Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 14 de setembro de 1998 Páx. 10.229

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial da empresa Asociación para a Integración de Persoas con Minusvalía Física e Parálise Cerebral Aixiña, de Ourense.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Asociación para a Integración de Persoas con Minusvalía Física e Parálise Cerebral Aixiña (código 3200702) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial, subscrito en representación da parte económica, pola empresa, e, da parte social, polo comité de empresa, na xuntanza celebrada o día 23-6-1998, e, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo R.D. 1/1995, do 24 de marzo, R.D. 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito

de convenios colectivos de traballo, e R.D. 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación á representación económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 6 de xullo de 1998.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo da empresa Asociación para a Integración de Persoas con Minusvalía Física e Parálise Cerebral Aixiña, co persoal que presta os seus servicios en tódolos seus centros de traballo

Capítulo I

Sección primeira. Determinación das partes

Artigo 1º

Este convenio foi pactado por unha representación de tódolos traballadores da empresa Aixiña, a que se lle denominará representación social, composta polos seguintes traballadores:

José Ramón Novoa Vázquez. CIG.

Juana Alberta Hernández Rodríguez. CIG.

Luz Castro Díaz. CIG.

Gloria Álvarez Vidal. UGT.

Hortensia Gómez Pérez. UGT.

José Luis Bravo Montero. Asesor de UGT.

Xosé Lois Freire Domínguez. Asesor da CIG.

E a representación da dirección da empresa, a que se denominará representación económica, composta polos seguintes membros:

Domingo Gómez Freire.

Recaredo Paz Prieto.

José Ramón Sánchez Vázquez.

Socorro Rúa Rodríguez.

Benito López Suárez.

Sección segunda.- Ámbito territorial, funcional e persoal

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

As normas contidas no presente convenio serán aplicables ós distintos centros de traballo da Aso

ciación para a Integración de Persoas con Minusvalía Física e Parálise Cerebral Aixiña, na provincia de Ourense ou en outras nas que poideran situarse talleres delegados.

Artigo 3º.-Ámbito funcional.

1. O convenio afectará a tódalas actividades dos distintos talleres dos centros de traballo e programas da asociación.

Os centros de atención a persoas con discapacidade física e parálise cerebral, clasifícanse nos seguintes tipos:

Centro de servicios sociais.

Centro especial de emprego.

A súa vez, dentro de cada un destes tipos de centros, establécese a seguinte subdivisión:

Centro de servicios sociais:

Centro Integral de Servicios Aixiña (Fca. Sevilla).

Residencia de Tempo Libre e Convivencias de Sanxenxo (Pontevedra).

Sede social e oficinas.

Centro especial de emprego:

Taller de cablerías.

Taller de estores.

Taller de artesanía.

Talleres de subcontratación directa.

2. Definición dos centros.

2.1. Centro integral de servicios Aixiña (Fca. Sevilla):

É o centro onde teñen cabida as actividades sociais e asociativas así como os locais onde se situarán tódolos servicios de Aixiña agás aqueles para os que por razóns de funcionalidade sexa aconsellable outra situación.

2.2. Residencia de Tempo Libre e Convivencias de Sanxenxo (Pontevedra):

É o centro dedicado ás actividades sociais de Aixiña no eido do lecer e tempo libre (convivencias, colonias de verán, etc.), de acordo coa normativa interna que rexe a súa utilización.

2.3. Sede social e oficinas:

É un local baixo onde se sitúa o actual domicilio social e oficinas da Asociación Aixiña, situado na rúa Pena Trevinca, 32 baixo, de Ourense.

2.4. Centro especial de emprego.

O Centro Especial de Emprego (CEE) Aixiña número de rexistro 21/1992 OR é unha empresa dependente da entidade xurídica Aixiña, constituída conforme o disposto no artigo 42 da Lei 13/1982, do 7 de abril, de integración social do minusválido, que ten como obxectivo principal o de realizar un traballo productivo, participando regularmente nas operacións de mercado, e tendo como finalidade asegurar un emprego remunerado e a prestación de ser

vicios de axuste persoal e social que requiran os seus traballadores minusválidos, á vez que sexa un medio de integración do maior número de minusválidos no réxime de traballo normal.

O seu domicilio social atópase na rúa Pena Trevinca, 32 baixo, de Ourense, estando prevista a súa situación no Centro Integral de Servicios do Predio Sevilla.

A totalidade do cadro de persoal do CEE estará constituída por traballadores minusválidos sen perxuízo das prazas en cadro do persoal non minusválido, imprescindible para o desenvolvemento da súa actividade.

A actividade económica do CEE será a de realizar traballos de montaxe de cablería do automóbil, estores de cortinas, traballos de artesanía e outros manuais, dentro do marco regulamentario establecido polo Real decreto 2273/1985, do 4 de decembro (BOE do 9 de decembro), polo que se aproba o reglamento dos centros especiais de emprego definidos no artigo 42 da Ley 13/1982, do 7 de abril, de integración social do minusválido.

Artigo 4º.-Ámbito persoal.

O presente convenio é de aplicación, con exclusión de calquera outro, a tódalas persoas que presten os seus servicios efectivos por conta allea dentro dalgún dos talleres ou programas da asociación, así como os que ingresen nela durante a súa vixencia, con exclusión do alto persoal directivo ó que fai referencia o Estatuto dos traballadores, como así mesmo os que ocupen postos de dirección e aqueles outros que teñan que observar reserva obrigada no seu traballo.

O alto persoal directivo de Aixiña corresponde ós membros do consello de dirección e estará sempre excluído do ámbito deste convenio, non sendo remunerable o posto de presidente do dito consello.

O persoal da dirección é aquel que no seu traballo deba observar reserva obrigada estará excluído do ámbito do convenio, unha vez sexa acordado pola comisión paritaria.

Queda, así mesmo, excluído do ámbito persoal do convenio colectivo o persoal que se contrate para impartir programas de formación promovidos por Aixiña, en colaboración coa Administración pública e axentes sociais.

Sección terceira. Vixencia, prórroga e rescisión

Artigo 5º.-Ámbito temporal.

O presente convenio entrará en vigor o día 1-1-1997.

Artigo 6º.-Duración, prórroga e denuncia.

A duración deste convenio será de dous anos, a partir de 1-1-1997.

O dito convenio considerarase denunciado automaticamente remate da súa vixencia e prorrogarase en tanto non se negocie o novo convenio.

Sección cuarta. Compensación e absorbilidade ad personam

Artigo 7º.-Compensación e absorbilidade.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo indivisible. As melloras económicas pactadas poderán ser absorbidas polas que no futuro poidan establecerse por disposición legal e polas que, con carácter voluntario veña aboando a empresa á entrada en vigor do acordo e unicamente terán aplicación práctica se globalmente superaran a este no nivel do cómputo anual. A remuneración total que na entrada en vigor deste convenio veña percibindo o persoal afectado por el, en concepto de retribución salarial, non poderá ser reducida polas aplicacións das normas que se establecen.

Con respecto ás demais situacións, serán respectadas, en todo caso, as máis beneficiosas que viñeran desfrutando os traballadores en virtude das normas ou pactos previos ad personam.

Sección quinta

Artigo 8º.-Organización práctica do traballo.

A facultade e responsabilidade da organización, racionalización, automatización, mecanización, estudio reestructuración das seccións, revisión e valoración das quendas e postos de traballo, é facultade exclusiva da dirección da empresa, todo iso sen prexudica-la categoría profesional do traballador e tenderá a un aumento da eficacia e xestión da empresa, así como á máis esmerada entrega no seu cometido con respecto ó colectivo de minusválidos.

Sen mingua da autoridade recoñecida á dirección da empresa nos parágrafos anteriores, o comité de empresa ou delegados do persoal terán a función do asesoramento, orientación e racionalización do traballo, especialmente en relación ós postos dos traballadores minusválidos.

Artigo 9º.-Dereito supletorio.

En todo o non previsto neste convenio, aplicarase o disposto no contido da Lei 8/1980, do 10 de marzo; do Estatuto dos traballadores, a Lei 13/1982, do 7 de abril, da integración social do minusválido e do Real decreto 1368/1985, do 17 de xullo, que regula a relación de carácter especial dos traballadores minusválidos que traballan nos centros especiais de emprego; o Real decreto 2273/1985, do 4 de decembro, polo que se aproba o Regulamento dos centros especiais de emprego, definidos no artigo 42 da Lei 13/1982, do 7 de abril, de integración social do minusválido; o Real decreto 2274/1985, do 4 de decembro, polo que se regulan os centros ocupacionais para minusválidos, e en xeral, a lexislación que en cada momento regule as relacións laborais.

Artigo 10º.-Comisión paritaria.

Constituirase unha comisión paritaria para a vixilancia, interpretación, mediación e arbitraxe do cumprimento deste convenio, sen menoscabo das fun

cións privativas que lle competen ó Estado; o seu domicilio fíxase na sede social da Asociación para a Integración Social das Persoas con Minusvalía Física e Parálise Cerebral Aixiña, sita na rúa Pena Trevinca, número 32, baixo, de Ourense, sen prexuízo das competencias legalmente atribuídas ás entidades administrativas e xudiciais correspondentes.

A comisión paritaria estará integrada por partes iguais, dous representantes da parte social e dous da parte económica, acordándose que os ditos membros sexan pola parte social:

Juana Alberta Hernández Rodríguez.

José Ramón Novoa Vázquez.

Por la parte económica:

Recaredo Paz Prieto.

Domingo Gómez Freire.

A comisión paritaria reunirase con carácter extraordinario cando o solicite unha das partes. Na dita convocatoria, as partes solicitantes especificarán por escrito, cunha antelación mínima de cinco días, a orde do día e a data da reunión. Só nun caso de urxencia recoñecida por ámbalas dúas partes, o prazo será inferior.

Artigo 11º.-Vinculación á totalidade.

Constituíndo un só conxunto as condicións deste convenio, a non aprobación dalgunha delas pola autoridade laboral competente suporá a ineficacia do seu contido, non entrando en vigor, polo tanto, ningunha das cláusulas sen a afectación da totalidade por ámbalas dúas partes.

Capítulo II

Clasificación profesional

Artigo 12º.-Clasificación profesional.

As clasificacións do persoal consignadas no presente convenio son simplemente enunciativas, e non supoñen a obriga de ter provistas tódalas prazas e categorías enumeradas se as necesidades dos centros e servicios non o requiren.

