Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 15 de setembro de 1998 Páx. 10.361

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/169-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Conde de Fenosa 27/29.

Situación: O Barco de Valdeorras.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV, de 55 m de lonxitude en conductor R.H.V. 12/20 kV 3x150, con orixe na L.M.T. ó C.T. Conde de Fenosa e que remata no C.T. proxectado Conde de Fenosa 27/29 con 400 kVA, r/t 15.000/380-220 V, e rede de baixa tensión subterránea, de 65 m en conductor R.V., desde o C.T. proxectado.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 21 de agosto de 1998.

P.S.L.

Juan Manuel García García

Xefe de servicio da Delegadación Provincial

de Ourense

8127