Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 07 de setembro de 1998 Páx. 10.035

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (458/1996).

En autos de menor contía co número 458/1996 por instancia de José Antonio Carlos García García contra a Comunidade Autónoma de Galicia, Consellería de Economía e Facenda sobre menor contía, dictouse a resolución do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela o tres de xullo de mil novecentos noventa e oito.

Por presentado o anterior escrito polo letrado da Xunta de Galicia, únaselles ós autos da súa razón. Visto o interesado, acórdese expedir edicto para emplaza-las persoas descoñecidas e incertas que puidesen ter interese neste preito e sinálese o prazo de dez días para comparecer no xuízo conforme determina o artigo 683 da LAC, e de compareceren concederáselles outros dez días para contestar.

Expídase o oportuno edicto que se publicará no DOG».

E como consecuencia do ignorado paradoiro da/das persoas descoñecidas e incertas que puidesen ter interese neste preito, expídese este para que sirva de cédula de notificación e emprazamento en Santiago de Compostela, o tres de xullo de mil novecentos noventa e oito.

O/a secretario/a

Rubricado

8078