O persoal que preste os seus servicios, tanto manuais como intelectuais, en calquera dos centros de traballo de Aixiña, clasificarase en atención ás funcións que desenvolva nalgún dos grupos que a continuación se relacionan.

Son, así mesmo, simplemente enunciativos os distintos cometidos asignados a cada categoría profesional, pois todo traballador estará obrigado a executar cantos traballos e operacións lle ordenen os seus superiores, dentro dos cometidos xerais propios da súa competencia sen menoscabo da súa dignidade.

Se un traballador permanece cumprindo funcións dunha categoría superior durante un tempo mínimo de seis meses ininterrompidos, poderá optar a soli

citar que se clasificado na súa categoría profesional do posto de traballo que veña desempeñando:

Centro de servicios sociais.

Grupo A. Persoal de xestión:

Coordinador de servicios sociais.

Grupo B. Persoal titulado grao superior.

Titulado superior.

Grupo C. Persoal titulado grao medio.

Diplomado traballo social/asistente social.

Terapeuta ocupacional.

Grupo D. Persoal técnico.

Educador.

Monitor de taller.

Grupo E. Auxiliares técnicos.

Coidador.

Auxiliar de coidador ou monitor.

Grupo F. Persoal administrativo.

Oficial administrativo.

Auxiliar administrativo.

Grupo G. Profesionais de oficio.

Oficial de primeira.

Cociñeiro/a.

Oficial de segunda.

Oficial de terceira.

Axudante de cociña.

Persoal de servicios domésticos.

Persoal non cualificado.

Aprendiz.

Porteiro.

Telefonista.

Centro especial de emprego.

Grupo A. Persoal de xestión.

Coordinador de talleres do CEE.

Grupo B. Persoal técnico.

Coordinador comercial e relacións públicas.

Xefe de producción de taller con máis de 10 traballadores

Oficial de primeira.

Oficial de segunda.

Oficial de terceira.

Grupo C. Persoal técnico.

Xefe de producción de taller ata 10 traballadores.

Oficial de primeira.

Oficial de segunda.

Oficial de terceira.

Grupo D. Persoal técnico de taller de artesanía.

Técnico de taller de madeira.

Técnico de taller de pintura, estaño e outras tecnoloxías.

Oficial de primeira.

Oficial de segunda.

Oficial de terceira.

Grupo E. Persoal mercantil.

Técnico comercial.

Responsable centro de distribución.

Viaxante.

Dependente.

Grupo F. Persoal de oficio.

Encargado de producción.

Oficial de primeira.

Oficial de segunda.

Oficial de terceira.

Conductor.

Axudante.

Peón especializado.

Peón ordinario.

Auxiliar de taller.

Peón non cualificado.

Aprendiz.

Servicios xerais.

Grupo A. Persoal de xestión.

Coordinador servicios xerais centro integral de servicios.

Grupo B. Persoal técnico titulado.

Técnico de servicios administrativos.

Técnico de servicios de persoal.

Secretaría técnica.

Grupo C. Auxiliares técnicos.

Secretaría de Admón., coordinación e servicios xerais de persoal.

Xestor social.

Grupo D. Persoal administrativo.

Oficial administrativo de primeira.

Oficial administrativo de segunda.

Auxiliar administrativo.

Aprendiz.

Profesionais de oficio.

Encargado.

Conductor con carné 1ª especial.

Oficial de primeira.

Oficial de segunda.

Oficial de terceira.

Persoal mantemento servicios xerais.

Persoal de servicios domésticos.

Persoal non cualificado.

Grupo F. Persoal subalterno.

Porteiro.

Vixilante e garda.

Recepcionista/telefonista.

Reprógrafo.

Persoal non cualificado.

Artigo 13º.-Niveis salariais.

Os niveis salariais do persoal contratado por Aixiña fíxanse en 12 coas categorías profesionais que en cada un se especifican.

NivelCategorías profesionais de AixiñaSal. base

mes

Antigüidade

trienio

1Director-xerente do CIS (Centro Integral de Servicios)162.4007.350

2Coordinador de talleres do CEE.143.0007.150
Coordinador de servicios sociais143.0007.150
Coordinador de servicios xerais143.0007.150

3Técnico especialista de producción de artesanía135.8006.790
Coordinador comercial e relacións públicas135.8006.790

4Titulado superior128.7006.435
Técnico de servicios administrativos128.7006.435
Técnico de servicio de persoal128.7006.435
Secretaría técnica128.7006.435

5Diplomado traballo social/asistente social124.6006.230
Terapeuta ocupacional124.6006.230

6Educador
Responsable centro distribución115.4005.770

7Xefe de producción de taller104.2005.210
Secretaría de Admón., Coord. e SS xerais de persoal104.2005.210

8Encargado servicios97.0004.850
Conductores con carné de 1ª especial97.0004.850

9Oficial primeira92.2504.612
Conductor vehículos persoal ata 9 prazas92.2504.612
Oficial administrativo primeira92.2504.612
Coidador92.2504.612
Monitor de taller92.2504.612

10Vendedor/viaxante84.0004.200
Oficial segunda84.0004.200
Dependente84.0004.200
Conductor vehículos mercadoría84.0004.200
Oficial administrativo segunda84.0004.200
Cociñeiro/a servicios sociais84.0004.200

11Peón especializado80.0004.000
Auxiliar administrativo80.0004.000
Auxiliar coidador ou monitor80.0004.000
Oficial terceira80.0004.000

12Peón ordinario73.5003.675
Axudante cociña servicios sociais73.5003.675
Axudante mercantil73.5003.675
Persoal servicios domésticos73.5003.675
Porteiro73.5003.675
Vixilante e garda73.5003.675
Auxiliar de taller73.5003.675
Telefonista/recepcionista73.5003.675
Reprógrafo73.5003.675
Persoal non cualificado73.5003.675
Aprendiz

Capítulo III

Estipulacións concretas

Sección primeira. Ordenación salarial

Artigo 14º.-Conceptos que integran a retribución salarial.

A retribución salarial, de acordo coas disposicións legais sobre ordenación do salario, está formada polos seguintes conceptos:

Salario base.

Complementos.

Artigo 15º.-Salario base.

Considérase salario base o establecido para cada categoría profesional segundo a táboa de niveis salariais que figura no anexo I ó presente convenio colectivo.

O salario base verase incrementado na mesma porcentaxe na que o faga o SMI (salario mínimo interprofesional), de obrigado cumprimento nos centros especiais de emprego.

Artigo 16º.-Complementos de carácter persoal.

Son complementos as cantidades que, de se-lo caso, deban engadirse ó salario. Os complementos divídense en:

Antigüidade: aboarase por trienios segundo establece a táboa de niveis de antigüidade que figura no anexo II ó presente convenio colectivo. O importe das cantidades que se perciban por este concepto non poderá supera-lo 50 por 100, como máximo, do salario base.

Premio de vinculación: cada traballador que cumpla 5 anos de antigüidade na empresa e no citado período non fose sancionado, terá dereito á percepción dunha cantidade de pagamento único por importe de sesenta mil pesestas (60.000 ptas.), a prezo axustado, que se incrementará cada ano na mesma porcentaxe en que o faga o salario mínimo interprofesional.

A dita gratificación percibirase cada vez que o titular cumpra un múltiplo de 5 anos de antigüidade.

Quedan sen efecto, en relación co anterior, as sancións que figuren nos expedientes dos traballadores na data 1-7-1995.

Entederase que o traballador non foi sancionado, cando no seu expediente persoal non figure o cumprimento de faltas de carácter grave ou moi grave, no período que fai referencia ó premio de vinculación. Así mesmo, a acumulación polo traballador de tres ou mais faltas leves no periodo dun ano terán a mesma consideración que se se tratara de falta grave, o que impediría o cobro do dito premio de vinculación.

Ó persoal laboral da extinguida asociación Auxilia-Ourense, trasvasado a Aixiña segundo acta notarial número 440 do 19-6-1996, contabilizaráselle a opción ó dito complemento a partir da data 1-4-1996 en que foron dados de alta na Seguridade Social por conta de Aixiña.

Artigo 17º.-Complementos por posto de traballo.

Plus de nocturnidade: aboarase conforme a lexislación vixente. Da percepción do plus de nocturnidade queda exceptuado o persoal cun salario que xa se establecera en atención a que o traballo sexa nocturno pola súa propia natureza (servicio de porteiro, gardería, vixilancia nocturna do persoal do centro, coidador de noite e auxiliar de coidador de noite, etc...).

Complemento de especial responsabilidade: este complemento establécese para aqueles postos de traballo que teñen unha categoría profesional que implica unha responsabilidade especial, ben pola xestión que teñen que desenvolver ou pola competencia técnica esixible para dinamiza-las actividades de Aixiña.

A contía estableceráse nas táboas salariais de Aixiña, percibíndose o dito complemento en doce mensualidades.

Os complementos de especial responsabilidade establécense para as seguintes categorías profesionais:

Director-xerente do CIS.

Coordinador de talleres CEE.

Coordinador de servicios sociais/xerais.

Coordinador comercial e relacións públicas.

Técnico de servicios administrativos e/ou persoal.

Secretaría Admon., coordinación e servicios xerais de persoal.

Conductor vehículos especiais de persoal.

Artigo 18º.-De vencemento periódico superior a un mes.

Pagas extras: todo o persoal afectado por este convenio terá dereito á percepción de dúas gratificacións extraordinarias nos meses de xullo e decembro, respectivamente. A contía das ditas pagas integrarase polos conceptos de salario base e antigüidade, segundo se especifica nas táboas salariais anexas I e II.

Estes importes ratearanse, no caso de que os traballadores leven menos dun ano na empresa.

Así mesmo, ó causar baixa na empresa percibirá a parte proporcional que lle corresponda.

Artigo 19º.-De productividade ou rendemento e calidade.

De productividade ou rendemento e calidade: este complemento poderá ser percibido por todo o cadro de persoal da empresa, sempre que quede acreditado o aumento de producción ou rendemento e calidade nas diversas actividades.

As cantidades que poidan percibirse por este complemento, así como os traballadores acredores deste, deberán sempre xustificarse por escrito, por acordo entre a dirección da empresa e os representantes dos traballadores, coa periodicidade que regulamentariamente se estableza.

