Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 15 de setembro de 1998 Páx. 10.361

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 10 de agosto de 1998 pola que se lle outorga a Martesanal S.L. autorización para modifica-las instalacións dunha granxa mariña, sita no Pindo-Quilmas, concello de Carnota (A Coruña).

Vista a documentación presentada, con data 25-3-1998 e nº de rexistro de entrada 2724, por Pablo García Rodríguez, en representación de Mar

tesanal S.L., na que solicita autorización para modifica-las instalacións da granxa de cultivo de rodaballo situadas no Pindo, Carnota, das que é titular,

Considerando que a tramitación do expediente se realizou de conformidade co disposto na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, no Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre, e demais lexislación de aplicación,

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, tendo en conta os informes que constan no expediente, á vista do informe do Servicio Técnico-Xurídico e por proposta da Dirección Xeral de Recursos Mariños,

RESOLVE:

Autorizar á Sociedade Martesanal S.L. a modificación das piscinas da zona de engorde, na granxa mariña de cultivo de rodaballo, situada no Pindo-Quilmas, concello de Carnota (A Coruña), outorgada por Orde do 21-9-1989 (DOG nº 233) e con vixencia ata 5-12-1999.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-As modificacións realizaranse de acordo co proxecto titulado Proxecto de construcción de melloras en granxa mariña de rodaballos, elaborado polo enxeñeiro de camiños Ángel Delgado Cid en agosto de 1997 e que se inclúe no expediente. As características básicas das novas piscinas corresponderán coas sinaladas a continuación, e a súa distribución estará de acordo co plano que figura anexo a esta orde.

36 piscinas de 9.65 m = 2.633 m.

44 piscinas de 9.45 m = 3.086 m.

18 piscinas de 6.15 m = 534 m.

24 piscinas de 5.85 m = 645 m.

Total superficie engorde: 6.900 m.

Segunda.-As obras, que poderán dar comezo no momento da publicación da presente orde, deberán estar rematadas no prazo máximo de dous anos.

Terceira.-Esta autorización non implica ampliación nin modificación na ocupación do dominio público marítimo terrestre inicialmente outorgado, nin da capacidade anual de producción do establecemento; nin exclúe o seu titular da obriga de contar coas autorizacións pertinentes doutros organismos en función das súas competencias na materia.

A presente resolución esgota a vía administrativa e contra ela o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo na forma e prazos previstos na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro do 1956.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 1998.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

8128