Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 16 de setembro de 1998 Páx. 10.387

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 10 de setembro de 1998 pola que se convocan para elección de destino definitivo os funcionarios que superaron os procesos selectivos convocados por ordes do 26 de decembro de 1995 para o acceso ós distintos corpos da Administración xeral da Xunta de Galicia.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG nº 179, do 15 de setembro de 1998, cómpre efectua-las seguintes rectificacións:

-Na páxina 10.340, anexo III, relación de postos de traballo vacantes do grupo C, deberá suprimirse da columna de formación específica o código 952 para os postos 18, 19, 36, 37, 38, 39, 40, 47, 48, 49 e 50.

-Na páxina 10.344, anexo IV, relación de postos de traballo vacantes do grupo D, deberá suprimirse da columna de formación específica o código 001 para o posto 256.

A continuación do anexo V deberá engadirse a seguinte relación de códigos correspondentes ás columnas de titulacións e observacións da relación de postos de traballo vacantes que se ofertan:

I. Titulacións:

2022 - Licenciado en ciencias económicas.

2062 - Licenciado en dereito.

2064 - Licenciado en historia da arte.

3028 - Profesorado EXB.

5132 - Capataz agrícola.

II. Observacións:

A23 - Xornada de tarde.

A48 - Xornada partida.

A53 - Horario especial.

B35 - Réxime de quendas, incluíndo sábados pola mañá.

8470