No caso de proceder ó seu aboamento, practicarase na contía que se deba liquidar, que non poderá superar en ningún caso o 10 por 100 do salario base das categorías profesionais correspondentes ós traballadores acredores deste complemento.

Sección segunda. Indemnizacións e suplidos

Artigo 20º.-Desprazamentos e axudas de custo.

Os traballadores que por necesidade da empresa teñan que efectuar viaxes ou desprazamentos fóra do termo municipal no que radique o centro de traballo onde estean adscritos, percibirán a contía correspondente ós gastos ocasionados, que deberán xustificarse ante a empresa.

Cando para iso se utilice vehículo propio percibirá o traballador 27 ptas. por quilómetro. Así mesmo, os traballadores que habitualmente cobren comisión pactarán estas coa empresa.

Artigo 21º.-Traslados.

Aplicarase o disposto no artigo 40 do Estatuto do traballador sobre mobilidade xeográfica.

No suposto dunha vacante, a dirección da empresa obrígase a comunicalo ós traballadores de similar categoría, para o caso de que puidera interesarlles, aceptando o traslado con carácter voluntario, en caso de producirse.

Sección terceira. Prestacións voluntarias de carácter social

Artigo 22º.-Roupa de traballo.

A empresa concederalle a todo o persoal do cadro, cun posto de traballo que así o requira, ó inicia-la prestación de traballo unha peza de roupa nova de traballo e posteriormente as previstas na Lei de prevención de riscos laborais.

Queda terminantemente prohibido utilizar roupa de traballo fóra das horas de servicio e será obrigatoria a súa utilización durante o tempo de servicio.

Artigo 23º.-Incapacidade transitoria.

Durante o período en que o traballador afectado polo presente convenio estea de baixa como consecuencia de accidente laboral ocorrido na empresa, durante as horas de traballo ou nos desprazamentos que se efectúen fóra do lugar habitual deste, por necesidades da empresa e polo tempo indispensable de ida e volta, excluíndose o accidente in itinere, este percibirá o 100% do se salario, debendo a empresa aboa-la diferencia, é dicir, o 25% restante.

Igualmente, o traballador terá dereito ó 100% do seu salario no caso de hospitalización durante o tempo que dure calquera clase de IT, ata un máximo de 30 días.

Artigo 24º.-Xubilación anticipada e contratos de relevo.

A) Para posibilita-la posta en práctica da modalidade especial de xubilación ós sesenta e catro anos,

a parte empresarial obrígase a substituír simultaneamente, o traballador por conta allea de sesenta e catro anos que se xubile por mutuo acordo con ela, por outro traballador nas condicións previstas no Real decreto 1194/1985 e demais lexislación concordante.

B) Para a aplicación da xubilación anticipada parcial ós sesenta e dous e sesenta e tres anos con contrato de relevo, estarase o disposto no artigo 12.5º do Estatuto dos traballadores, a disposición transitoria cuarta da misma norma e o Real Decreto 1991/1984.

Artigo 25º.-Licencias e concesións.

Os traballadores, logo de solicitude por escrito, avisando coa máxima antelación posible e xustificándoo adecuadamente, poderán faltar ó traballo, co dereito a percibi-lo salario contractual ou pactado, por algún dos motivos e coa duración que se indica:

a) Por tempo de quince días naturais, en caso de matrimonio.

b) Por parto da esposa ou compañeira con convivencia demostrada, tres días naturais.

c) Por tempo de tres días naturais, nos casos de enfermidade grave ou falecemento de fillo, cónxuxe, netos, irmáns, pais dun ou outro cónxuxe e avós. Cando con tal motivo o traballador necesite facer desprazamentos fóra da rexión, o prazo será de cinco días naturais.

d) Un día natural en caso de voda de fillos ou irmáns.

e) Polo tempo necesario nos casos de asistencia a consultas da Seguridade Social, tanto de médico de cabeceira como dos especialistas, cando non sexa factible acudir a esas consultas fóra das horas de traballo. Neste caso, o traballador deberá presenta-lo correspondente xustificante extendido por aquel, certificando a efectiva asistencia á dita consulta.

No caso de asistencia á consulta dun especialista, o traballador deberá presenta-lo volante do médico de cabeceira no que se lle envía ó especialista correspondente e a xustificación de ter estado na consulta de este último.

f) Un día natural por traslado do seu domicilio natural, na localidade de residencia e dous días naturais se é fóra da localidade de residencia.

g) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal ó que se refire o artigo 37, apartado d), do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos traballadores.

h) Os días 24 e 31 de decembro serán días inhábiles para tódolos efectos e non recuperables.

Artigo 26º.-Licencias non retribuídas.

Tamén poderá o persoal, o que afecte este convenio, que leve un mínimo de dous anos de servicio

na empresa, solicitar licencia sen soldo por prazo non inferior a quince días, nin superior a sesenta e seralle concedido a partir dos quince días da petición, sempre que o permitan as necesidades do servicio e xustifique adecuadamente as razóns da súa petición.

Ningún traballador poderá solicitar nova licencia ata transcorridos dous anos do disfrute da última que lle fora concedida.

Artigo 27º.-Excedencias.

Recoñeceranse dúas clases: a voluntaria e a forzosa, nos termos e condicións establecidas no artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

Sen dereito ó aboamento de ningunha retribución, por asuntos propios que non admitan demora, solicitarase sempre por escrito e a empresa, tendo en conta as necesidades do servicio, resolverá nun prazo máximo de dous días, a menos que a perentoriedade do asunto requira da autorización inmediata e sen prexuízo das sancións que poidan impoñerse se se alegasen causas falsas conforme o apartado C do artigo 13 da Lei 1368/1985.

Artigo 28º.-Acción Social.

Co fin de soluciona-los problemas de grave necesidade e de asistencia social que o persoal teña ou poida ter, créase unha comisión de asistencia social formada por seis membros, tres, pola parte económica, e tres, pola parte social que se reunirán cando a situación o requira por petición de calquera dos membros, con facultade para dictaminar e decidir sobre as circunstancias que en cada caso se formulen, elaborando a proposta de axuda que, en cada caso, esixa e facendo viable dentro das posibilidades da empresa, a súa solución.

Esta comisión estará integrada polos mesmos membros da comisión paritaria.

Artigo 29º.-Descontos por falta de traballo.

A parte proporcional do desconto que haxa de efectuarse nas pagas extras por falta de asistencia ó traballo, efectuarase en función dos días naturais de ausencia efectiva ó traballo.

Artigo 30º.-Axuda por xubilación e invalidez.

Ó producirse o feito da xubilación por cumprimento da idade regulamentaria ou ó producirse a cualificación de invalidez permanente total (por enfermidade común, enfermidade profesional, accidente laboral ou non laboral) e se o traballador levase máis de quince anos de alta laboral na empresa, recibirá de esta por unha soa vez o importe íntegro de dúas mensualidades.

Artigo 31º.-Seguro colectivo.

A empresa deberá concertar con primas íntegras ó seu cargo unha póliza de seguros que cubra as seguintes indemnizacións:

-Accidente laboral con resultado de morte: (un millón) 1.000.000 de pesetas.

-Accidente laboral con resultado de invalidez permanente absoluta ou gran invalidez: (dous millóns) 2.000.000 de ptas.

-Para o persoal de nova incorporación a póliza de seguros establecida no presente artigo deberá concertarse no prazo dun mes a partir da contratación do traballador.

Artigo 32º.-Seguro de responsabilidade civil.

Aixiña procederá a concertar un seguro que cubra a responsabilidade civil profesional do persoal ó seu servicio que puidera derivarse do cumprimento das obrigas laborais.

A determinación das funcións e continxencias concretas que se consideren incluídas no obxecto do seguro efectuarase logo dos estudios de correduría de seguros pertinente.

Sección cuarta. Xornada de traballo, horario

e vacacións

Artigo 33º.-Xornada de traballo.

O número de horas de traballo que se realizarán durante a vixencia do presente convenio colectivo será de corenta horas semanais, preferentemente en réxime de xornada continuada e preferentemente de luns a venres.

En relación ó persoal de traballo, terase en conta o seguinte:

a) O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo para asistir a tratamentos de rehabilitación médico-funcionais e para participar en accións de orientación, formación e readaptación profesional, con dereito a remuneración sempre que tales ausencias non excedan de dez días nun semestre.

Como norma xeral, o descanso entre xornada e xornada será de doce horas.

Os traballadores dos que a súa acción pon en marcha ou pecha a dos demais, deberán amplia-la súa xornada polo tempo estrictamente preciso para iso, compensándose as horas de exceso como extraordinarias polos descansos que correspondan.

Artigo 34º.-Horario de traballo.

O horario de traballo con carácter xeral será de seis a catorce horas e de catorce a vintedúas horas, cunha interrupción diaria de quince minutos de descanso por xornada continuada entre luns e venres preferentemente.

O tempo de descanso de quince minutos, establecido na xornada continuada, considerarase como tempo de traballo efectivo.

Será facultade privativa da dirección da empresa a organización nos centros de traballo de xornada partida cando as necesidades específicas dos servicios que hai que prestar así o requiran, logo da consulta ó comité de empresa.

Artigo 35º.-Calendario laboral.

No mes de xaneiro de cada ano a dirección da empresa e o comité elaborarán un calendario laboral.

O dito calendario deberá conter:

O horario de traballo.

Quendas de traballo, se os houber.

Distribución anual dos días de traballo.

Festivos.

Descansos semanais e outros días inhábiles.

O calendario laboral exporase nun lugar visible de cada centro de traballo.

Artigo 36º.-Vacacións.

Todo o persoal terá dereito a trinta días naturais de vacacións ó ano retribuídas mediante salario base máis antigüedade.

Por común acordo entre a empresa e o traballador, poderase convi-la división do período de desfrute das vacacións, cando as necesiades laborais ou persoais así o requiran.

