Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 16 de setembro de 1998 Páx. 10.387

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 10 de setembro de 1998, do tribunal encargado de xulga-las probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas, polo que se fai público o lugar de exposición das cualificacións obtidas polos aspirantes no primeiro exercicio da fase de oposición e o lugar, a data e a hora de celebración do segundo exercicio da fase de oposición.

Primeiro.-As listas de aspirantes, coas puntuacións do primeiro exercicio, están expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería de Economía e Facenda e nas súas delegacións territoriais. Así mesmo, publicaranse no taboleiro de anuncios da Facultade de Dereito en Santiago de Compostela e poderán consultarse a través dos teléfonos 902 12 00 12 e 981 54 42 99, de información ó cidadán.

Segundo.-Convócanse os aspirantes aprobados e os que, de acordo coas bases II.I.1 e II.I.2, accedan directamente pola quenda de promoción interna ou por teren aprobado o primeiro exercicio na convocatoria da Orde do 24 de setembro de 1994.

O segundo exercicio celebrarase o día 10 de outubro de 1998, ás 9 horas, na Facultade de Dereito de Santiago de Compostela (Campus Sur. Santiago de Compostela).

Terceiro.-Poderase levar ó exame o seguinte material:

-Calculadora non programable.

-Plan xeral de contabilidade e textos legais, ambos sen comentarios.

Os aspirantes deberán comparecer no lugar indicado, media hora antes da sinalada para o comezo do exercicio, provistos de DNI.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 1998.

Fernando Soler Pareja

Presidente do tribunal

8324