Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 09 de setembro de 1998 Páx. 10.084

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (243/1995).

Eu, Rosa Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial,

Fago saber: que no xuízo verbal, número 243/1995, promovido por Rosa María Pérez Regueira, co DNI/CIF domiciliado en Canteira de Arriba nº 13 - 2º C (San Lázaro - Santiago de Compostela), representada pola procuradora dos tribunais María Soledad Sánchez Silva, contra José Antonio Borona Consuelo e Cía Victoria Meridional, se dictou a seguinte sentencia, co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia: en Santiago de Compostela o vintetrés de novembro de mil novecentos noventa e seis.

Vistos por Rosa Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal civil número 243/1995, sobre danos con ocasión da circulación, nos que foi parte demandante Rosa María Pérez Regueira, maior de idade, baixo a representación procesual da procuradora Sánchez Silva, e coa defensa letrada de Ramón García Seara; aparecendo como parte demandada José Antonio Borona Consuelo, maior de idade, en situación procesual de rebeldía; demandada igualmente a entidade aseguradora Victoria Meridional, baixo a representación procesual do procurador García-Piccoli Atanes, e a defensa letrada de Francisco Vispo Peiteado (seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido: que estimando a demanda presentada por Rosa María Pérez Regueira, debo condenar e condeno, conxunta e solidariamente a José Antonio Borona Consuelo, e a entidade aseguradora Victoria Meridional a que indemnicen á parte demandante na cantidade de 45.874 pesetas. A dita cantidade devengará un xuro do 20% desde a data de producirse o sinistro, por conta da entidade aseguradora condenada, con expresa imposición de custas ós demandados conxunta e solidariamente. Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a José Antonio Borona Consuelo, demandado rebelde, expido, asino e selo o presente edicto en Santiago de Compostela o vintenove de xullo de mil novecentos noventa e oito.

A maxistrada

Rubricado

7441