Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 07 de setembro de 1998 Páx. 10.024

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do comercio de alimentación da provincia da Coruña.

Visto o expediente do convenio colectivo do comercio de alimentación da provincia da Coruña que tivo entrada nesta delegación provincial o día 10-7-1998, subscrito en representación da parte económica pola asociación empresarial ASAC e da parte social polos sindicatos CC.OO., USO, UGT e FETICO o día 8-7-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982,

do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no Libro Rexistro de Convenios Colectivos de Traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de xullo de 1998.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo do comercio

de alimentación da Coruña

Artigo 1º.-Ámbito.

a) Territorial: o presente convenio colectivo é de aplicación en toda a provincia da Coruña.

b) Funcional: o presente convenio colectivo é de aplicación en tódalas empresas adicadas ó comercio de alimentación, como son as empresas encadradas nas agrupacións de almacenistas de alimentación; detallistas de ultramarinos e similares (ultramarinos, comestibles, chacinerías, friamerías e xamonerías); supermercados e autoservicios; cooperativas de consumo e economatos laborais; así como as empresas pertencentes as agrupacións de caramelos e chocolates, torrefactores do café e, en xeral, para todo o comercio detallista que en razón da verdadeira actividade que desenvolve, debe figurar encadrado neste convenio colectivo.

c) Persoal: o presente convenio colectivo afecta a tódolos traballadores das empresas incluídas no ámbito funcional.

Artigo 2º.-Vixencia.

A duración do presente convenio será desde o 1 de xaneiro de 1998 ata o 31 de decembro do 2000.

Artigo 3º.-Denuncia e os seus efectos.

A denuncia do convenio entenderase validamente efectuada por calquera das partes sempre que medie comunicación por escrito a outra parte antes do último mes de vixencia ordinaria do convenio.

Producida a denuncia do convenio, nos termos establecidos no parágrafo primeiro, as partes comprométense a constituí-la comisión negociadora na segunda quincena do mes de xaneiro, e inicia-la negociación efectiva na primeira quincena do mes de febreiro inmediatamente seguintes.

Artigo 4º.-Organización do traballo.

A ordenación do traballo é facultade do empresario, ou persoa en quen este delegue, que debe exercerse con suxeición ó establecido no presente convenio e demais normas aplicables.

O traballador está obrigado a cumpli-las ordes e instruccións do empresario no exercicio regular das súas facultades directivas, debendo executar cantos traballos, operacións ou actividades se lle ordenen dentro do xeral cometido da súa categoría profesional.

A dirección da empresa informará os representantes dos traballadores dos sistemas de racionalización, automatización e modernización que xulgue necesarios, así como os métodos que poidan conducir a un progreso técnico e económico da empresa, sen prexuízo da formación profesional que tódolos empregados teñen o deber e o dereito de completar mediante a aprendizaxe teórica e práctica e o estudio persoal.

Artigo 5º.-Clasificación do persoal.

O persoal ó servicio das empresas afectadas por este convenio colectivo queda encadrado nalgúns dos seguintes grupos profesionais en función das súas titulacións académicas, aptitudes profesionais e contido xeral da prestación laboral requirida.

As definicións contidas para cada grupo profesional non son exhaustivas senón meramente enunciativas.

Grupo I. Están comprendidos neste grupo aqueles traballadores que coordinan, dirixen, establecen e crean políticas xerais, prácticas normativas e procedementos amplos, con alto grao de autonomía a partir de directrices xerais. Exercen a supervisión a través de mandos intermedios, co fin de consegui-los obxectivos operacionais marcados.

Grupo II. Están comprendidos neste grupo aqueles traballadores dos que a actividade se desenvolve baixo especificacións precisas e con certo grao de autonomía, podendo coordina-lo traballo dun equipo, e para o desenvolvemento da cal se require unha pericia ou habilidade sistemática en actividades e/ou procesos técnicos, comerciais, informáticos ou administrativos, estando ou non estandarizados.

Grupo III. Están comprendios neste grupo aqueles traballadores en postos que se executan baixo instruccións concretas con dependencia xerárquica e funcional total. Esíxese o coñecemento total do seu oficio, e as funcións poden implicar incomodidade temporal ou esforzo físico.

A precedente definición de grupos profesionais, non implica a derogación das categorías profesionais e a súa definición funcional contidas na vixente ordenanza laboral de comercio.

