencias retribuídas.

O persoal afectado polo presente convenio, con igual tratamento para matrimonios que para parellas estables, terá dereito a solicitar licencias retribuídas nos casos seguintes:

A) Matrimonio: quince días naturais.

B) Parto da esposa: tres días naturais.

C) Enfermidade con internamento ou intervención cirúrxica, tamén con internamento do cónxuxe, pais ou fillos: cinco días naturais. Pais políticos: tres días naturais (deben presentar certificado médico).

D) Falecemento do cónxuxe, pais ou fillos: tres días retribuídos e dous sen retribuír, se residen na provincia de Pontevedra; catro días retribuídos e un día sen retribuír se é no resto de Galicia e cinco días retribuídos no resto de España.

E) Falecemento de irmáns políticos, avós políticos, tías, tíos, tías e tíos políticos e sobriños en primeiro grao: un día.

F) Falecemento de avós, netos, pais políticos e irmáns: dous días.

G) Por intervención cirúrxica, sen internamento ou recoñecemento médico de pais, cónxuxe e fillos: un día.

H) Por cambio de domicilio: un día.

I) Cando haxa que acudir a probas ou recoñecementos médicos en centros sanitarios, con xustificante médico: un día.

Nos casos en que teña que acompaña-lo cónxuxe e fillos a recoñecemento médico a calquera parte de Galicia, fóra da provincia de Pontevedra, por enfermidade, un día retribuído; a Madrid e outras cidades fóra da Comunidade Autónoma galega, tres días; e cando esta saída fose fóra da Comunidade Autónoma de Galicia como consecuencia de intervención cirúrxica ou internamento, cinco días. Acreditarase, en todo caso, con certificado médico.

Os casos non incluídos nos puntos anteriores estudiaraos a dirección da empresa para resolvelos adecuadamente.

Para consultas médicas: catro horas para todo o persoal, sempre e cando acudan o resto da xornada á empresa se lles é posible, excepto para o persoal ó que polo seu afastamento lle é máis difícil, Moaña, Cangas e Domaio, que terán todo o tempo que lles dure a consulta, debidamente acreditado.

Artigo 18º.-Licencias non retribuídas.

Sobre licencias non retribuídas haberá que aterse ó disposto polas leis respectivas.

Artigo 19º.-Excedencias.

Terá dereito á situación de excedencia todo o persoal afectado polo presente convenio, de acordo coas normas reguladas no Estatuto dos traballadores.

A empresa obrígase para o persoal do taller mecánico, factoría e cámaras oficios varios, así como da sección industrial, á readmisión dos solicitantes, cando estes a cursasen, polo menos con dous meses de antelación, sempre e cando a excedencia sexa igual ou superior a un ano.

Artigo 20º.-Vestiario.

Polas circunstancias do traballo, será preciso que certo persoal utilice vestiario adecuado ó traballo que realiza.

En tal caso a empresa proverá o vestiario correspondente.

A definición de tal vestiario e a súa calidade, así como os prazos de entrega, serán consecuencia das disposicións vixentes, dos requirimentos especiais do traballo e do seu estudio técnico-sanitario así como do informe que en cada caso emita o comité de seguridade e hixiene.

O dito vestiario será de dous equipos anuais e un par de zapatos. A aqueles que por necesidades do posto de traballo o necesiten, facilitaráselles un par adicional.

Ó persoal de mantemento facilitaráselle dúas fundas, dous traxes de frío e un par de botas, distribuídos segundo as súas necesidades.

O persoal de nova incorporación será dotado do vestiario preciso unha vez superado o período de proba.

Inclúese unha peza de abrigo, consistente nun xersei, que se distribuirá a principios da tempada de inverno, para todo o persoal da sección industrial e actividades relacionadas con ela, que deberá ser usado por debaixo do uniforme.

O vestiario distribuirase antes do 31 de maio.

Artigo 21º.-Salarios.