As condicións xerais en materia de vacacións serán as seguintes:

a) O persoal que ingrese ou cese no transcurso do ano, terá dereito á parte proporcional de vacacións, segundo o número de meses traballados, calculándose estas por doceavas partes e computándose como mes completo a súa fracción.

b) O período de vacacións desfrutarase en calquera época do ano, de acordo coas necesidades do servicio.

c) Cada centro ou servicio confeccionará no mes de marzo de cada ano, e acorde coas normas establecidas para asegura-la continuidade do servicio, as listas en que figuren o período de vacacións que corresponda a cada traballador. As listas así confeccionadas serán sometidas á aprobación da dirección da empresa, procurando que estean confeccionadas, polo menos con dous meses de antelación.

d) Non poderá variarse a quenda de vacacións establecida salvo por necesidades ineludibles do servicio ou por circustancias especiais suficientemente xustificadas polo traballador.

e) As listas de quendas serán confeccionadas conforme as propostas dos traballadores afectados. En caso de discrepancias, serán resoltas atendendo a antigüidade na empresa aínda que este dereito non poderá ser desfrutado máis dun ano, pasando este mesmo dereito ó inmediato por antigüidade.

f) A distribución dos períodos de vacacións, se os houber, farase por acordo entre a dirección do centro e a representación dos traballadores, tendo en conta a natureza específica dos centros.

No caso de que o traballador estea de baixa antes do desfrute das vacacións, estas posporanse, fixándose un novo período. En caso contrario, se a baixa

se producise durante o desfrute destas, estas seguirán correndo ata que se cumpra o período correspondente.

Sección quinta. Seguridade e hixiene no traballo

Artigo 37º.-Seguridade e hixiene no traballo.

Os centros de traballo afectados por este regulamento estarán obrigados ó exacto cumprimento de tódalas disposicións vixentes en materia de seguridade e hixiene no traballo, contidas no Estatuto dos traballadores no seu artigo 19 e en particular na Lei de prevención de riscos laborais, Lei 31-1995, do 8 de novembro.

Así mesmo, será obrigatorio o cumprimento dos plans de emerxencia contra incendios y de evacuación dos centros residencias de Aixiña, conforme ás instruccións que sexan dadas pola dirección do respectivo centro.

Artigo 38º

A dirección da empresa responsabilizase do plan de emerxencia contra incendios e de evacuación dos centros de Aixiña, comprometéndose a informa-lo comité de empresa ou delegados do persoal do contido do referido plan.

Capítulo IV

Ingresos, ascensos, cadros de persoal e escalafons

Sección primeira. Ingresos

Artigo 39º

O ingreso do persoal axustarase ás normas legais xerais sobre do emprego dos traballadores, e as especiais para os traballadores minusválidos que traballen nos centros especiais de emprego, conforme o disposto no Rel decreto 1368/1985, do 17 de xullo (BOE, do 8 de agosto), que regula a relación laboral de carácter especial dos minusválidos que traballen nos centros especiais de emprego, podendo o CEE somete-los aspirantes ás probas de ingreso que considere oportunas.

Artigo 40º

O ingreso dos traballadores considerarase feito a título de proba, sempre que así se concerte por escrito, co seu período será variable segundo a índole dos postos a cubrir, e que non poderá exceder do tempo fixado no artigo 14 do Estatuto dos traballadores. Nembargantes, co fin de facilitar a adaptación profesional do traballador minusválido para o desenvolvemento das tarefas que constitúen o contido do seu posto de traballo, ou se é o caso, completa-la formación necesaria para o mesmo, nos contratos poderase pactar un período de adaptación ó traballo que, á súa vez, terá o carácter de período de proba e cunha duración non poderá exceder de 6 meses.

Durante o período de proba o traballador terá os dereitos e obrigas correspondentes á súa categoría profesional e ó posto de traballo que desempeñe, como se fóra o cadro de persoal pero calquera das

partes poderá desistir da relación do traballo sen que tal decisión dea lugar a indemnizacións.

Transcorrido o período de proba sen que se producise o desestimento, o contrato producirá plenos efectos, computándose o tempo dos servicios prestados para efectos de antigüidade.

Artigo 41º

O período de proba estipulado segundo o artigo anterior non poderá exceder do sinalado na seguinte escala:

Centro de servicios sociais:

Persoal de xestión: 2 meses.

Persoal titulado grao medio e superior: 2 meses.

Persoal técnico e auxiliares técnicos: 2 meses.

Persoal administrativo: 2 meses.

Gobernanta, oficial 1ª, cociñeiro/a, oficial 2ª, oficial 3ª, e axudante de cociña: 1 mes.

Persoal de servicios domésticos e persoal non cualificado e aprendices: 15 días.

Centro especial de emprego:

O persoal deste centro seguirá o contido da normativa que fixa o Real decreto 1368/1985, do 17 de xullo, polo que se regula a relación laboral de carácter especial dos minusválidos que traballen en centros especiales de emprego. A duración do contrato de traballo presúmese concertado por tempo indefinido e o período de proba terá unha duración que non poderá exceder de 6 meses (artigo 10.1º e 10.2º do citado R.D. 1368/1985).

Sección segunda. Ascensos

Artigo 42º

Todo o persoal da empresa terá igualdade de condicións, e coas excepcións que logo se sinalan, preferencia para cubri-las vacantes existentes en calquera dos grupos profesionais das mesmas.

Os ascensos efectuaranse seguindo as normas que se expresan nos artigos seguintes.

Artigo 43º.-Persoal de xestión. Persoal técnico e persoal titulado grao medio e persoal técnico de servicios sociais.

As vacantes destes grupos cubriranse pola libre designación da dirección da empresa.

Artigo 44º.-Auxiliares técnicos de servicios sociais. Persoal administrativo. Profesionais de oficio, persoal subalterno e persoal técnico de artesanía.

As vacantes de estes grupos cubriranse por antigüidade, dentro de cada especialidade, entre o persoal da categoría inmediata inferior e sempre que aquel ó que lle corresponda sea declarado apto na proba eminentemente práctica á que se someta. A falla do persoal apto cubrirase con persoal alleo á empresa.

Artigo 45º.-Persoal mercantil.

As vacantes deste persoal mercantil cubriranse de acordo coas seguintes normas:

a) As vacantes de técnico comercial e responsable de centro de distribución proveraas libremente dirección da empresa.

b) As restantes vacantes do persoal mercantil cubriranse entre o persoal de categoría inmediata inferior e sempre que aquel/la a quen lle corresponda, sexa declarado apto na proba eminentemente práctica a que se lle someta. A falla de persoal apto cubrirase con persoal alleo á empresa.

Artigo 46º

Cando as prazas que hai que cubrir correspondan á proba de aptitude, a empresa anunciará nos seus respectivos centros de traballo cunha antelación non inferior a dous meses da data de celebración da proba, as vacantes ou postos a cubrir, datas en que deberán efectuarse os exercicios, progarama que hai que desenrolar, condicións que se requiren para aspirar a aquelas, forma da súa celebración, méritos, títulos, diplomas e outros requisitos que xulguen preferentes, para a acredita-la capacidade profesional dos interesados.

Artigo 47º.-Tribunais de cualificación.

Os tribunais que xulgarán o concurso-oposición ou proba de aptitude, para ingresos e ascensos, estarán presididos pola persoa que designe a dirección da empresa e formarán parte dela dous vocais en representación do persoal, os cales haberán de ter igual ou superior categoría profesional que os das correspondentes prazas que haxan de cubrirse.

Sección terceira. Cadro de persoal e escalafóns

Artigo 48º.-Cadros de persoal.

Con independencia do censo persoal e escala, os centros confeccionarán un cadro de persoal comprensivo das necesidades reais do persoal.

Os centros poderán modifica-lo ser cadro de persoal sen máis requisitos cós esixidos polas disposicións vixentes sobre a materia.

No cadro de persoal inicial e nos sucesivos, a asociación poderá amortiza-las vacantes que se produzan, para efectos de acomoda-lo dito cadro de persoal ás necesidades reais do persoal, someténdose para eso a aquelas disposicións.

Artigo 49º

O cadro de persoal consistirá na relación numérica das categorías e grupos necesarios consonte as clasificacións laborais deste convenio, e as escala na relación nominal de tódolos traballadores que compoñen o cadro de persoal ordenados por categorías, coas súas circunstancias persoais e a súa antigüidade na empresa e na categoría.

Artigo 50º

Na confección e sucesivas modificacións do cadro de persoal servicios, será oído ó comité da empresa ou delegados do persoal; tendo en conta a constante evolución das novas tecnoloxías nas actividades do sector, poderán adecuarse as porcentaxes do cadro de persoal ás específicas necesidades dos centros, logo da notificación á autoridade laboral correspondente.

Artigo 51º.-Escala.

Os centros redactarán, no termo dos sesenta días seguintes á aprobación dos cadros de persoal a escala do persoal, coa separación dos grupos que o integran.

Na citada escalafón relacionarase ó persoal por categorías, e dentro destas, por antigüidade no cargo ou categoría, facéndose constar ademais as circunstancias seguintes: nome e apelidos dos traballadores, data de antigüidade na empresa, categoría profesional e data de antigüidade na categoría.

A rectificación das escalas efectuarase anualmente.

Artigo 52º.-Recursos.

A empresa publicará a escala para o coñecemento do persoal, exposta no taboleiro de anuncios durante o prazo de quince días e os traballadores que se consideren prexudicados poderán reclamar por escrito no mesmo prazo ante a dirección da empresa.

No caso de ser denegada pola empresa a petición ou de que transcorrese un mes sen estar esta resolta, poderán os interesados formular demanda ante a jurisdicción de traballo.

Sección cuarta. Despediemntos e cesamentos

Artigo 53º.-Despedimentos.

Regúlanse da forma seguinte:

a) O persoal con contrato de duración indefinida só pode ser despedido por causa xustificada, consonte as disposicións legais e ás normas contidas no capítulo VII deste convenio.

b) O persoal con contrato de duraciòn determinada finalizará o seu contrato na data convida ou cando se produza a situación que provoque a extinción do contrato de traballo.

Artigo 54º.-Cesamentos.

Os traballadores que cesen voluntariamente ó servicio da empresa, estarán obrigados a poñelo en coñecemento dela por escrito, cumprindo como mínimo os seguintes prazos de aviso: 30 días naturais, agás o persoal non cualificado como peóns ou aprendices, que será de 15 días naturais.

En caso contrario, perderá un día de salario por cada día de atraso no aviso, que se deducirá na liquidación que se practique e ata onde esta alcance.

Estas cantidades destinaranse ó fondo de acción social.

Artigo 55º.-Cesamentos por xubilación.

