Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 14 de setembro de 1998 Páx. 10.248

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo extraestatutario do sector de almacenistas de madeira.

Visto o texto do convenio colectivo extraestatutario ou de eficacia limitada para o sector de almacenistas de madeira, da provincia de Pontevedra, que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 21-7-1998, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de la Madera de Pontevedra (Asema) e, da parte social, pola central sindical CIG, se ben con carácter

de eficacia limitada ou extraestatutaria, ó non te-la dita central a maioría da representatividade sindical no devandito sector, convenio que foi subscrito en data 14-1-1998. De conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e por aconsellalo así razóns de interese público, para o xeral coñecemento do devandito convenio colectivo extraestatutario. Ó teor do disposto no Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación como convenio colectivo extraestatutario ou de eficacia limitada no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 27 de xullo de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo extraestatutario para o sector de almacenistas de madeira da provincia de Pontevedra

Artigo 1º.-Partes asinantes.

As partes asinantes do presente convenio son en representación dos traballadores a central sindical Confederación Intersindical Galega (CIG) e, en representación dos empresarios, a Asociación Provincial de Empresarios da Madeira de Pontevedra (Asema).

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

O presente convenio é de aplicación obrigatoria en toda a provincia de Pontevedra.

Artigo 3º.-Ámbito funcional.

O convenio obriga a tódolos almacéns e cooperativas de compra-venda de madeiras, ben por xunto o polo miúdo e de importación e exportación.

Cando a empresa, ademais de dedicarse a algunha das actividades antes sinaladas, explote industrias de elaboración ou transformación dos artigos propios do seu comercio de compra-venda, xa sexa no mercado nacional ou como importador-exportador, respectará para o persoal cunha actividade ou clase de traballo figura especificado neste convenio, as condicións máis favorables, non sendo de aplicación a este persoal as doutros convenios que lles fosen menos vantaxosas.

Artigo 4º.-Ámbito persoal.

O presente convenio extraestatutario afectará a tódolos afiliados á central sindical asinante, que

presten servicios en calquera das empresas de almacenistas de madeira, así como a todos aqueles que, expresa ou tacitamente, acepten o contido do presente convenio.

Artigo 5º.-Efectos económicos.

Independentemente da entrada en vigor do presente convenio, os seus efectos económicos comezarán a rexer a partir do 1 de xaneiro de 1998.

Artigo 6º.-Duración.

O presente convenio rematará a súa vixencia o día 31 de decembro de 1998.

Artigo 7º.-Garantías persoais.

Tódalas condicións persoais máis beneficiosas consignadas en anteriores convenios ou pacto entre patronal e traballadores, serán respetadas individualmente.

Artigo 8º.-Salarios.

Todo o persoal afectado polo presente convenio percibirá desde o 1 de xaneiro de 1998 as retribucións consignadas nos anexos deste convenio, acrecentadas, se é o caso, co premio de antigüidade.

Artigo 9º.-Revisión salarial.

No caso de que o índice de prezos ó consumo (IPC), establecido polo INE rexistrase o 31 de decembro de 1998 respecto ó 31 de decembro de 1997 un incremento superior ó 2'5%, efectuarase unha revisión da táboa salarial, tan pronto se constate oficialmente a dita circunstancia no exceso sobre a indicada cifra. A dita revisión efectuarase con efectos do 1 de xaneiro de 1998, servindo así mesmo de base de cálculo para o incremento salarial de 1999. A revisión salarial pagarase dunha soa vez durante o primeiro trimestre de 1999.

Artigo 10º.-Gratificacións extraordinarias.

Por este concepto, os traballadores percibirán trinta días do salario establecido neste convenio, máis a antigüidade á que tiveran dereito, en cada unha das extras de 24 de xullo e Nadal. Así mesmo, todo o persoal afectado polo presente convenio percibirá 30 días de paga extra, fixados na ordenanza laboral da madeira, que se pagarán o día 19 de marzo de cada ano.

Artigo 11º.-Vacacións.

O persoal afectado polo presente convenio desfrutará por este concepto de 30 días naturais, dos cales 22, como mínimo serán laborables.

Artigo 12º.-Antigüidade.

O premio de antigüidade será calculado sobre o salario pactado neste convenio, a razón do 5% por cada quinquenio.

Artigo 13º.-Roupa de traballo.

As empresas facilitaranlle a todo o persoal dúas pezas de roupa de traballo, que determina a ordenanza laboral e dous pares de guantes ó ano. O

incumprimento desta obriga dará lugar ó pagamento de 6.765 pesetas e de 1.620 pesetas para os guantes.

Artigo 14º.-Compensación.

Como complemento por enfermidade, as empresas, o cuarto día de baixa por enfermidade pagaranlle ós seus seus productores a diferencia, ata o total do salario, incluídas as melloras obtidas por este convenio, durante o período en que o productor reciba asistencia polo seguro obrigatorio de enfermidade.

No suposto de baixas producidas por accidente de traballo, as empresas completarán ata a totalidade do salario do convenio a correspondente prestación económica da Seguridade Social a partir do primeiro día da baixa.

Artigo 15º.-Dietas.