A partir do 1 de xaneiro de 1998 incrementaranse tódolos conceptos salariais nun 1%, e con efectos do 1 de xaneiro de 1999 procederase a revisar automaticamente os conceptos retributivos da táboa salarial na cantidade que resulte do IPC real do ano 1998 máis dous puntos, destribuído este incremento da seguinte forma: 40% en cantidade lineal e 60% en cantidade porcentual, e aplicarase a tódolos conceptos salariais, agás bolsa de vacacións, fondo social e seguro de accidente.

Artigo 22º.-Traballos penosos, insalubres, perigosos e nocivos.

A todo o persoal que polas súas condicións de traballo se lle recoñeza actualmente unha prima polos ditos traballos, seguiráselle recoñecendo este dereito na contía que figura na táboa salarial anexa. Os ditos traballos pagaranse proporcionalmente ó tempo traballado.

As primas por serra, prima porcionadora, primas producción, primas maquinista, caprichos e as primas de rebozado incrementaranse a 61 ptas./hora.

Artigo 23º.-Plus de tarde.

Incrementarase o plus de tarde na mesma porcentaxe que os salarios.

Artigo 24º.-Plus de noite.

O persoal que traballe na dita quenda recibirá unha prima do 25% sobre o salario base, por día traballado.

Artigo 25º.-Antigüidade.

Tódolos traballadores afectados por este convenio desfrutarán de trienios do 6% sobre salario base. Terán, como mínimo, por este concepto o salario mínimo interprofesional.

A dita antigüidade contarase a partir do 1 de xaneiro do ano en que se cumpre o trienio.

Artigo 26º.-Horas extras.

Durante a vixencia deste convenio aboaranse as horas extras incrementándoas nun 1% o valor que tiña o 31 de decembro de 1997.

As horas extras que se efectúan a partir das 22 horas serán aboadas como segundas horas.

A empresa facilitaralle ó comité mensualmente un resumo co número de horas extras realizadas por escala e a súa retribución.

Artigo 27º.-Pagas extraordinarias.

Todo o persoal afectado por este convenio, incluídos os traballadores baixo contratos para a formación, desfrutará de catro pagas extraordinarias aboadas a razón dunha mensualidade máis os complementos salariais que correspondan, como se vén facendo ata a data.

As ditas pagas corresponden a:

A) O día 15 de marzo. O período de devengo é do 1 de xaneiro ó 31 de decembro do ano en que se paga.

B) O día 15 de xullo. O período de devengo é do 1 de xaneiro ó 30 de xuño do ano en que se paga.

C) O día 15 de outubro. O período de devengo é do 1 de outubro do ano anterior ó da paga ata o 30 de setembro do ano en que se paga.

D) O día 15 de decembro. O período de devengo é do 1 de xullo ó 31 de decembro do ano en que se paga.

As ditas pagas faranse efectivas o día laboral inmediatamente anterior á data sinalada neste artigo.

As pagas correspondentes ós días 15 de xullo e 15 de decembro serán aboadas por semestres.

A paga correspondente ó 15 de marzo para o persoal que ingrese durante o ano farase efectiva o día 31 de decembro, e aboaranse en parte proporcional. A paga correspondente ó 15 de outubro seguirase devengando de acordo coa normativa da empresa, de considerala como paga de asistencia ó traballo, e proporcionalmente ó tempo traballado, tendo tal consideración a situación de incapacidade temporal derivada de accidente laboral, maternidade, ou cando se produza a consecuencia de intervención cirúrxica.

Artigo 28º.-Plus de distancia.

Todo o persoal afectado por este convenio percibirá en concepto de plus de distancia a cantidade que figura na táboa anexa.

Artigo 29º.-Plus de asistencia.

Así mesmo, todo o persoal, como premio por asistencia ó traballo, percibirá a cantidade que figura na táboa anexa.

Artigo 30º.-Axudas de custos.

Cando por necesidades da actividade da empresa se considere precisa a continuidade da xornada laboral habitual de traballo en máis de 4 horas, a empresa facilitará unha axuda de custo de 1.800 ptas. Deberá entón partirse a xornada laboral considerándose un tempo entre 30 e 60 minutos, segundo as circunstancias, para poder realiza-la dita comida. Se esta continuidade da xornada laboral corresponde á segunda quenda de traballo, aplicarase cando se realicen máis de dúas horas extraordinarias despois da dita xornada, en concepto de cea.