A xubilación poderase producir á vontade do traballador cando este cumpra os sesenta e catro anos e será forzosa ó cumpri-los sesenta e cinco, salvo que por falta de cotización non teña dereito á pensión de xubilación, caso no que lle será prorrogado o seu contrato ata que cumpra o mínimo de cotización, sempre que se produza antes de cumpri-los setenta anos.

Capítulo V

Formación do persoal

Artigo 56º

Tódolos traballadores do cadro de persoal de Aixiña teñen dereito a participar nos cursos de perfeccionamento que organice a empresa.

Para tal fin, e cando as necesidades o requiran, a dirección da empresa proporalles ós representantes dos traballadores os plans formativos da empresa que teña intención ésta de acometer nun período determinado.

Os ditos plans formativos serán, así mesmo, propostos á Administración pública e axentes sociais competentes para que o organismo que teña competencias formativas posibilite as axudas económicas necesarias para a realización dos cursos.

Artigo 57º.-Contrato de formación.

O contrato de formación axustarase ó previsto no artigo 11 do Estatuto dos traballadores, modificado polo artigo 1.2º da Lei 63/1997, e demais normas de desenvolvemento coas peculiaridades seguintes:

a) A duración máxima do contrato poderá aplicarse logo do informe favorable do equipo multiprofesional cando, debido ó grao de minusvalidez e demais circunstancias persoais e profesionais do traballador, este non acadase o nivel mínimo de coñecementos requiridos para desenvolve-lo posto de traballo, sen que, en ningún caso, puidera exceder de catro anos.

b) O plan de formación deberá ser informado favorablemente polo equipo multiprofesional.

c) O tempo global correspondente ó ensino poderá alcanzar ata o límite máximo de dous tercios.

d) O período de proba será de dous meses.

Artigo 58º.-Contrato en prácticas.

Será aquel que se concerte nas condicións establecidas pola Lei 63/1997 e demais lexislación concordante.

A retribución salarial dos traballadores contratados en prácticas, será do 80 por 100 e do 90 por 100 do salario fixado nas táboas salariais para os traballadores que desenvolvan este ou equivalente posto de traballo, durante o primeiro e segundo ano de contrato de traballo, respectivamente.

Capítulo VI

Retribucións

Sección primeira. Disposicións xerais

Artigo 59º

As retribucións do persoal comprendido neste convenio estarán constituídas polo salario base, os seus complementos corresponden á xornada normal á que se refire o artigo 33º.

En relación co persoal minusválido, e no caso de que se celebrase contrato de traballo a baixo rendemento, aínda se prestando os seus servicios durante unha xornada de traballo normal, o fai co rendemento inferior ó normal nun 25 por 100, sempre que tal circunstancia fose constatada polo equipo multiprofesional correspondente, o salario correspondente á categoría co que se contrate quedará diminuído proporcionalmente ó menor rendemento pactado, sen que tal diminución poida exceder do 25 por 100.

Artigo 60º

O recibo de salarios será liquidado mensualmente, efectuándose o seu pagamento por medio de transferencia á conta corrente ou de aforro da entidade bancaria ou caixa de aforros que determine o traballador.

O recibo acreditativo do pagamento de salarios deberá axustarse ó modelo autorizado pola lexislación vixente.

Sección segunda. Salario

Artigo 61º.-Salario base.

A retribución salarial establécese sobre a base do salario fixo en función da categoría profesional do traballador.

Os salarios base correspondentes ás distintas categorías profesionais, entendidos como a parte das retribucións do traballador que se fixa por unidade de tempo, sen considera-las circunstancias determinantes dos seus complementos, fixarase mediante convenio colectivo entre a empresa e os seus traballadores.

Capítulo VII

Premios, faltas e sancións

Sección primeira. Premios

Artigo 62º

Co fin de recompensa-la conducta, rendemento, laboriosidade, e cualidades sobresaíntes do persoal, estimulando ó propio tempo para que se supere no cumprimento das súas obrigas, a empresa establecerá os correspondentes premios, e outorgaranse individualmente ou por grupos.

Para o mellor servicio da xustiza e máxima eficacia do que se pretende, procurarase ponderar estreitamente as circunstancias do caso, para que ningún acto que o mereza poida quedar sen premio, nin se outorgue a quen non sexa acreedor del.

O procedemento, contía dos premios e outras circunstancias serán as que se citen nos artigos seguintes nesta sección.

Artigo 63º

1. Sinálanse como motivos dignos de premios os seguintes: espiríto de servicio e espírito de fidelidade.

2. Consiste o espírito de servicio en realizar este, non de modo formulario e corrente, senón con entrega total de tódalas facultades do interesado, subordinando a iso a súa comodidade e incluso os seus intereses particulares, sen que nada llo esixa.

3. O espírito de fidelidade acredítase polos servicios continuados á empresa perante dez anos consecutivos, sempre que no citado período o traballador non fose sancionado.

4. Con independencia do anteriormente sinalado poderanse establecer premios para actuacións en casos concretos tales como prevención de accidentes, rapidez na urxente prestación de socorros, a conservación e trato da materia e útiles de traballo,o trato correcto cos demais compañeiros, como así mesmo introducción de melloras para o incremento da producción ou economía da empresa.

Artigo 64º

Para premia-las conductas descritas no artigo anterior establécense as seguintes clases de premios:

1. Premio de vinculación, establecido no artigo 16º deste convenio.

2. Aumento das vacacións ata o dobre das que regulamentariamente lle correspondan o interesado, sen mingua dos seus haberes ou salarios.

3. Bolsas de estudios ou perfeccionamento.

4. Cancelación de notas desfavorables no expediente persoal.

5. Cartas de felicitacións.

6. Ascensos ou postos de confianza.

7. Propostas ós organismos competentes de carácter oficial, para que estes, de conformidade coa lexislación vixente, outorguen o premio oportuno.

Artigo 65º

A concesión de premios efectuarase en expediente instruído pola dirección da empresa por instancia dos xefes ou compañeiros do centro de traballo, ou dos representantes dos traballadores, ou ben por iniciativa da propia dirección.

Sección segunda. Faltas

Artigo 66º

As faltas clasifícanse, en consideración á súa importancia, trascendencia e malicia, en leves, graves e moi graves.

Artigo 67º

Considéranse faltas leves, de modo enunciativo, as seguintes:

1. As faltas de puntualidade, ata tres nun mes, na asistencia ó traballo, cun atraso superior a cinco minutos e inferior a trinta en horario de entrada.

2. Non notificar nun prazo de vintecatro horas seguintes á ausencia os motivos que xustifican a falta ó traballo, a non ser que se probe a imposibilidade de telo efectuado.

3. O abandono do traballo sen causa xustificada por breve tempo.

5. Falta de aseo ou limpeza persoal.

6. Non comunica-lo cambio de domicilio.

7. Discutir sobre asuntos extranos ó traballo dentro das dependencias da empresa. Se tales discusións producisen escándalo notorio, poderán considerarse como faltas graves ou moi graves.

8. A falta ó traballo nun día ó mes sen a debida autorización ou causa xustificada.

9. A embriaguez ocasional.

10. Neglixencia non cumprimento das normas e instruccións recibidas.

11. Non atende-lo público coa corrección debida.

Artigo 68º

Consideraranse faltas graves, de modo enunciativo, as seguintes:

1. Máis de tres e menos de dez faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo cometidas durante un período de trinta días.

2. Faltar dous días ó traballo, sen xustificación, durante un mes.

3. Non comunicar coa puntualidade debida os cambios experimentados na situación familiar do traballador, que poidan afectar a Seguridade Social, así como o atraso inxustificado na entrega á empresa dos partes de baixa de enfermidade ou accidente, conforme dispón a lexislación vixente.

4. Entregarse á xogos ou distraccións durante as horas de traballo, sexan estes da clase que sexan.

5. Non presta-lo traballador debida atención ó traballo encomendado, sendo advertido polo seu xefe previamente.

6. Desobedecer manifestamente as instruccións dos superiores en materia de traballo, con prexuízo á empresa ou ós minusválidos.

7. Simula-la presencia de outro traballador, valéndose da súa sinatura, ficha ou tarxeta de control.

8. Neglixencia ou desidia no traballo que afecte a boa marcha deste.

9. A imprudencia no acto do servicio que implique risco grave de accidente ou avaría das instalacións, maquinaria ou vehículos. Poderá considerarse falta moi grave de existir malicia.

10. Realizar sEn o oportuno permiso, traballos particulares na obra, centro de traballo, ou ruta de venDas ou reparto, así como utilizar para os seus usos persoais ferramentas ou vehículos da empresa, tanto dentro como fóra dos locais de traballo.

11. A reincidencia en faltas leves, aínda que sexan de distinta natureza, dentro dun trimestre.

12. O quebranto ou violación do segredo de reserva obrigada, cando se produzan graves prexuízos á empresa.

13. Non advertir inmediatamente os seus xefes de calquera anomalía de importancia que se observe nas instalacións.

14. Os descoidos e erros que se repitan con frecuencia, ou os que orixinen prexuízos á empresa, así como a ocultación maliciosa destes erros á dirección.

15. Falta notoria de respecto ou consideración ó público.

Artigo 69º

Consideraranse faltas moi graves, de modo enunciativo, as seguintes:

1. A simulación de enfermidade ou accidente.

2. A desobediencia ós superiores en calquera materia de traballo cando dela se deriven prexuizos notorios á empresa ou para os demáis traballadores.

3. A disminución voluntaria e continuada no rendemento de traballo.

4. Proporcionar información falsa á dirección ou a calquera superior, en relación co servicio de traballo, salvo no caso evidente de falta de mala fe.

Nese suposto será reputada de leve ou grave segundo a contía do prexuízo ocasionado.

5. Agravar voluntariamente ou con malicia, calquera enfermidade ou accidente.

6. Saír con paquetes ou envoltorios do traballo, negándose a dar conta do seu contido cando o solicitara o persoal encargado desta misión.

7. Os descoidos de importancia na conservación e limpeza de materiais, máquinas, instalacións e vehículos.

8. Máis de dez faltas de puntualidade, non xustificadas, cometidas no período de seis meses.

9. Faltar ó traballo tres ou máis días no prazo de trinta días sen causa xustificada.

10. A fraude, a deslealdade e o abuso de confianza nas xestións encomendadas, o furto e o roubo, tanto ós demais traballadores como á empresa ou calquera persoal, durante estes actos de servicio, ou facer negociacións de comercio ou de industria por conta propia ou doutra persoa sen expresa autorización da empresa.