Así mesmo créase o chamado salario de promoción para as categorías profesionais integradas nos niveis IIIC e IIIB, coas seguintes contías e criterios de aplicación:

-Os traballadores do nivel IIIC pasarán a cobra-lo salario de promoción, da que a contía coincidirá co nivel retributivo IIIB cando acrediten unha antigüidade na empresa de catro anos no ano 1998, ou de 3 anos no ano 1999 e seguintes.

-Os traballadores do nivel IIIB pasarán a cobra-lo salario de promoción, da que a contía coincidirá co nivel retributivo IIIB máis 2.000 ptas. cando acrediten unha antigüidade na empresa clasificados no dito nivel, de sete anos no ano 1998, ou de seis anos no ano 1999, ou de cinco anos para o ano 2000 e seguintes.

Artigo 6º.-Período de proba.

O ingreso entenderase provisional mentres non se teña cumprido o período de proba que, para cada grupo profesional dos enumerados no artigo 5, detállase a continuación:

Grupo I: seis meses.

Grupo II: tres meses.

Grupo III: un mes.

No suposto de que a duración do contrato dun traballador do grupo terceiro sexa igual ou inferior a oito meses, o período de proba será de 15 días.

Artigo 7º.-Modalidades de contratación.

a) Contratos de formación.

Poderán efectuarse contratos de formación para tódalas categorías profesionais, excepto para as de mozo e mozo especializado.

Poderanse celebrar contratos de formación con traballadores maiores de dezaseis e menores de vinte anos, ambos inclusive.

O salario de contratación destes traballadores será igual ó 90% e 95% do salario base da súa categoría profesional e do plus de transporte durante, respectivamente o primeiro e o segundo ano de vixencia do contrato.

b) Contratos en prácticas.

A retribución dos traballadores cun contrato en prácticas será do 85% ou do 95% do salario base da súa categoría profesional e do plus de transporte durante, respectivamente, o primeiro ou segundo ano de vixencia do contrato.

c) Contratos eventuais por circunstancias do mercado.

De conformidade co establecido no artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores, poderán celebrarse cunha duración máxima de 13,5 meses nun período de 18 meses.

d) Contratos de obra ou servicio determinado.

De conformidade co establecido no artigo 15.1º a) do Estatuto dos traballadores aprobado polo Real decreto 1/1995, en aras a unha menor precarización da contratación, buscando a repercusión positiva sobre o emprego derivada do actual ciclo económico, e conscientes do proceso de reestructuración no que se encontra inmerso o sector do comercio (fusións e adquisicións entre empresas, chegada de novos operadores nacionais e internacionais, disposicións lexislativas sobre liberación do sector, etc...), os asinantes deste convenio constatan a necesidade de, ademáis dos contidos xerais, identificar como traballos ou tarefas con substantividade propia, dentro da actividade normal das empresas do sector, que poden cubrirse con contratos para a realización dun servicio determinado, os seguintes:

-As campañas específicas, a consolidación comercial nos casos de creación ou ampliación dun establecemento, as feiras, exposicións, vendas especiais, promocións de productos ou servicios propios ou de terceiros, os aniversarios e outras tarefas comerciais que presenten perfiles propios e diferenciados do resto da actividade.

Nos casos de creación ou ampliación de establecementos comerciais, entenderase consolidado un establecemento cando a súa conta de explotación dé resultados positivos en polo menos dous exer

cicios seguidos, ou, en todo caso, transcorridos tres anos desde o momento da súa creación ou ampliación. Estos casos terán que estar necesariamente ligados a inversións económicas cuantificadas, e sempre serán xeneradores de creación de emprego.

A duración máxima destos contratos será, polo tanto, de tres anos.

e) Fomento da contratación indefinida.

As empresas rexidas polo presente convenio comprométense a transformación en contratos indefinidos, dun 10% cada un dos tres anos de vixencia do convenio, da contratación temporal anual media ponderada en cada empresa.

Esta información será facilitada anualmente a comisión paritaria do convenio. No caso de que unha empresa non cumpra este compromiso de contratación, ata que non solucione este incumprimento, non poderá efectuar contratos eventuais superiores a seis meses, nin poderá realizar contratacións de obra ou servicio para a consolidación de establecementos comerciais.

Así mesmo, de acordo co establecido na letra b) do apartado 2 da disposición adicional primeira da Lei 63/1997, ámbalas partes coinciden en que durante toda a vixencia deste convenio (1998-2000), será posible a conversión de tódolos contratos temporais celebrados durante a vixencia deste convenio no contrato para o fomento da contratación indefinida regulado pola dita disposición.