O persoal que realice xornada partida cobrará unha axuda de custos de 1.800 ptas/día.

Os sábados que se precise realizar horas extras por máis de seis horas establecerase un descanso para comer de 30 a 60 minutos e aboarase a axuda de custo cando se continúe por dúas ou máis horas.

Artigo 31º.-Accidentes.

Percibirase a totalidade do salario como se estivese traballando.

Artigo 32º.-Anticipos.

Para os casos de necesidade de acordo entre o comité e a dirección da empresa, adiantarase un máximo de dúas mensualidades, deducíndose en partes iguais nas catro pagas extras seguintes.

A empresa fixa un tope de 2.000.000 de ptas. para o montante total de anticipos concedidos e non recuperados. Isto quere dicir que non se concederán novos anticipos en canto non se reembolsase á empresa a cantidade necesaria para a concesión solicitada. Deberá espera-lo traballador a que se dispuxese destes fondos para desfrutar do anticipo solicitado.

Artigo 33º.-Traslados ó Porriño.

A empresa aboará os desprazamentos de Frinova ó Porriño e viceversa para saídas xustificadas e necesarias. En caso de urxencia a empresa aboará taxis, ambulancia ou o que fose necesario desde a factoría ó centro médico.

Artigo 34º.-Fondo social.

A empresa destinará 4.032.000 ptas. para o ano de vixencia do convenio ó fondo social, que será distribuído polo comité de empresa para bolsas de estudio e outros fins sociais. A dita cantidade, acumulada ós restos que puidesen quedar do ano anterior, será distribuída durante o presente ano entre o todo o persoal afectado polo presente convenio.

Artigo 35º.-Xubilación.

Queda establecida a xubilación, con carácter obrigatorio, ós 65 anos para todo o persoal da empresa sempre que reúna os requisitos necesarios para ter dereito á pensión de xubilación do sistema de seguridade social española. Non obstante, a comisión paritaria do convenio realizará os trámites precisos co obxecto de xestionar perante a Administración a posibilidade de xubilar anticipada e voluntariamente, co 100% do seu salario de cotización, a tódolos traballadores maiores de 60 anos. Se a empresa decidise cubrir esas baixas, terá en conta o disposto no artigo 11º.

Artigo 36º.-Premio de xubilación.

Ó se produci-la xubilación, no mínimo que dispón a lei, a quen leve máis de 20 anos na empresa, esta concederalle un premio de dúas mensualidades. Se a dita xubilación se anticipa ó mencionado mínimo, será gratificado con 15 días máis por ano de anticipación.

Artigo 37º.-Seguro de accidentes.

Con independencia das indemnizacións obrigatorias da Seguridade Social, mediante a concertación

de póliza de cobertura cunha entidade aseguradora, a empresa garantiralles ós seus traballadores ou, se é o caso, ós seus herdeiros, e nos supostos que se especifican, as seguintes indemnizacións:

1.1. Por accidente non laboral.

1.1.1. Morte do traballador.

Os herdeiros do traballador ou, no seu defecto, a persoa que el mesmo designase, percibirán a cantidade 7.462.215 ptas.

1.1.2. Invalidez permanente total ou invalidez absoluta do traballador e gran invalidez.

O traballador percibirá a cantidade de 7.462.215 ptas. para os primeiros casos, 14.924.431 ptas. para os segundos e 29.848.863 ptas. para os terceiros.

1.2. Por accidente laboral.

1.2.1. Morte do traballador.

Os herdeiros do traballador ou, no seu defecto, a persoa que el mesmo designase, percibirán a cantidade de 7.462.215 ptas.

1.2.2. Invalidez permanente total, invalidez permanente absoluta e gran invalidez.

O traballador percibirá a cantidade de 7.462.215 ptas. para os primeiros casos, 14.924.431 ptas. para os segundos e 29.848.863 ptas. para os terceiros.