11. Facer desaparecer, inutilizar, destrozar ou causar desperfectos nas materias primas, pezas elabo

radas, obras, útiles, ferramentas, máquinas, vehículos, aparatos, instalacións, edificios, utensilios, etc., así como expresamente as faltas inxustificadas de productos recibidos na parte de carga para autovenda ou reparto.

12. A condena por delictos dolosos, calquera que sexa a súa natureza, dictada pola autoridade competente.

13. A continua e habitual falta de aseo e limpeza, cando sexa de tal índole que produza queixa xustificada dos seus compañeiros.

14. A embriaguez ou uso de drogas habitual no traballo.

15. Revelar a persoa estraña á empresa datos de reserva obrigada.

16. Viola-lo segredo da correspondencia ou documentos reservados á empresa.

17. Dedicarse as actividades que, evidentemente, impliquen competencia á empresa.

18. Os malos tratos de palabra ou obra ou falta grave de respecto ou consideración ós xefes, familiares, compañeiros de traballo e subordinados.

19. A blasfemia habitual ou con escándalo.

20. Causar accidente grave por imprudencia ou neglixencia inescusable.

21. Abandona-lo traballo en posto de responsabilidade.

22. A reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, dentro do mesmo semestre.

23. O abuso de autoridade por parte dos xefes.

24. A insubordinación no sentido de ameaza ou en forma coercitiva.

25. Orixinar frecuentes e inxustificadas rifas e liortas entre ó persoal.

26. Ó acoso sexual, cando afecte.

Artigo 70º

As sancións que proceda impoñer en cada clase, segundo as faltas cometidas, serán as seguintes:

1. Por faltas leves:

a) Amoestación verbal.

b) Amoestación por escrito.

2. Por faltas graves:

a) Amonestación por escrito.

b) Suspensión de emprego e soldo de tres a quince días.

3. Por faltas moi graves:

a) Amoestación de despedimento.

b) Suspensión de emprego e soldo de quince a sesenta días.

c) Inhabilitación por un período non superior a cinco anos para ascender de categoría.

d) Traslado forzoso a outro centro de traballo da empresa sen dereito a indemnización ningunha.

c) Despedimento.

Sección cuarta. Procedemento

Artigo 71º

Correspóndelle á dirección da empresa a facultade de impoñer sancións por faltas leves, graves, e moi graves dándolle traslado ó comité de empresa. En canto á concesión de premios, aplicarase o disposto neste convenio colectivo.

Artigo 72º

As faltas leves prescribirán ós dez días; as graves ós vinte días, e as moi graves ós sesenta días, a partir da data na que a empresa tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, ós tres meses de cometérense.

Capítulo XIV

Acción sindical

Artigo 73º

Os traballadores dos distintos centros de traballo terán o dereito de representación colectivo e de reunión previsto no título II da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores.

Artigo 74º

Os traballadores terán dereito a participar na negociación colectiva coa dirección da empresa, a través dos seus representantes legais, ben comités de empresa ou delegados de persoal, segundo proceda, conforme dispón o título III da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores.

Artigo 75º

Os traballadores terán, así mesmo, dereito a sindicarse libremente para a promoción e defensa dos seus intereses económicos e sociais, a través das actividades que establece a Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical.

Capítulo IX

Sección primeira. Outras disposicións

Artigo 76º.-Intervención da comisión paritaria en conflictos colectivos.

Será preceptivo, como trámite previo á formulación dun conflicto colectivo nos termos establecidos no Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo, a presentación da cuestión obxecto do conflicto colectivo ante a comisión paritaria.

Artigo 77º.-Cláusula de garantía.

Se durante a vixencia do presente convenio colectivo se producise algún cambio na titularidade dos centros de Aixiña ou transferencia da xestión, a dita modificación non afectará o acordado neste convenio, que terá a consideración de norma mínima.

ANEXO I-A

Táboa salarial por niveis para 1998

NivelSalario base

mensual

(doce pagas)

Pagas extras

(dúas pagas)

Salario base

máis pagas

extras anuais

1162.400162.4002.273.600
2143.000143.0002.002.000
3135.000135.0001.890.000
4128.700128.7001.801.800
5124.600124.6001.744.400
6115.400115.4001.615.600
7104.200104.2001.458.800
897.00097.0001.358.000
992.25092.2501.291.500
1084.00084.0001.176.000
1180.00080.0001.120.000
1273.50073.5001.029.000

ANEXO II-A

Táboa de antigüidade por niveis para 1998

NivelAntigüidade mensual

(catorce pagas)

Antigüidade anual

(un trienio)

17.350102.900
27.150100.100
36.79095.060
46.43590.090
56.23087.220
65.77080.780
75.21072.940
84.85067.900
94.61264.575
104.20058.800
114.00056.000
123.67551.450

ANEXO III-A

Táboa de complementos por postos de traballo

de especial responsabilidade para 1998

NivelCategoría profesionaiMensual

ptas. x 12

Anual

ptas.

1Director-xerente do C.I.S.20.000240.000

2Coordinador de talleres do CEE.10.000120.000
Coordinador de servicios sociais/xerais10.000120.000

3Coordinador comercial e relacións públicas6.00072.000

4Técnico servicios administrativos e/ou persoal6.00072.000

7Sª Admón., Coord. Serv. xerais persoal6.00072.000

8Conductores carné 1ª especial6.00072.000

11Plus calidade producción3.00036.000

12Plus Esp. producción (S.M.I.)6.00072.000

ANEXO IV

Relación de centros de traballo.

1. Centro de traballo: sede social (oficinas e Admón. xeral).

Situación: rúa Pena Trevinca, nº 32, baixo, 32005 Ourense.

Actividade: servicios Adtvos. de talleres e asociativos.

2. Centro de traballo: Residencia Aixiña.

Situación: rúa de Vigo, Edif. Pirsamar, nº 5-1º, 2ª Esc., Sanxenxo (Pontevedra).

Actividade: centro de colonias e actividades de lecer e tempo libre.

3. Centro de traballo: locais de Uma Ibérica, S.A.

Situación: parque tecnolóxico de Galicia-rúa de Vigo, 1 (San Cibrao das Viñas).

Actividade: montaxe e acabado de rodas de bicicleta.

4. Centro de traballo: locais de artesanía e signos.

Situación: estrada Nal. 525, número 7, (Seixalbo).

Actividade: fabricación de artesanía cerámica.

5. Centro de traballo: Centro Integral de Servicios Aixiña.

Situación: área dotacional da finca Sevilla (Ourense).

Actividade: centro para desenvolvemento de áreas de formación, integración laboral e servicios sociais de Aixiña.

ANEXO V

Definición das categorías profesionais.

Centros de servicios sociais.

Grupo A. Persoal de xestión.

1. Coordinador de servicios sociais: é a persoa que coordinará tódolos servicios de orientación, información e xestión que oferte a asociación.

Cando a responsabilidade desta coordinación veña representada polo presidente da asociación ou calquera outra persoa voluntaria, este posto non poderá ser remunerado.

Grupo B. Persoal titulado grao superior.

2. Titulado superior: é o profesional que, baixo a dependencia do coordinador de servicios sociais ou persoa en quen delegue, exerce as funcións propias da súa especialidade.

Grupo C. Persoal tituado grao medio.

3. Diplomado traballo social/asistente social: son aqueles que, estando en posesión do título de grao medio respectivo, desenvolven no seu centro funcións propias da sua profesión en dependencia, así mesmo, da dirección do centro.

4. Terapeuta ocupacional: é o profesional coa titulación adecuada que, baixo a dependencia do director do centro, realiza os tratamentos específicos para a recuperación funcional do minusválido, co fin de obte-lo seu adestramento en actividades da vida diaria.

Grupo D. Persoal técnico.

5. Educador: é o profesional que, en posesión da formación básica de bacharel superior ou formación profesional de segundo grao, ten ó seu cargo a formación e atención a persoal minusválido no referente á hixiene, lecer, tempo libre, talleres, etc... segundo as directrices marcadas pola dirección do centro.

6. Monitor de taller: é o profesional con capacidade e funcións polivalentes que presta servicios complementarios para a atención de minusválidos, ben en talleres ocupacionais como en talleres de laborterapia, en relación á formación profesional ou habilitación persoal que posibilite a recuperación das capacidades operativas da persoa minusválida.

Depende do presidente da entidade ou persoa en que este delegue.

Grupo E. Auxiliares técnicos.

7. Coidador: é o traballador que, con capacidade e funcións polivalentes, presta servicios complementarios para a asistencia e atención do minusválido físico, calquera que sexa o seu grao de minusvalidez, coidando da orde e execución de actividades en tódolos actos do día e da noite, colaborando co educador -se o houbese- en programas de adquisición de hábitos e, incluso, de modificación de conducta, podendo te-la responsabilidade de minusválidos en actividades de aseo persoal, habitacións, coidado hixiénico, alimentación, lecer, tempo libre, excursións, campamentos, atención de rutas de demais funcións asistenciais e de integración que lle sexan encomendadas.

Dependerán do director do centro ou persoa en quen delegue.

8. Auxiliar de coidador ou monitor: son os traballadores que, con coñecementos prácticos da especialidade para a que son contratados desenvolven funcións auxiliares dos coidadores e monitores, para a tención dos minusválidos tanto en centros de día como en residencias.

Dependerán do coidador ou monitor a que se lles asigne ou directamente do director do centro.

Grupo F. Persoal administrativo.

9. Oficial administrativo/secretaria de administración de servicios sociais: son os empregados maiores de vinte anos que actúan ás ordes dun xefe se o houber ou directamente do presidente da asociación, e teñen ó seu cargo un servicio determinado dentro do cal, con iniciativa e responsabilidade, con ou sen empregados ás súas ordes, realizan traballos que requiren cálculos, estudios, preparación e condicións adecuadas, tales como cálculos de estatísticas, contabilidade xeral e aplicada, redacción de correspondencia con iniciativa propia, administración de persoal, de forma manual ou mediante utilización de ordenador, e calquera operación análoga.

10. Auxiliar administrativo: son aqueles empregados que se dedican dentro das oficinas a ope

racións elementais administrativas e en xeral, ás puramente mecánicas inherentes ó traballo daquelas.

Grupo G. Profesionais de oficio.