Tódolos traballadores que, por necesidade da empresa e por orde do empresario, teñan que efectuar viaxe ou desprazamento que lles impidan realizar comidas ou pernoitacións no seu lugar habitual ou domicilio, terán dereito ás seguintes axudas de custo:

-Axuda de custo completa: 3.435 ptas.

-Media axuda de custo: 1.435 ptas.

Se por circunstancias especiais os gastos orixinados superan o importe das axudas de custo, o exceso deberá ser pagado pola empresa, logo do seu coñecemento e posterior xustificación do traballador.

Artigo 16º.-Denuncia.

De acordo coa lexislación vixente, o presente convenio terá que ser denunciado con tres meses de antelación á data do seu remate, que é o 31 de decembro de 1998.

Artigo 17º.-Xornada.

A xornada ordinaria anual de vixencia para o presente convenio, polo período 1 de xaneiro 1998 ó 31 de decembro de 1998, será de 1.792 horas.

Establécese o horario de inverno en corenta horas semanais, segundo establece a Lei 4/1983 descansando os sábados; nembargantes, para o período dese convenio e sen que sirva de precedente para outros, establécese o horario de 9 a 13 horas, pola mañá e de 15 a 19 horas pola tarde.

Durante o verán, o horario que se establece, do 15 de xuño ó 31 de agosto, é o seguinte: de 7 a 15 horas, cada día laborable, descansando igualmente os sábados.

Artigo 18º.-Xornadas non laborables.

Para a vixencia do presente convenio terán a consideración de festivos e aboables para tódolos efectos os seguintes días: 7, 24 y 31 de decembro de 1998.

No caso de que algún concello da provincia sinale como festivo local algún dos días anteriormente referidos, establécese como festivo na súa substitución, o día laborable inmediatamente seguinte.

Artigo 19º.-Licencias.

1. O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguintes:

a) Quince días naturais no caso de matrimonio.

b) Dous días nos casos de nacemento de fillo ou enfermidade grave ou falecemento de parentes ata segundo grao de consangüinidade ou afinidade. Cando, con tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.

c) Un día por traslado do domicilio habitual.

d) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, comprendido o exercicio do sufraxio activo. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, observarase o que está disposto en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo debido en máis de vinte por cento das horas laborables nun período de tres meses, poderá a empresa pasa-lo traballador afectado á situación de excedencia regulada no número 1 do artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

No suposto de que o traballador por cumprimento do deber ou desempeño do cargo perciba unha indemnización, descontarase o seu importe do salario a que tivera dereito na empresa.

e) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

2. As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal en media hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou pai no caso de que ambos traballen.

Este artigo de licencias terá vixencia namentres sexa de aplicación o artigo 37.3º e 4º do Estatuto dos traballadores na redación dada polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 22 de marzo.

Artigo 20º.-Revisión médica.

As empresas estarán obligadas a xestiona-la realización dunha revisión médica anual para todo o persoal do cadro, sendo o tempo para ela retribuído, a través dos seus propios medios ou dunha entidade aseguradora.

Artigo 21º.-Taboleiro de anuncios.

Toda empresa estará obrigada a poñer no taboleiro de anuncios todo o relacionado con:

-Horarios.

-Lista de vacacións.

-Boletíns de cotizacións á Seguridade Social.

Artigo 22º.-Comisión paritaria.

De acordo co establecido no artigo 85 do Estatuto dos traballadores, créase unha comisión paritaria integrada por tres representantes, un de cada central, e tres representantes da parte empresarial.

Artigo 23º.-Seguro colectivo.

As empresas concertarán seguros colectivos de accidentes, con primas integradas ó seu cargo, mediante pólizas que cubran as seguintes indemnizacións:

-Accidente laboral con resultado de morte:1.435.000 pesetas.

-Accidente laboral con resultado de invalidez permanente, total, absoluta ou grande invalidez: 1.845.000 pesetas.

Estas indemnizacións entrarán en vigor a partir do 1 de xaneiro de 1998, e terán vixencia ata o 31 de decembro de 1998.

Artigo 24º.-Mesa negociadora.

Acórdase que nos primeiros 15 días do mes de outubro de 1998, se constitúa a mesa negociadora do próximo convenio.

Artigo 25º.-Idioma.

O presente convenio publicarase no BOP en galego e castelán, no Diario Oficial de Galicia en galego.

Artigo 26º.-Adhesión e extensión.

Poderán adherirse ó presente convenio extraestatutario todos aqueles traballadores que prestando servicios nas empresas do ámbito funcional recollido no artículo 3º do presente convenio, voluntaria ou tacitamente, acepten o seu contido íntegro.

Táboa salarial do convenio de almacenistas de madeira

CategoríasSalario/mes

Persoal administrativo:

Xefe administrativo144.301

Oficial de 1ª126.774

Oficial de 2ª118.731

Auxiliar, telefonista e mecanógrafo/a105.234

Viaxante:

Viaxantes corredores de praza118.731

Personal en xeral:

Dependentes107.420

Encargado123.477

Carreteiro mozo106.319

Peón especialista107.420

CategoríasSalario/mes

Peón103.704

Serrador de 1ª118.731

Serrador de 2ª109.829

Serrador de serra circular109.246

NOTA: os chóferes percibirán o salario correspondente ás categorías de oficiais de primeira ou segunda, de acordo co seu carné de conducir.

8308