Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 09 de setembro de 1998 Páx. 10.084

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (68/1998-4).

En virtude do acordado polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en providencia da data do 26 de xuño de 1998, dictada en expediente de dominio que se segue neste xulgado co número 68/1998-4 por instancia de María Golán Quintas, para facer constar no Rexistro da Propiedade a continuación do tracto sucesivo interrompido en forma tal que a súa descrición sería a seguinte:

«Casa número trinta e dous moderno (vintecatro antigo) da rúa do Franco; composta de planta baixa, dous pisos altos e un terceiro abufardado, cunha fronte de catro metros noventa e cinco centímetros á dita rúa, colocada entre dúas medianeiras, coa súa horta unida á fachada posterior polo respaldo e pechada sobre si con muralla ó norte e oeste, con porta de saída, por este último aire, ás esterqueiras ou rúa Entrecercas. Ocupa o soar da casa entre as súas fachadas, dezaseis metros e seis centímetros de longo, por catro metros oitenta e oito centímetros de largo, termo medio, entre as súas paredes medianeiras, que fan oitenta e tres metros cadrados de superficie, e coas paredes: noventa e seis metros cadrados; e a referida horta abarca a extensión dunha área doce centiáreas setenta e catro decímetros cadrados, que supón vintecinco metros, vinteoito centímetros de longo por catro con corenta e seis de largo, termo medio.

Linda: esquerda entrando ou sur, coa casa número trinta e catro da mesma rúa, de José María Cepedano, hoxe propiedade de Melania Nine; dereita ou norte, coa número trinta de Joaquín Rodríguez Fernández, hoxe herdeiros de Francisco García del Villar; fronte ou oeste, a rúa; fondo, leste, a horta que linda coa rúa de Entrecercas.

A horta vai en aberto polo sur coa da citada casa número trinta e catro.

Parte da horta está suxeita a expropiación conforme a Lei de soares».

Polo presente edicto cítase a cantas persoas ignoradas poida afectar este expediente e prexudica-la inscrición que se solicita, co fin de que no termo de dez días a partir da publicación deste edicto poidan comparecer no referido expediente para alegaren canto no seu dereito conveña, para a pretensión formulada.

Conforme o disposto no artigo 201, regra terceira, da Lei hipotecaria, e en cumprimento do ordenado na dita resolución, faise pública para os oportunos efectos.

Santiago de Compostela, vinteseis de xuño de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado

7394