Artigo 8º.-Mobilidade xeográfica.

a) Desprazamento: as empresas poderán desprazar o seu persoal a outros centros de traballo distintos a aquel en que presten os seus servicios fundamentando o dito desprazamento en razóns técnicas, organizativas, de producción ou de contratación.

b) Traslado: enténdese por traslado o desprazamento a outro centro de traballo que implique un cambio de domicilio. Enténdese que un desprazamento implica cambio de domicilio cando o centro de traballo de novo destino diste a máis de 40 quilómetros do seu centro actual ou do seu domicilio actual.

Para os supostos de traslados de persoal polos motivos recollidos na lei, establécense os seguintes mecanismos:

-Negociación preceptiva coa representación legal dos traballadores.

-Intervención dos mecanismos do AGA, e se é o caso de desacordo da comisión paritaria.

-Recuperación do posto de traballo anterior no caso de laudo ou setencia favorable.

-Preaviso de 45 días.

-Prazo de incorporación ó novo centro de traballo de 30 días.

-Os traslados non terán unha duración inferior a 12 meses nun período de tres anos.

-Se por traslado un dos cónxuxes cambia de residencia, o outro, se fose traballador da mesma empresa terá dereito ó traslado a mesma localidade.

Os casos de traslado darán lugar ó devengo polo traballador trasladado dos seguintes conceptos compensatorios:

-Billete para o traballador e os familiares que vivan ás súas expensas.

-Transporte de mobiliario, roupa e utensilios do seu fogar.

-Indemnización consistente en dúas veces o salario base mensual da súa categoría profesional, nun único pagamento.

-Compensación durante doce meses da diferencia do custo da vivenda en aluguer (vivenda das mesmas características).

-Notificada a decisión de traslado, o traballador poderá optar pola extinción do seu contrato percibindo unha indemnización de 25 días de salario por ano de servicio, rateándose por meses os períodos inferiores a un ano, e cun máximo de 12 mensualidades.

Artigo 9º.-Estructura salarial.

A estructura de retribucións neste convenio represéntase e defínese de acordo co seguinte:

a) Salario base de grupo: retribución establecida por cada grupo profesional e nivel retributivo.

b) Complementos do salario: cantidades que se é o caso deben adicionarse ó salario base do grupo por algúns dos seguintes conceptos:

-Persoais: antigüidade.

-Por calidade ou cantidade de traballo: horas extras, pluses, etc.

-De vencemento superior ó mes: pagas de beneficios, xullo e Nadal.

-Devengos non salariais: plus de transporte.

Artigo 10º.-Salario hora profesional.

Para a súa determinación teranse en conta os seguintes conceptos:

a) Salario base.

b) As pagas extraordinarias de beneficios, xullo e Nadal.

c) Antigüidade tal como se pacta no convenio.

d) Pluses de natureza salarial.

Os conceptos anteriores refírense as xornadas máximas de traballo anual, establecida co seguinte baremo:

-Durante 1998: 1.820 horas.

-Durante 1999: 1.816 horas.

-Desde o ano 2000: 1.812 horas.

Artigo 11º.-Gratificacións extraordinarias.

Aboaranse tres pagas extras que se farán efectivas nos días laborables inmediatamente anteriores ó 22

de xullo e 22 de decembro, e a de beneficios que se fará efectiva dentro do primeiro trimestre do ano.

A contía das tres pagas será de 30 días de salario real.

Artigo 12º.-Plus de transporte.

Establécese o plus de transporte cunha cantidade de pesetas mensuais para axudar a gastos de desprazamento aboadas en 12 pagas, co seguinte baremo:

-Durante 1998: 7.308 ptas.

-Durante 1999: 7.600 ptas.

-Durante 2000: 7.847 ptas.

Por razón da súa natureza non salarial, este plus non será absorbible nin compensable en ningún concepto.

Artigo 13º.-Plus de antigüidade.

O plus de antigüidade aboarase conforme o importe do cuadrienio fixado para cada grupo profesional e nivel retributivo nas táboas salariais anexas. Mantense vixente o sistema actual ata o 30 de novembro do ano 2000. Nese momento, os cuadrienios devengados máis a parte proporcional daqueles que se encontre en período de devengo, converteranse nun complemento persoal non compensable nin absorbible, e non se seguirán xerando novas retribucións por antigüidade, nin para os traballadores contratados nesa data, nin para os que se contraten con posterioridade á dita data.

Artigo 14º.-Xornada de traballo.

A xornada máxima de traballo queda establecida co seguinte baremo:

-Durante 1998: 1.820 horas.

-Durante 1999: 1.816 horas.

-Desde o ano 2000: 1.812 horas.

