Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Gráficas del Noroeste, S.A. (Grafinsa), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 20-7-1998, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 9-7-1998. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,
ACORDA:
Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.
Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.
Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Vigo, 29 de xullo de 1998.
Antonio Coello Bufill
Delegado provincial de Pontevedra
Gráficas del Noroeste, S.A. (Grafinsa) Vigo
Convenio colectivo de traballo 1998
Vixencia: 1 de abril de 1998 a 31 de marzo
de 2001
Artigo 1º.-Ámbito territorial.
O presente convenio regulará as relacións laborais e económicas na empresa Gráficas del Noroeste, S.A. (Grafinsa), no seu centro de traballo en Vigo, estrada de Madrid, s/n.
Artigo 2º.-Vixencia e duración.
A duración do presente convenio será de tres anos desde o 1 de abril de 1998 ata o 31 de marzo de 2001.
O presente convenio entrará en vigor o día seguinte ó da súa sinatura polas partes negociadoras, e os seus efectos económicos serán retroactivos ó 1 de abril de 1998.
Artigo 3º.-Denuncia.
A denuncia do presente convenio será automática ó seu termo. Non obstante, permanecerán os seus preceptos ata a entrada en vigor do que o substitúa.
Artigo 4º.-Comisión mixta de interpretación e vixilancia.
No prazo dun mes, contado desde a sinatura do presente convenio, crearase unha comisión mixta paritaria, constituída polo comité de empresa e os representantes da dirección dela, coa presidencia da persoa que a desempeñe na comisión deliberadora do convenio.
A comisión mixta reunirase cando así o decidan ámbalas partes ou por solicitude dunha delas, no termo de quince días, para resolver calquera problema de interpretación do convenio.
Artigo 5º.-Garantías persoais.
Respectaranse as situacións persoais que con carácter global excedan do presente convenio.
Artigo 6º.-Absorción e compensación.
As condicións que se establecen no presente convenio colectivo absorberán e compensarán en cómputo anual calquera outra existente no momento da súa entrada en vigor e as que no futuro puidesen establecerse ata onde alcancen.
Artigo 7º.-Xeira de traballo.
A xornada de traballo será de corenta horas semanais en xeira continuada, tendo quince (15) minutos de descanso diarios (dentro das mencionadas 40 semanais), que se considerarán como tempo efectivamente traballado, establecendo un máximo anual de 1.800 horas.
Concederáselles un permiso retribuído dun día ós traballadores do cadro de persoal que realicen 1.700 horas de traballo efectivo ó ano. Para o cálculo das ditas horas, non se computarán as ausencias xustificadas tal como figuran no artigo 18º do presente convenio, agás as ausencias para consulta médica, letra e) do dito artigo 18º. Tampouco se computarán
as ausencias sindicais e os accidentes laborais ocorridos dentro da emrpesa. Fixarase ese día para quen corresponda, entre o comité de empresa e a dirección cando se negocie o calendario laboral.
Os traballadores, fixos de empresa á vixencia deste convenio, en réxime de quendas, que realicen a súa xeira entre as 22 horas e as 6 da mañá terán unha retribución incrementada nun 25% sobre o salario base máis antigüidade.
Aqueles traballadores que sexan contratados para realizar un traballo en horario nocturno percibirán o salario que pola súa categoría lles corresponda na táboa salarial do convenio, sen ter dereito a plus de nocturnidade por ser esta a súa xeira habitual.
Os traballadores eventuais, en réxime de quendas, que estean na empresa á vixencia deste convenio ou continúen nela, ou pasen á situación de fixos no cadro de persoal, percibirán como plus de nocturnidade un 25% calculado sobre o salario base, sen antigüidade.
Artigo 8º.-Vacacións.
As vacacións anuais retribuídas serán de trinta días naturais para tódalas categorías.
As vacacións concederanse preferentemente nos meses de xullo e agosto, os dous incluídos, unha quenda cada mes, alternativos anuais. O cadro de distribución de vacacións exporase cunha antelación dun mes nos taboleiros de anuncios para coñecemento do persoal.
Artigo 9º.-Excedencias.