11. Oficial de primeira: é o operario especializado que realiza os seus traballos con tal grao de perfección que non só permite levar a cabo os que sexan xerais del, senón aqueles outros que supoñen un especial coñecemento, empeño e delicadeza, e sabe ler e interpretar bosquexos e planos complicados e de calquera tipo relacionados co seu traballo e especialidade.

12. Cociñeiro/a: é aquel ou aquela que ten ó seu cargo a preparación do menú, tendo ó seu cargo axudantes de cociña, debendo coida-lo seu debido cumprimento e presentación, así como da orde e limpeza da súa dependencia, dependendo da gobernanta.

13. Oficial de segunda: é o operario que, sen chegar á especialización esixida para o oficial de primeira, executa as da súa especialidade coa a suficiente correción e eficacia. Nesta categoría inclúese o oficial de mantemento, conductor, pintor, xardineiro, etc.

14. Oficial de terceira: é o operario que, colaborando normalmente cos oficiais de primeira e de segunda, executa traballos cualificados que esixen habilidade e coñecemento profesional.

15. Axudante de cociña: é o operario que está ás ordes do cociñeiro/a e o axuda nas súas funcións.

16. Persoal de servicios domésticos: é aquel que ás ordes dos profesionais de oficio que lle correspondan, realiza o seu traballo en comedor, lavandería, costura e limpeza dos centros.

17. Persoal non cualificado: é aquel ó que se lle confían traballos elementais para os cales non se require preparación ningunha nin coñecemento teórico-práctico de ningunha clase, requiríndose predominantemente unha achega de esforzo físico, a atención debida e a vontade de levar a cabo o traballo que se lle ordene, en calquera dependencia do centro de servicios sociais.

18. Aprendiz: é ó persoal que se contrata para a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o desempeño adecuado dun oficio ou un posto de traballo cualificado nos centros de servicios sociais de Aixiña.

19. Porteiro: é aquel que coida dos accesos ós centros e dependencias, controlando as entradas e saídas de persoas, realizando funcións de custodia e vixilancia.

20. Telefonista: establece as comunicacións telefónicas do centro, tanto interiores como exteriores, velando polo bo funcionamento da centraliña.

A contratación deste persoal rexerase polo disposto no Real decreto lei 18/1993, do 3 de decembro (BOE,

do 7), de medidas urxentes de fomento da ocupación, así como polo disposto neste convenio colectivo.

Centro especial de emprego.

Grupo A: Persoal de xestión.

1. Coordinador CEE: é o xestor que, dependendo do director xerente do CIS, ten por misión coordina-las actuacións do persoal técnico de producción dos centros especiais de emprego, co obxecto de darlle unidade organizativa.

Grupo B. Persoal técnico de montaxe de cablerías.

2. Coordinador comercial e relacións públicas: é o xestor que, dependendo do director comercial, ten por misión coordina-las actuacións do persoal mercantil dos centros especiais de emprego, co obxecto de darlle unidade organizativa.

3. Xefe de producción de taller con máis de dez traballadores: é o técnico que, con mando directo sobre os oficiais de primeira, segunda e terceira, ten a responsabilidade do traballo, disciplina e seguridade persoal, de acordo coa organización da sección do montaxe de cablerías do CEE ata o límite en que quede fixada a súa autoridade. A súa actuación está subordinada a motivos prefixados, dentro dos cales, con iniciativa propia, realiza toda clase de estudios de tempos e melloras de métodos, programación, formulacións, inspección, e control de tódolos traballos, estudio e desenvolvemento das técnicas de cualificación e valoración de tarefas, seguridade no traballo, selección e formación de persoal. Poderá exercer de xefe dentro das funcións referentes a utilización de máquinas e maquetas, instalacións e man de obra, proceso, custos e resultados económicos. Depende directamente do presidente da entidade ou persoa na que éste delegue.

4. Oficial primeira: tarefas idénticas ás descritas no grupo G do persoal do centro de servicios sociais. Depende do técnico-responsable do taller.

5. Oficial segunda: tarefas idénticas ás descritas no grupo G do persoal do centro de servicios sociais. Depende do técnico-responsable do taller.

6. Oficial terceira: tarefas idénticas ás descritas no grupo G do persoal do centro de servicios sociais. Depende do técnico-responsable do taller.

Grupo C. Persoal técnico de montaxe de estores.

7. Xefe de producción de taller ata dez traballadores: é o técnico que, con mando directo sobre os oficiais de primeria, segunda e terceira, ten a responsabilidade do traballo, disciplina e seguridade persoal, de acordo coa organización da sección do montaxe de cablerías do CEE ata o límite en que quede fixada a súa autoridade. A súa actuación está subordinada a motivos prefixados, dentro dos cales, con iniciativa propia, realiza toda clase de estudios de tempos e melloras de métodos, programación, formulación, inspección, e control de tódolos traballos, estudio e desenvolvemento das técnicas de cualificación e valoración de tarefas, seguridade no traballo, selección e formación de persoal. Poderá exer

cer de xefe dentro das funcións referentes á utilización de máquinas e maquetas, instalacións e man de obra, proceso, custos e resultados económicos. Depende directamente do presidente da entidade ou persoa na que este delegue.

8. Oficial primeira: tarefas idénticas ás descritas no grupo G do persoal do centro de servicios sociais. Depende do técnico-responsable do taller.

Oficial segunda: tarefas idénticas ás descritas no grupo G do persoal do centro de servicios sociais. Depende do técnico-responsable do taller.

10. Oficial terceira: tarefas idénticas ás descritas no grupo G do persoal do centro de servicios sociais. Depende do técnico-responsable do taller.

Grupo D. Persoal técnico de artesanía.

11. Xefe de producción taller de artesanía: é o técnico que, con mando directo sobre os oficiais de primeira, segunda e terceira, ten a responsabilidade do traballo, disciplina e seguridade persoal, de acordo coa organización da sección do montaxe de cablerías do CEE ata o límite en que quede fixada a súa autoridade. A súa actuación está subordinada a motivos prefixados, dentro dos cales, con iniciativa propia, realiza toda clase de estudios de tempos e melloras de métodos, programación, formulación, inspección, e control de tódolos traballos, estudio e desenvolvemento das técnicas de cualificación e valoración de tarefas, seguridade no traballo, selección e formación de persoal. Poderá exercer de xefe dentro das funcións referentes á utilización de máquinas e maquetas, instalacións e man de obra, proceso, custos e resultados económicos. Depende directamente do presidente da entidade ou persoa na que este delegue.

12. Xefe de producción taller de madeira: é o técnico que, coñecendo as especificacións dentro do taller da madeira, encomenda as funcións concretas que deben realiza-los seus traballadores, sendo responsable inmediato de tódolos traballadores da sección de madeira.

Dependerá do técnico-responsable do taller.

13. Técnico de taller de pintura, estaño e outras tecnoloxías: é o técnico que, coñecendo as especificacións dentro do taller da madeira, encomenda as funcións concretas que deben realiza-los seus traballadores, sendo responsable inmediato de tódolos traballadores da sección de madeira.

Dependerá do técnico-responsable do taller.

14. Oficial de primeira: tarefas idénticas ás descritas no grupo G do persoal do centro de servicios sociais. Depende do técnico-responsable do taller.

15. Oficial de segunda: tarefas idénticas ás descritas no grupo G do persoal do centro de servicios sociais. Depende do técnico-responsable do taller.

16. Oficial de terceira: tarefas idénticas ás descritas no grupo G do persoal do centro de servicios sociais. Depende do técnico-responsable do taller.

Grupo E. Persoal mercantil.

17. Técnico comercial: é o responsable da organización da sección comercial, tendo baixo a súa dirección a todo o persoal desta.

Dependerá do coordinador comercial se o houber e, en defecto deste, do subdirector xeral comercial.

18. Responsable centro de distribución: é quen, ás ordes inmediatas do técnico comercial, está a fronte dun almacén.

Terá ó seu cargo: a recepción, conservación, control e reposición de mercadorías, o rexistro de entrada e saída, ben sexa de provedores ou clientes.

A formalización dos pedidos para mante-lo normal equilibrio no seu stock.

A confección e control da caixa.

A vixilancia, control e mantemento das existencias inventariadas.

19. Vendedor: é o empregado que, o servicio exclusivo de Aixiña e viaxando á ruta previamente establecida que lle está encomendada, ben en sistema de prevenda ou autovenda, realiza as funcións propias de venda, tales como: ofrecer artigos, tomar notas de pedidos, informa-los clientes, transmiti-los encargos recibidos..., coidando do seu cumprimento fóra do tempo dedicado ás viaxes, sen menoscabo da súa dignidade profesional.

Todo iso con iniciativa e responsabilidade propia e co maior grao de profesionalidade esixible na realización do seu cometido.

Depende do técnico comercial e, eventualmente, poderá substituílo nas súas funcións en caso de ausencia temporal deste, se para iso fose requirido pola dirección da empresa.

20. Dependente: é o empregado encargado de realiza-las vendas en establecementos comerciais con coñecementos prácticos dos artigos o despacho dos cales lle está encomendado, en forma que poida orienta-lo público nas súas compras.

Deberá coidar:

O reconto de mercadorías para solicita-la súa reposición en tempo oportuno.

A orde e limpeza dos productos no lugar da súa exposición ó público.

Deberá posuír, ademais, os coñecementos de cálculo mercantil que sexan necesarios para efectura-las vendas.

Todo iso ás ordes do técnico comercial, e co maior grao de profesionalidade esixible na realización do seu cometido, para alcanza-los niveis de rendemento máximos esixibles en función das vendas que se lle encomendan.

Grupo F. Persoal de oficio.

21. Encargado de producción: é o profesional que, ás ordes do técnico de producción e coñecendo tódalas especificacións dentro do taller, organiza o traballo; colabora e resolve problemas de formulación

e estructura do traballo; análise, descrición e especificación de toda clase de tarefas e postos de traballo do taller.

Da mesma maneira, colabora co técnico de producción en orzamentos e deseños e en todas aquelas tarefas da súa especialidade.

Transmitirá os seus coñecementos profesionais ó persoal ó seu cargo conseguindo que sempre estea presente a orde e a calidade profesional e humana dentro do centro de traballo.

22. Oficial de primeira: tarefas idénticas ás descritas no grupo G do persoal do centro de servicios sociais. Depende do técnico-responsable do taller.

