Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 15 de setembro de 1998 Páx. 10.360

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/168-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. rúa Francisco González Rey.

Situación: Celanova.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 25 m de lonxitude, en conductor R.H.V.-12/20 kV 3x150 Al, con orixe na L.M.T. oficina a C.T. rúa Doctor Rey, e que remata no C.T. compacto proxectado rúa Francisco González Rey, con 400 kVA, r/t 20.000/380-220 V. R.B.T. de 50 m de lonxitude, en conductor R.V., desde o C.T. proxectado.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 21 de agosto de 1998.

P.S.L.

Juan Manuel García García

Xefe de servicio da Delegación Provincial

de Ourense

8154