A empresa concederalle ó persoal que polo menos conte cunha antigüidade de tres anos nela, o pase á situación de excedencia voluntaria, por un período non inferior a seis meses nin superior a dous anos, sempre que os excedentes non superen o 10% do cadro de persoal. Transcorrido o prazo sen solicita-lo reingreso, perderá o excedente tódolos seus dereitos.
O paso á expresada situación poderá pedirse sen especificación de motivos polo solicitante, e será obrigatoria a súa concesión por parte da empresa, agás que vaia utilizarse para traballar noutra actividade idéntica ou similar á da empresa de orixe. Será potestativa a súa concesión se non transcorreron cinco anos polo menos desde o desfrute polo traballador de excedencia anterior.
Os traballadores terán dereito a un período de excedencia non superior a 3 anos para atende-lo coidado do seu fillo/a, por natureza ou adopción, contado deste a data do seu nacemento ou adopción segundo o caso. Os fillos sucesivos darán dereito a un novo período de excedencia que, de se-lo caso, porá fin ó que se viñese desfrutando.
Durante o desfrute da excedencia, a pesar de que se solicitase e concedese por un prazo superior a tres meses, transcorridos estes, poderá o traballador renunciar ó resto da excedencia, coa obriga de avisar, cun mes de antelación, o seu desexo de se rein
corporar ó traballo activo; cumpridos estes requisitos, a empresa reincorporarao ó posto de traballo que desempeñaba ó solicita-la excedencia.
O tempo de excedencia voluntaria non será computado para ningún efecto.
A petición de excedencia voluntaria deberase formular cun mes de antelación, e a de reingreso deberase facer dentro do período de excedencia, e cunha antelación mínima dun mes á súa terminación.
Rematado o período de excedencia, o traballador reincorporarase ó seu posto de traballo, ostentando a mesma categoría e nas mesmas condicións que desfrutaba antes da excedencia.
Igualmente, transcorrido o tempo de excedencia, será potestativo da empresa ampliala por igual período se mediase petición do traballador.
Artigo 10º.-Salario.
O salario será especificado para cada categoría na táboa de salarios anexa, que se incorpora a este convenio, formando parte del, sendo o aumento obtido ó convenio do pasado ano, do:
-3% (tres por cento) para o período do 1 de abril de 1998 ó 31 de decembro de 1998.
-IPC previsto para o ano 1999+0,5 para o período do 1 de xaneiro de 1999 ó 31 de decembro de 1999.
-IPC previsto para o ano 2000+0,5 para o período do 1 de xaneiro do 2000 ó 31 de marzo do 2001.
A táboa de salarios (anexo I) e a táboa valor de horas extraordinarias (anexo II) para o período do 1 de xaneiro de 1999 ó 31 de decembro de 1999 e para o período do 1 de xaneiro do 2000 ó 31 de marzo do 2001 establecerase no mes de xaneiro de cada ano.
Artigo 11º.-Antigüidade.
Todo o persoal afectado por este convenio terá dereito, ademais de ó salario establecido, ós aumentos periódicos por anos de servicio, consistentes en dous trienios do 4% e quinquenios do 4% calculados sobre os soldos que figuran no anexo I do presente convenio.
Os aumentos periódicos por antigüidade comezarán a devengarse a partir do día 1º do mes en que se cumpran.
Artigo 12º.-Pagas extraordinarias.
Todo o persoal afectado polo presente convenio percibirá dúas gratificacións de trinta días naturais, das que os importes se calcularán de acordo cos salarios establecidos nas táboas do anexo I máis antigüidade.
Faranse efectivas na primeira quincena de xullo e antes do 21 de decembro.
Artigo 13º.-Beneficios.
En concepto de participación de beneficios, a cada traballador do cadro de persoal aboaráselle o 8%
do salario devengado e correspondente ás doce mensualidades do ano anterior, máis as dúas gratificacións extraordinarias, máis a antigüidade.
Farase efectiva na segunda quincena do mes de marzo.
Artigo 14º.-Horas extraordinarias.
