Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 14 de setembro de 1998 Páx. 10.251

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1998 pola que se convoca un curso de formación en procedementos estatísticos.

En cumprimento do Decreto 472/1997, do 12 de decembro, polo que se aproba o Programa Estatístico Anual e en execución da operación estatística denominada Formación en Procedementos Estatísticos, subscribiuse o 24 de abril de 1998, un convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Estatística e a Escola Galega de Administración Pública, para a xestión do programa de formación en materia estatística. Con base niso, convócase o presente curso, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

Proporcionar coñecementos teóricos e prácticos en materia estatística que, ademais de permitir unha adecuada interpretación de datos estatísticos, contribúan a unha maior capacitación do persoal que desenvolve un traballo relacionado con esta materia.

Segunda.-Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II da Xunta de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo realicen funcións relacionadas coa estatística.

Terceira.-Solicitudes.

O persoal que desexe participar no curso programado deberá solicitalo coa presentación da instancia e certificación que, como modelos oficiais, se recollen nos anexos I e II desta resolución, cuberto en tódolos epígrafes. Para a descrición das tarefas do posto de traballo que teñan especial relación co obxecto do curso, poderán, de ser preciso, xuntar unha folla adicional.

As solicitudes irán dirixidas ó director da EGAP, e presentaranse no rexistro da Escola Galega de Administración Pública, rúa Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, ou nas dependencias que se sinalan no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación das solicitudes será de 15 días naturais desde a publicación desta convocatoria.

Cuarta.-Selección.

As solicitudes serán seleccionadas segundo os seguintes criterios:

-Contido estatístico das tarefas desempeñadas.

- Grao de coñecemento en materia estatística.

- Desempeño de traballos relacionados con rexistros administrativos.

En calquera caso, os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 27 de xuño de 1994, pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades da EGAP (DOG nº 149, do 3 de agosto).

Quinta.-Desenvolvemento.

1. Duración: 24 horas.

2. Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela.

3. Datas: 19, 20, 21, 22, 26, 27, 28 e 29 de outubro.

4. Horario: tardes, de 17 a 20 horas, de luns a xoves.

5. Prazas: 30.

Sexta.-Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento do curso, así como a de cancelalo se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

Sétima.-Certificados e asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade no curso. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado.

A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada a máis do 10% das horas lectivas programadas, imposibilitará a expedición do certificado e dará lugar á baixa no curso coa perda de tódolos dereitos.

O presente curso valorarase en función do baremo que por cada concurso aprobe a Dirección Xeral da Función Pública.

Oitava.-Contido.

-Organización estatística na Comunidade Autónoma galega.

-Fontes estatísticas.

-Censos, rexistros administrativos e enquisas.

-Problemas frecuentes no momento da interpretación de datos estatísticos.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 1998.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

ANEXO II

Don/Dona..................................... Secretario/a xeral/delegado/a provincial/responsable dos Servicios de Persoal na Consellería/Delegación Provincial de..................................

CERTIFICO:

Que Don/Dona........................., no desempeño do seu posto de traballo de......................................... realiza tarefas directamente relacionadas co contido do curso solicitado.

..................., ....... de........ de 1998.

Asdo:......................

8255