Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 09 de setembro de 1998 Páx. 10.083

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (17/1994).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no xuízo verbal seguido neste xulgado co número 17/1994 por instancia de Beiersdorf S.A. contra Empresa Monforte S.A., Arsenio Marín Cao e Mercurio S.A., cítase a Empresa Monforte S.A., Arsenio Marín Cao e Mercurio S.A., dictouse a seguinte sentencia, da que o encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentencia: en Santiago de Compostela o catorce de xullo de mil novecentos noventa e seis.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do seu partido, os presentes autos de xuízo verbal civil nº 17/1994, sobre danos con ocasión da circulación, no que foi parte demandante a entidade Beierdorf S.A., baixo a representación procesual da procuradora Sánchez Silva, e coa defensa letrada de Roberto Botana Castro, na que aparece como parte demandada Arsenio Marín Cao, maior de idade, a entidade Empresa Monforte S.A., en situación procesual de rebeldía, e demandada igualmente a entidade aseguradora Mercurio S.A., baixo a representación procesual do procurador Gómez Marín, e coa defensa letrada de Celestino Gesto Alonso.

Decido:

Que, desestimando a demanda presentada pola entidade Beierdorf S.A., contra Arsenio Marín Cao, a entidade Empresa Monforte S.A., e a entidade aseguradora Mercurio S.A., debo absolver e absolvo os demandados da pretensión contra eles deducida, con expresa imposición de custas á demandante. Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lles sirva de notificación a Arsenio Marín Cao e Empresa Monforte S.A., ós demandados rebeldes, expido, asino e selo o presente edicto en Santiago de Compostela o dez de xullo de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

7442