Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 07 de setembro de 1998 Páx. 10.034

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (516/1997).

Eu, Gonzalo-Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de Xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifico: que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de xuízo de separación número 516/1997, da que o encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentencia. «Na cidade de Santiago de Compostela o vintesete de maio de mil novecentos noventa e oito.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, viu os presentes autos de proceso de familia, sobre separación, seguidos neste xulgado baixo o número 516/1997, por instancia de María del Mar Rey Suárez, representada pola procuradora Fernández Rial López e defendida polo letrado Sánchez-Brunete Varela contra Santiago Torres Cidranes, en situación procesual de rebeldía, e sendo parte o Ministerio Fiscal.

Decido: que debo estimar e estimo a demanda de separación interposta pola procuradora Fernández Rial López en nome e representación de María del Mar Rey Suárez, contra o seu esposo Santiago Torres Cidranes, declarado en rebeldía procesual, decretando a separación conxugal de ambos esposos e atribuíndolle a esposa e vivenda e enxoval familiar, e a patria potestade en exclusiva sobre os fillos, sen que o pai teña dereito ningún, polo momento, de visitas e comunicación sobre eles.

Non se fai condena en canto ás custas procesuais.

Notifíqueselle a presente sentencia ó demandado declarado rebelde, ningunha das formas legalmente previstas.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación no termo de cinco días, ante este xulgado.

Unha vez firme líbrese oficio ó Rexistro Civil correspondente co fin de que se proceda á súa inscrición marxinal.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia anterior foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e para que lle sirva de notificación en forma ó demandado en situación procesual de rebeldía, Santiago Torres Cidranes, en paradoiro descoñecido, expido e asino a presente cédula de notificación en Santiago de Compostela o dezaséis de xullo de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado

7140