Entenderase por invalidez permanente total a incapacidade que inhabilite o traballador de modo permanente, para realizar todas ou as fundamentais tarefas da súa profesión habitual, aínda que poida dedicarse a outra distinta.

Entenderase por invalidez permanente absoluta a incapacidade que inhabilite o traballador de modo permanente para toda profesión ou oficio.

Entenderase por gran invalidez a situación do traballador para efectos de incapacidade permanente absoluta e que, por consecuencia de perdas anatómicas ou funcionais, necesite a asistencia doutra persoa para realiza-los actos esenciais da vida como vestirse, desprazarse, comer ou análogos.

As condicións quedan establecidas na póliza de seguros, cunha copia oficial que se entregará ó comité de empresa.

Artigo 38º.-Garantías dos representantes dos traballadores.

A empresa garantirá tódolos dereitos dos representantes legais dos traballadores recoñecidos no Estatuto dos traballadores, texto refundido (R.D. lei 1/1995, do 24 de marzo).

Non serán contabilizadas no cómputo de horas sindicais as destinadas a reunións coa empresa.

O crédito horario poderase acumular nun ou varios traballadores trimestralmente, logo de aviso e negociación coa empresa.

O crédito horario non se computará para efectos de cálculo do índice de absentismo.

Artigo 39º.-Mobilidade funcional dentro da empresa Frinova, S.A.

1. Cada traballador quedará encadrado dentro dun grupo profesional.

2. A prestación debida por cada traballador quedará delimitada polo seu grupo profesional e, se é o caso, polos grupos profesionais equivalentes.

3. A mobilidade funcional considérase dentro do grupo profesional sen menoscabo da dignidade do traballador e sen prexuízo da súa formación e promoción. Pode darse excepcionalmente mobilidade funcional con outro grupo profesional equivalente, de acordo coa formación e experiencia profesional do traballador, logo de acordo do comité de empresa para valorar que as causas que o producen son o suficientemente xustificables.

Artigo 40º.-Formación do persoal.

A empresa concede prioridade de elección de horario e quenda entre os traballadores da súa categoría para os que compatibilicen estudios regrados, conforme o que se expresa nos artigos 22º, 23º, 24º e 25º do Estatuto dos traballadores.

Artigo 41º.-Regulamento de réxime interno.

Segundo o acordo entre empresa e comité, do 19 de febreiro de 1991, aquela comprométese a elaborar un proxecto de Regulamento de réxime interno que entregará ó comité para o seu estudio, co fin de chegar a un documento final consensuado, que se presentará á asemblea de traballadores e que conterá tódolos detalles posibles relativos á organización do traballo, responsabilidades, categorías, faltas, san

cións e todo o que poida resultar de común interese para as relacións entre o traballador e a empresa. Este documento revisaríase anualmente.

Artigo 42º.-Transporte.

Todo o persoal ten dereito a desfrutar dos servicios de autobús nos percorridos e condicións actuais.

Artigo 43º.-Complemento por IT.

Todo traballador que estea en situación IT, calquera que sexa a súa causa, con efectos a partir do 1 de xullo de 1998, percibirá da empresa un complemento ata o 100% do salario real, é dicir, percibirá a totalidade do salario como se estivese traballando.

* Cláusula adicional.

O presente convenio está subscrito pola comisión negociadora formada por parte da empresa por Fernando Ilarri, director de Persoal e Recursos Humanos do Grupo Pescanova, Santiago Gómara Millán, director xerente e Alberto Durán Iglesias, xefe de Persoal de Frinova, S.A.

Por parte do comité de empresa: Dolores Fernández Lorenzo e Carlos Lago Rodal, de Comisións Obreiras (CC.OO.), Teresa Areal Carballido e Amalia Abalo Carrera, de Unión Xeral de Traballadores (UGT); José Ramón Pereira e María Dolores López Iglesias, da Confederación Intersindical Galega (CIG) e Javier Portela Alonso e José Benito Alonso González, como independentes.

Subscriben o presente convenio os que asinan abaixo, como integrantes da comisión negociadora.

Polo comité:Pola empresa:

Frinova, S.A.