23.Oficial de segunda: tarefas idénticas ás descritas no grupo G do persoal do centro de servicios sociais. Depende do técnico-responsable do taller.

24. Oficial de terceira: tarefas idénticas ás descritas no grupo G do persoal do centro de servicios sociais. Depende do técnico-responsable do taller.

25. Conductor: é quen, pola índole do seu traballo, conduce un vehículo sen axudante para a carga, descarga, e entrega de mercadorías, tendo coñecementos suficientes para efectuar pequenas reparacións de mecánica.

Así mesmo, será responsable da carga ata a súa entrega, ó igual que dos cobros das facturas que sexan de contado.

Colaborará co vendedor no peche da operación ante o cliente, se fose necesario.

Informará o cliente sobre o producto, recollerá calquera tipo de demanda deste e presentaraa ante a empresa.

Todo iso con maior grao de profesionalidade esixible na realización do seu cometido.

Dependerá directamente do responsable do centro de distribución, baixo a supervisión e control do técnico comercial.

26. Axudante: é o profesional que, ás ordes dun oficial de primeira ou de segunda, realizará cantas tarefas lle sexan encomendadas con habilidade e destreza, sendo estes os que o orienten nos traballos de maior complexidade.

Nos momentos de dificultade deberá ser atendido por un oficial de superior categoría ou responsable de sección.

27. Peón especializado: esixe unha responsabilidade particular e coñecemento profesional, que non pode ser conseguido máis que por unha intensa práctica da responsabilidade ou por un aprendizaxe metódica.

Realizará as funcións propias da súa especialidade con habilidade consumada, espírito de iniciativa e completa responsabilidade, pero considerase que debe ser axudado por un oficial de segunda ou primeira para executa-los traballos típicos dos oficios con completa habilidade.

No momento en que atope dificultades deberá ser atendido por un oficial de superior categoría ou responsable de sección.

28. Peón ordinario: é o operario que ás ordes dun superior, realiza certas operacións dentro de calquera sección para as que principalmente se require esforzo físico, cooperando cos oficiais nas tarefas que lles encomenden.

29. Auxiliar de taller: é o operario que, ás ordes dun monitor de taller, realiza labores de manipulado en calquera das seccións do centro especial de emprego, colaborando cos peóns ordinarios ou especializados.

30. Peón non cualificado: e o operario que, realizando as mesmas funcións que o peón ordinario, ten unha maior limitación para esforzos físicos, así como menor rendemento laboral que aquel.

31. Aprendiz: é o persoal que se contrata para a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o desenvolvemento adecuado dun oficio ou un posto de traballo cualificado no centro especial de emprego de Aixiña.

A contratación deste persoal rexerase polo disposto no Real decreto lei 18/1993, do 3 de decembro (BOE, do 7), de medidas urxentes de fomento da ocupación, así como polo disposto no convenio colectivo.

Servicios xerais.

Grupo A. Persoal de xestión.

1. Coordinador de servicios xerais do CIS: é o xestor que, dependendo da dirección-xerencia, ten por misión coordina-las actuacións do persoal técnico de Aixiña para consegui-la unidade de xestión administrativa en tódolos centros e actividades que xestiona a asociación.

Grupo B. Persoal técnico titulado.

2. Técnico de servicios admnistrativos: é quen, dispondo da titulación académica media ou superior e ás ordes inmediatas do coordinador de servicios administrativos, ten a responsabilidade da planificación administrativa xeral de Aixiña, e organiza o traballo do persoal administrativo dos centros e actividades da asociación.

3. Técnico de servicios de persoal: é quen, ás ordes do subdirector xeral enocómico-financeiro, e dispondo de titulación media ou superior adecuada, ten a responsabilidade do bo funcionamento da administración de persoal de Aixiña, así como a súa organización. Deberá estar ó día da lexislación e disposicións oficiais que se dicten en materia laboral e de servicios sociais, así como o seu seguimento para a elaboración de nóminas, seguros sociais, IRPF, contratos, altas e baixas na Seguridade Social, expedientes de solicitudes de subvencións de centros especiais de emprego e de servicios sociais e informes de persoal, tanto contratado como asistido por Aixiña.

4. Secretaria técnica: é a que, estando en posesión da titulación académica mínima de diplomado universitario e baixo a dependencia do coordinador de

servicios xerais de Aixiña, realiza a execución técnica dos asuntos que competen a responsabilidade da secretaría xeral da asociación e, eventualmente, colabora na xestión de recursos humanos e relacións externas de Aixiña.

Grupo C. Auxiliares técnicos.

5. Xestor social: é o traballador que, baixo a dependencia do técnico de secretaría, se o houber, ou do secretario xeral, se non houbese aquel, presta servicios de xestión para despacho dos asuntos da competencia da secretaría xeral no proceso de información e documentación de tódolos asuntos que lle sexan expresamente delegados.

6. Secretario/a de administración, coordinación e servicios xerais de persoal: é o traballador que terá ó seu cargo a elaboración de contratos de persoal, altas e baixas dos traballadores dos centros, elaboración e confección de modelos TC1, TC2, TC2/1, TC2/2, nóminas de persoal e outras incidencias relacionadas con funcionamento do persoal de tódolos centros, contando co asesoramento dos técnicos de servicios administrativos e servicios de persoal.

Dependerá do técnico de servicios de persoal.

7. Oficial administrativo de primeira: é o que ten ó seu cargo unha sección determinada dentro da cal, con iniciativa e responsabilidade, realiza traballos que requiren preparación e especialidade, resolvendo cantos problemas xurdan na súa execución.

Así mesmo, debe posuír coñecementos técnicos e prácticos sobre máquinas contables, dada a complexidade destas, na súa técnica e sistemas.

Grupo D. Persoal administrativo.

8. Oficial administrativo de segunda: é o empregado que, con iniciativa e responsabilidade, realiza traballos que requiren coñecementos xerais administrativos, contabilidade, correspondencia, organización de arquivos e ficheiros, redacción de facturas, etc.

Así mesmo, debe posuír coñecementos técnicos e prácticos sobre máquinas contables, dado a complexidade destas nas súas técnicas e sistemas.

9. Auxiliar administrativo: é quen, con coñecementos xerais de índole administrativa, auxilia os oficiais e técnicos na execución de traballos, e que con pulcritude e correción realiza funcións de mecanografía, arquivo, comprobación de contas, confección de facturas, así como introducción de datos en máquinas con procesos informáticos.

10. Aprendiz: é o persoal que se contrata para a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o desempeño adecuado dun oficio ou un posto de traballo cualificado nos servicios administrativos de Aixiña.

A contratación deste persoal rexerase polo disposto no Real decreto lei 18/1993, do 3 de decembro (BOE, do 7), de medidas urxentes de fomento da ocupación, así como polo disposto no convenio colectivo.

Grupo E. Profesionais de oficio.

11. Encargado: é o profesional que, con mando directo sobre tódolos profesionais de oficio adscritos á súa actividade, ten a responsabilidade do bo funcionamento de tódalas instalacións do centro, así como do cumprimento do plan de evacuación e seguridade do centro.

Dependerá directamente do director xeral adxunto.

12. Conductor carné 1ª especial: é o profesional que ten a responsabilidade de realizar todo tipo de traslados e saídas especiais en calquera tipo de vehículo especialmente autobuses, para desprazamento do persoal de tódolos centros.

13. Oficial de primeira: igual que oficial de primeira de servicios sociais.

14. Oficial de segunda: igual que oficial de segunda de servicios sociais.

15. Oficial de terceira: igual que oficial de terceira de servicios sociais.

16. Persoal mantemento servicios xerais: é aquel ó que se lle encomendarán traballos de mantemento xeral e control das instalacións dos centros.

17. Persoal de servicios domésticos: igual que en servicios sociais.

18. Persoal non cualificado: igual que en servicios sociais.

Grupo F. Persoal subalterno.

19. Porteiro: igual que en servicios sociais.

20. Vixilante e garda: é aquel que ten encomendada a vixilancia e garda das instalacións do centro en horario nocturno.

21. Recepcionista e telefonista: é a persoa que ten a cargo a recepción e telefonía do centro, velando polo bo funcionamento da centraliña.

22. Reprógrafo: é o/a operario/a que ten ó seu cargo a fotocopiadora do centro, executando os traballos que se lle encarguen conforme as instruccións administrativas que reciba.

23. Persoal non cualificado: é o que colabora en tarefas elementais con outro persoal subalterno do centro, requiríndose principalmente unha achega de esforzo físico, a atención debida e a vontade de levar a cabo o traballo.

ANEXO I

Táboa salarial por niveis para 1997

NivelSalario base

mensual

(doce pagas)

Pagas extras

(dúas pagas)

Salario base

máis pagas

extras anuais

1159.000159.0002.226.000
2140.000140.0001.960.000
3133.000133.0001.862.000
4126.000126.0001.764.000
5122.000122.0001.708.000

NivelSalario base

mensual

(doce pagas)

Pagas extras

(dúas pagas)

Salario base

máis pagas

extras anuais

6113.000113.0001.582.000
7102.000102.0001.428.000
895.00095.0001.330.000
990.00090.0001.260.000
1082.00082.0001.148.000
1178.00078.0001.092.000
1270.00070.000980.000

ANEXO II

Táboa de antigüidade por niveis para 1997

NivelAntigüidade mensual

(catorce pagas)

Antigüidade anual

(un trienio)

17.00098.000
27.00098.000
36.65093.100
46.30088.200
56.10085.400
65.65079.100
75.10071.400
84.75066.500
94.50063.000
104.10057.400
113.90054.600
123.50049.000

ANEXO III

Táboa de complementos por postos de traballo

de especial responsabilidade para 1997

NivelCategoría profesionaiMensual

ptas. x 12

Anual

ptas.

1Director-xerente do C.I.S.20.000240.000

2Coordinador de talleres do CEE.10.000120.000
Coordinador de servicios sociais/xerais10.000120.000

3Coordinador comercial e relacións públicas6.00072.000

4Técnico servicios administrativos e/ou persoal6.00072.000

7Sª Admón., Coord. Serv. xerais persoal6.00072.000

8Conductores carné 1ª especial6.00072.000

11Plus calidade producción3.00036.000

12Plus Esp. producción (S.M.I.)6.00072.000

7518