Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 09 de setembro de 1998 Páx. 10.083

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (111/1998).

Eu, José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que nos autos de xuízo executivo número 111/1998, se dictou sentencia con data do 8 de xullo de 1998, da que o encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Vistos, por José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo executivo, seguidos neste xulgado baixo o número 111 de 1998, entre partes, dunha como demandante, a Caixa de Aforros de Galicia, representada en autos pola procuradora Losada Gómez, coa dirección da letrada Quintás Fernández, e doutra como demandados, María Luisa Pedrouso Montero, Manuela Tomé Esparís e os herdeiros descoñecidos e incertos de Manuel Freire Tomé, incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, sobre póliza de préstamo.

Decido: con estimación total da demanda executiva, disponse que siga a execución adiante contra Manuela Tomé Esparís, María Luisa Pedrouso Montero e os herdeiros descoñecidos e incertos de Manuel Freire Tomé, que son condenados de maneira conxunta e solidaria a lle aboaren a Caixa de Aforros de Galicia, S.A. a cantidade de 1.565.087 pesetas de principal, mailos xuros devengados, segundo pacto, desde a data do peche de liquidación (11 de novembro de 1997), e mailas custas que se lles impoñen, facendo remate dos bens dos demandados referidos, ata o cumprido pagamento das cantidades fixadas ou por determinar en execución.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, facéndolles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días, para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

E para que lles sirva de notificación ós demandados Manuela Tomé Esparís, María Luisa Pedrouso Montero e ós herdeiros descoñecidos e incertos de Manuel Freire Tomé, expido o presente edicto que asino e selo en Santiago de Compostela o quince de xullo de mil novecentos noventa e oito.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

7440