Táboa salarial 1998

Categoría

Salario

base

Plus de

asistencia

Plus

convenio

Plus de

distancia

Traballos

especiais

Plus de

tarde

Locomoción

Total

bruto mes

Total

bruto ano

-Titulados
Grao superior e asimilados91.2187.844165.28911.54230.489306.3824.748.780
Grao medio e asimilados68.6345.891103.5507.78830.489216.3523.316.112
Titulados Univers. en prácticas68.6342.29113.5469.06593.5361.487.412

-Administrativos
Xefe de primeira82.6826.658151.49611.54130.489282.8664.377.268
Oficial de primeira68.6346.81268.3189.065152.8292.418.016
Oficial de segunda68.6346.81261.7469.065146.2572.312.864
Secretaria68.6345.89142.0909.054125.6691.987.140
Auxiliar de primeira68.6346.35129.0129.234113.2311.786.292
Auxiliar de segunda68.6345.89120.6259.198104.3481.646.004
Telefonistas68.63412.99481.6281.306.048
Aspirantes/bolseiros68.63413.54682.1801.314.880

-Taller mecánico
Xefe de equipo68.6346.78677.7579.9223.0012.808166.9082.664.152
Oficial de primeira mecánico68.6346.78868.1809.9223.0012.808159.3312.510.920
Oficial de segunda mecánico68.6346.78655.6559.922140.9972.228.808
Oficial de terceira mecánico68.63420.3679.9223.001101.9241.630.784
Aspirante mecánico68.63412.9952.65284.2811.348.496
Oficial de primeira electricista68.6346.78668.1809.9223.0012.808159.3312.510.920
Oficial de segunda electricista68.6346.78650.5519.9223.0012.808141.7022.228.856
Oficial de terceira electricista68.63420.3879.9223.001101.9241.630.784
Aspirante electricista68.63412.9952.65284.2811.348.496
Oficial 2ª oficios varios68.6346.78655.6559.922140.9972.228.808
Frigorista68.6346.78655.26417.1083.001150.7932.385.544
Axudante frigorista68.63412.9952.65284.2811.348.496

Categoría

Salario

base

Plus de

asistencia

Plus

convenio

Plus de

distancia

Traballos

especiais

Plus de

tarde

Locomoción

Total

bruto mes

Total

bruto ano

-Factoría
Xefes de producción91.2187.734134.94412.34430.489276.7294.274.772
Encargados68.6348.29754.30410.7403.4942.808148.2772.328.012
Especialistas/carretileiros68.6346.78623.4699.92217.1582.808128.7772.022.056
Operarios/as68.6347.09328.41311.4013.0012.808121.3501.901.996
Operario de segunda68.63418.7207.3173.0012.808100.4801.596.448
Mozo68.63413.44582.0791.313.264
Aprendiz68.63412.99481.6281.306.048

-Cámaras e almacéns
Xefe de primeira82.6826.658151.49611.54130.489282.8664.377.268
Oficial de primeira68.6346.81268.3189.065152.8292.418.016
Oficial de segunda68.6346.81261.7469.065146.2572.312.864
Especialistas/carretileiros68.6346.78623.4699.92217.1582.808128.7772.022.056
Operarios68.6347.09328.41311.4016.8632.808125.2121.963.788
Operarios de segunda68.63418.7207.3176.8632.808104.3421.658.240
Mozos68.63413.4456.86388.9421.423.072

-Proceso de datos
Programador68.6345.89174.5287.78830.489187.3302.851.760
Operador68.6345.89167.9597.78830.489180.7812.746.656

-Oficina técnica
Oficial técnico68.6346.81266.2279.065150.7382.384.560
Auxiliar de almacén68.63415.45884.0921.345.472

-Novos productos
Axudante de laboratorio68.6345.89148.1359.0653.0012.808137.5342.165.748
Operario68.6347.09328.41311.4013.0012.808121.3501.901.996
Operario de segunda68.63418.7207.3173.0012.808100.4801.596.448
Cociñeira68.6345.89145.4739.0653.001132.0642.089.460

8504