A partir da data de vixencia do presente convenio, o traballo en horas extraordinarias será retribuído coas cantidades que se sinalan no cadro anexo II, elaborado de común acordo por ámbalas partes e no que se consideraron os diferentes conceptos salariais correspondentes ás distintas cualificacións dos postos de traballo e ás recargas legais que corresponden ás horas extraordinarias.
En canto á cantidade de horas extraordinarias que hai que realizar, haberase que ater ó establecido pola normativa laboral vixente sobre o tema.
Artigo 15º.-Seguridade e hixiene.
Consideraranse como niveis máximos admisibles de substancias químicas e axentes físicos no medio ambiente laboral, os valores límites limiares (Threshold limit values) publicados pola A.C.G.I.H. (American Conference of Governmental Industry).
Elixiranse tres delegados de prevención. Dous serán necesariamente membros do comité de empresa e o terceiro pode ser elixido entre o resto dos traballadores.
Cada delegado de prevención disporá de catro horas por mes para o exercicio das súas funcións.
Constituirrase un Comité de Saúde Laboral paritario entre a empresa e os representantes dos traballadores.
O Comité de Saúde Laboral terá dereito a dispor de toda a información que precisa na materia, entregada por escrito e certificada, resultante de inspeccións, estudios, etc.
O Comité de Saúde Laboral poderá esixir para aqueles postos de traballo onde houbese riscos para a saúde que se adopten medidas especiais de vixilancia.
A todo traballador que reciba un dano á súa saúde por causa do posto de traballo, a empresa está obrigada a trasladalo a outro que non lle sexa nocivo, sen perda económica, categoría profesional, nin ningún tipo de prexuízo por esta circunstancia.
O Comité de Saúde Laboral controlará a actividade dos servicios de medicina, hixiene e seguridade no traballo da empresa, cos fins de total cumprimento dos puntos antes mencionados e todos aqueles aspectos relacionados con protección da saúde do traballador.
O Comité de Saúde Laboral poderá dispor dos seus propios asesores en medicina e hixiene e seguridade no traballo. Estes poderán ter acceso a toda a información precisa ó respecto.
Tamén participará na discusión e control de aplicación dos programas anuais de seguridade e saúde laboral no centro de traballo, así como na elaboración do orzamento de financiamento.
Deberá ser consultado en todas aquelas decisións relativas á tecnoloxía e organización do traballo que teñan repercusións sobre a saúde física ou mental do traballador.
A empresa establecerá revisións médicas periódicas para os traballadores que o desexen. No caso específico das traballadoras, incluirase o recoñecemento xinecolóxico.
Establécese que, se na empresa existisen síntomas de perigosidade, insalubridade ou toxicidade, se reducirá a xeira laboral nunha hora diaria. En ningún caso se concederá plus económico. Cesará a reducción de xeira no momento en que se acredite ante a Delegación de Traballo, por parte da empresa e o comité dela, que se adoptaron medidas necesarias para que o traballo se realice en condicións normais de salubridade e hixiene, e así o fai constar ó Comité de Saúde Laboral logo do informe das seccións sindicais da empresa.
Artigo 16º.-Salario en caso de incapacidade temporal.
Tódolos traballadores da empresa en situación de incapacidade temporal por enfermidade común, accidente non laboral, enfermidade profesional ou accidente de traballo, percibirán o 100% do salario.
Os contratados eventuais percibirán, durante o primeiro ano, o que estableza a lexislación vixente en materia de percepción de incapacidade temporal. Teranse en conta para o cómputo dos 12 meses de contratación os contratos realizados sucesivamente, cando non medien entre eles máis de 15 días. Pasarán a cobra-lo 100% do seu salario cumprido o primeiro ano de servicio.
Artigo 17º.-Cualificación de postos de traballo.
Queda establecido que se durante a vixencia do presente convenio se producisen modificacións nas cualificacións dos postos de traballo de artes gráficas a nivel nacional, as ditas modificacións serían aplicadas e recollidas neste convenio.
Artigo 18º.-Ausencias xustificadas.
Ausencias con dereito a retribución. Prazos e motivos.
