Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 07 de setembro de 1998 Páx. 10.034

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (63/1998-10).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 63/1998-10 por instancia de Fernando Vidal Salgado contra Fernando Caballero Salgado, nas actuacións do cal se dictou a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva di literalmente:

Sentencia. En nome de El-Rei.

En Santiago de Compostela o 9 de xullo de 1998.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade, dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido ante este xulgado coa referencia número 63/1998 no que actuaron, como partes, como denunciantes Fernando Vidal Salgado e como denunciado Fernando Tomás Caballero Salgado.

Foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo absolver e absolvo da falta que se lle imputa a Fernando Tomás Caballero Salgado, con declaración de custas de oficio.

Contra esta sentencia poderán interpor os interesados recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial no prazo de 5 días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se expondrán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal en que se basee a impugnación, e fixarase domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaracióin de nulidade do xuízo por infracción das normas legais ou constitucionais, citaranse as que se consideren infrinxidas e se expresarán as razóns da indefensión.

Así mesmo, deberá acreditarse terse pedido a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, salvo no caso de que se tiveran cometido no momento en que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización o recorrente poderá pedi-la práctica de probas que non puido propoñer en primeira instancia, das probas propostas que lle foron indebidamente denegadas, sempre que formulara a oportuna reserva, e das admitidas que noin foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expoñendo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Lévese testemuña literal ós autos da súa razón e quede o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

E para que conste e sirva de notificación a Fernando Vidal Salgado, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o quince de xullo de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado

7164