Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 09 de setembro de 1998 Páx. 10.085

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (298/1993).

Eu, Gonzalo Javier Cabaleiro de Saa, secretario substituto do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela.

Fago saber: que en virtude do acordado en autos de xuízo executivo nº 298/1993, sobre reclamación de cantidade, no que foi demandante Banco Central Hispanoamericano S.A. e demandado Dodro Fruit S.L., Georgino Otero Rodríguez e José Manuel Otero Rodríguez, sendo a contía do asunto a de 5.468.959 pesetas de principal, máis 3.500.000 pesetas calculadas para xuros, gastos e custas. Notifícolle a mellora do embargo dos seguintes bens: vehículo marca Nissan, matrícula C-4102-AX, propiedade de Dodro Fruit, S.L.

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado Dodro Fruit, S.L., Georgino Otero Rodríguez e José Manuel Otero Rodríguez, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o 24 de xullo de 1998.

O secretario

Rubricado

7355