Todo o persoal suxeito a este convenio terá dereito ás seguintes ausencias retribuídas, coa necesaria xustificación, se é o caso:
a) Quince días naturais en caso de matrimonio.
b) Por falecemento de familiares tales como pais, cónxuxes e fillos, o crédito horario será de tres días e en caso de desprazamento dous días máis.
c) Dous días nos casos de enfermidade grave, intervención cirúrxica que esixa dous días de hospitalización como mínimo, de parentes ata segundo grao
de consanguinidade ou afinidade, ou nos casos de nacemento de fillo.
Cando con tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.
A enfermidade considerarase como grave só cando así sexa determinada por facultativo médico. Concederase, ademais, o tempo indispensable para os casos de inscrición no Rexistro Civil do nacemento dun fillo, así como rexistra-lo seu óbito, ou o do pai ou da nai, sempre que convivan co traballador e o dito rexistro non se puidese levar a cabo porque a ausencia antedita de dous ou tres días, segundo o caso, coincidise con días non hábiles para estes efectos, e iso unicamente no caso de que o cumprimento da obriga de inscrición no rexistro civil recaese no traballador e acredite que non foi legalmente posible facelo no prazo anteriormente previsto.
Excepcionalmente, no suposto de intervención cirúrxica de pai, nai, cónxuxe ou fillos, sempre que convivan co traballador e que non esixa dous días de hospitalización, concederase permiso retribuído unicamente polo tempo indispensable, cun máximo dunha xeira habitual de traballo para atende-la dita necesidade, debendo xustifica-lo tempo empregado co correspondente volante visado polo cirurxián.
d) No suposto de nacemento dun fillo ou filla ou intervención cirúrxica (que esixa hospitalización durante un período mínimo de dous días) de pai, nai, cónxuxe ou fillos, o prazo xeral de dous días do punto anterior poderase estender ata tres días máis sempre que algún destes parentes, que convivan co traballador, precisase atención especial e non tivese outra persoa para coidalo. En ningún caso a extensión deste prazo poderá acumularse ó de catro días previsto para o suposto de desprazamento.
e) Cando por razón de enfermidade o traballador precise a asistencia a consultorio médico da Seguridade Social en horas coincidentes coas da súa xeira laboral, a empresa concederá, sen perda de retribución, o permiso necesario polo tempo preciso para o efecto, debendo xustificarse o tempo co correspondente volante visado polo facultativo.
f) Un día por traslado de domicilio habitual.
g) Polo tempo indispensable para se matricular nun centro oficial ou recoñecido de ensino, sempre que a comparecencia do traballador sexa imprescindible para o efecto, así como para concorrer ás convocatorias de exames dos ditos centros.
h) Un día por voda de fillos e irmáns.
i) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.
j) Concederanse os permisos necesarios para asistir á ximnasia de preparación ó parto sempre que coincida coa xeira de traballo e estea desenvolvida
pola rede sanitaria da Seguridade Social logo de prescrición facultativa, cun máximo de oito sesións.
Permisos non retribuídos.
En circunstancias extraordinarias debidamente acreditadas, as licencias previstas nas letras c) e d) do punto anterior, outorgaranse polo tempo preciso, convíndose as condicións da súa concesión, podendo acordarse a non percepción de haberes e incluso o desconto de tempo extraordinario de licencia, para efectos de antigüidade, cando aquelas excedan na súa totalidade dun mes dentro do ano natural.
Data de desfrute.
As licencias reguladas neste artigo desfrutaranse na data en que se produza a situación que as orixine, con independencia da súa coincidencia ou non con día festivo ou período non laboral.
Artigo 19º.-Atrasos.
O aboamento dos atrasos farase efectivo en xullo de 1998, e cotizarase á Seguridade Social ó mes seguinte do seu aboamento.
Artigo 20º.-Acoso sexual.
Considérase constitutiva de acoso sexual laboral calquera conducta, proposición ou requirimento de natureza sexual que teña lugar na empresa, que resulte indesexable, irrazoable e ofensivo para quen a padeza, cando a resposta ante el poida determinar unha decisión que afecte ó seu emprego ou ás súas condicións de traballo. En consecuencia, o acoso sexual será considerado sempre como falta moi grave.
