Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 15 de setembro de 1998 Páx. 10.363

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 10 de agosto de 1998 pola que se lle outorga a José Mariña Mariña permiso de actividade para un centro regulador de crustáceos, no establecemento La Marina, no porto de Bares.

Visto o expediente iniciado a instancia de José Mariña Mariña, no que solicita permiso de actividade para un centro regulador de crustáceos nas instalacións do restaurante «La Marina», que posúe no Porto de Bares (A Coruña).

Tendo en conta que o expediente se tramitou conforme a dereito.

Tendo en conta os informes que constan no expediente, así como a proposta da Delegación Territorial da Coruña de 18-12-1997, logo do informe do Servicio Técnico Xurídico, esta consellería

RESOLVE:

Outorgar a José Mariña Mariña (DNI 76.375.744-N) permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación do seguinte establecemento:

-Establecemento auxiliar de acuicultura: centro regulador de crustáceos.

-Situación: bar «La Marina», rúa Prudencio Landín Carrasco 9, Porto de Bares, A Coruña.

-Especies: nécora (macropipus puber), centola (maia squinado), boi de mar (cancer pagurus), lubrigante (homarus gammarus), lagosta (palinurus elephas), e lagosta moura (palinurus mauritanicus).

Superficies:

-Dominio público: non ocupa.

-Dominio privado: 30,85 m.

Superficie estabulación: 4 piscinas que fan un total de 15 m.

O permiso de actividade outórgase baixo as seguintes condicións:

Primeira.-Terá unha vixencia de dez anos que se contarán a partir da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia; poderá ser prorrogado discrecionalmente a petición do interesado, presentada nos sesenta (60) días anteriores ó remate da vixencia, por prazos iguais doutros dez anos.

Segunda.-O lugar e as obras da instalación do establecemento, axustaranse ós planos e proxecto presentados. O titular do permiso de actividade deberá dar comezo ás obras nun prazo de seis (6) meses, que se contarán desde a publicación no DOG da presente orde e quedarán rematadas no prazo dun (1) ano.

Rematadas as obras, o titular comunicaralle tal feito á Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuciultura na Coruña para os efectos de practica-la inspección destas, das que se emitirá o correspondente informe.

Terceira.-O establecemento cumprirá o disposto na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia,

no Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre así como a demais normativa vixente aplicable a este tipo de establecementos.

Cuarta.-O titular contrae a obriga de manter en bo estado as instalacións. Estas non poderán alugarse nin ser destinadas a usos distintos dos propios deste tipo de establecementos. Baixo ningún concepto se poderá modifica-las instalacións sen permiso expreso desta consellería.

Quinta.-O permiso de actividade ó que se refire esta orde extinguirase nos casos previstos no artigo 72 Lei 6/1993 e no artigo 6 do Decreto 193/1997 sinalados.

Sexta.-O outorgamento do permiso de actividade non exime o seu titular da obtención das licencias, permisos e autorización que de acordo coa lexislación vixente sexan procedentes.

Sétima.-O interesado xustificará o aboamento á Facenda Pública do imposto que grava as concesións e autorizacións administrativas (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) ou acreditará a declaración de non estar suxeito a tal imposto, feita pola delegación de facenda ou a oficina liquidadora correspondente.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses, que se contarán a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 1998.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

8195