Artigo 21º.-Contratación.
Durante a vixencia deste convenio, reemprazaranse as baixas na empresa do persoal que cese ó seu servicio, sempre que as corcunstancias do mercado o permitan. A situación deberá quedar regularizada o 1 de xaneiro de cada ano.
A incorporación farase seguindo criterios de antigüidade segundo o número de xornadas traballadas. O cadro de persoal mínimo da empresa será de 65 traballadores + 3 a partir do 1 de xaneiro de 1999 e procurarase que unha porcentaxe de constratacións sexan mulleres.
Disposición adicional
A comisión negociadora que deliberou, aprobou e subscribiu este convenio está composta polas seguintes persoas:
-En representación da empresa:
Como director dela: José Carlos Iglesias García.
-En representación dos traballadores:
Como membros do comité de empresa:
Luis Guimarey Pérez.
Carlos Conde Comesaña.
Domingo Muíños Martínez.
Rosa Mª González Rivas.
Mª Pilar Fernández Rodríguez.
ANEXO I.a
Táboa de salarios
Vixencia do 1-4-1998 ó 31-12-1998
Categoría Coeficiente mensual
Salario
Subalternos Limpador 1.16 92.152 Sereno 1.22 106.570 Conserxe 1.28 107.756 Conductor mecánico 1.70 128.686 Almaceneiro de 1ª 1.70 128.686 Axudante almacén 1.47 116.721 Telefonista 1.34 110.919
Persoal de taller Peón 1.22 106.570 Auxiliar de taller 1.28 107.756 Oficial 1ª acuñadora 1.90 140.479 Oficial 2ª acuñadora 1.55 120.025 Oficial 3ª acuñadora 1.34 110.919 Oficial 1ª pregadora 1.90 140.479 Oficial 2ª pregadora 1.63 126.220 Oficial 3ª pregadora 1.40 114.087 Oficial 1ª offset 2/c 2.20 156.295 Oficial 2ª offset 2/c 1.90 140.479 Oficial 3ª offset 2/c 1.63 126.220 Pasador 1ª offset 1.80 135.192 Pasador 2ª offset 1.63 126.220 Pasador 3ª offset 1.40 114.087 Oficial 1ª guillotina 1.80 135.192 Oficial 2ª guillotina 1.55 120.025 Oficial 3ª guillotina 1.34 110.919 Fotógrafo 1ª 2.10 151.025 Fotógrafo 2ª 1.80 135.192 Debuxante 1ª 1.80 135.192 Debuxante 2ª 1.63 126.220 Formación 1.22 106.570
Técnicos e administrativos Electricista mecánico montador Inst. 2.10 151.025 Xefe de sección 2.40 165.117 Xefe de taller 2.60 175.523 Debuxante reproductor 2.40 165.117 Debuxante proxectista 2.80 185.928 Xefe equipo técnico 3.00 196.342 Aspte. técnico non titulado 3ª 1.47 116.721 Auxiliar administrativo 1.47 116.721 Oficial 2ª administrativo 1.90 140.479 Oficial 1ª administrativo 2.40 165.117 Xefe administrativo 2ª 2.60 175.523 Xefe administrativo 1ª 3.10 201.537 Viaxante 2.10 151.025
Executivos Director xeral técnico e comercial 3.90 290.637 Director administrativo 3.10 201.537
Táboa de salarios incrementada un 3% con respecto á vixente anterior.
ANEXO II.a
Táboa valor de horas extraordinarias
Vivencia do 1-4-1998 ó 31-12-1998
Coeficiente Valor hora
1.16 775 1.22 895 1.28 905 1.34 932
Coeficiente Valor hora
1.40 958 1.47 981 1.55 1.008 1.63 1.060 1.70 1.080 1.80 1.136 1.90 1.180 2.10 1.269 2.20 1.313 2.40 1.387 2.60 1.474 2.80 1.561 3.00 1.649 3.10 1.693 3.90 2.441
Módulo valor hora extra:
(SBx14 m+8% (SBx14 M):1.800 horas traballo efectivo= VHE
SB= salario base.
VHE= valor hora extra.
7521