Se como consecuencia dalgunha norma de carácter xeral e rango superior se decretase a reducción da xornada, reducirase, nos termos que estableza a dita norma, a xornada establecida no presente convenio.

Así mesmo establécese o peche dos establecementos comerciais ás 20 horas, os días 24 e 31 de decembro.

Respectando o número de horas anuais de traballo convidas, así como os períodos mínimos de descanso diario ou semanal, cada empresa poderá realizar unha distribución irregular da xornada en períodos de catro meses.

En cada período cuadrimestral a distribución semanal poderá supera-las 40 horas de traballo, co límite de 9 horas diarias. O exceso de horas traballadas compensarase nos períodos de menor traballo.

Antes do inicio de cada período de distribución irregular da xornada, que como mínimo deberá comprender un período de catro meses, publicarase o

calendario correspondente ó dito período. Esta publicación realizarase como mínimo con 15 días de antelación ó inicio do dito período.

Artigo 15º.-Horas extraordinarias.

A teor do exposto, neste sector, as horas extraordinarias aboaranse cunha recarga do 75% do seu valor. As horas extraordinarias realizadas en domingos e festivos, aboaranse cunha recarga do 175% do seu valor.

Por común acordo entre empresa e traballador poderase substituí-la compensación económica destas horas extras, por descanso compensatorio na mesma porcentaxe de recarga en que están retribuídas.

Ámbalas partes acordan a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias, conforme os seguintes criterios:

1. Horas extraordinarias habituais: supresión.

2. Horas extraordinarias que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros e outros danos extraordinarios urxentes, así como no caso de risco de perda de materias primas: realización.

3. Horas extraordinarias estructurais que son as necesarias para pedidos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda e outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade de que se trate; mantemento sempre que non caiba da utilización das distintas modalidades de contratación temporal ou parcial previstas pola lei.

Será obrigado facer constar na nómina oficial de salarios o número e importe das horas extraordinarias realizadas.

Artigo 16º.-Vacacións.

Os traballadores afectados por este convenio desfrutarán de 31 días de vacacións retribuídas. Os traballadores coñecerán as datas das súas vacacións dous meses antes, polo menos do comezo do desfrute das mesmas.

Artigo 17º.-Licencias retribuídas.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración por algúns dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Dezaseis días naturais no caso de matrimonio.

b) Tres días nos casos de nacemento de fillo ou enfermidade grave ou falecemento de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

Cando, con tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento ó efecto o prazo será de catro días.

No caso de falecemento de parentes de terceiro grao, un día.

c) Dous días por traslado de domicilio habitual.

d) Polo tempo indispensable, para o cumprimento dun deber inescusable, de carácter público e persoal.

No suposto de que o traballador por cumprimento do deber ou desempeño do cargo perciba unha indemnización, descontarase o importe dela do salario a que tivera dereito na empresa.

e) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legalmente.

f) As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito pola reducción da xornada normal nunha hora coa mesma finalidade.

g) Quen, por razóns de garda legal, teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou a un diminuído físico ou psíquico que non desempeñe outra actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario entre, alomenos, un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

h) Os traballadores disporán de tres días, ó longo do ano, por asuntos propios, sen necesidade de xustificar. Estes días non se poderán acumular ás vacacións, nin desfrutar en pontes entre festivos. O desfrute destes días acordarase coa suficiente antelación para a organización do traballo.

Artigo 18º.-Enfermidade, accidente e maternidade.

As empresas aboarán ó traballador en situación de baixa por incapacidade transitoria, accidente ou maternidade, e por un período máximo de 12 meses, un complemento que sumado a prestación da Seguridade Social alcance o cen por cen do importe íntegro das súas retribucións económicas.

En calquera dos supostos a empresa aboará un complemento do 15% da base reguladora entre o mes 13º ata o termo do mes 15º; e un 10% desde o mes 16º ata o término do mes 18º.

Non obstante, nos supostos en que o traballador permaneza hospitalizado aboaráselle un complemento do 20% entre o mes 13º e o mes 18º, en tanto en canto dure a hospitalización.

O importe a percibir non poderá ser nunca superior ó que se perciba en situación de alta no traballo.

Artigo 19º.-Roupas de traballo.

Entregarase a tódolos traballadores, dúas prendas ó ano, como mínimo, e cando o precise en función da actividade a desenvolver e de acordo coas normas de seguridade e hixiene no traballo.

Artigo 20º.-Período de xubilación anticipada e voluntaria.

As empresas aboarán un complemento de xubilación a aqueles traballadores que, con dez anos de antigüidade como mínimo na mesma, se xubilen de mutuo acordo coa empresa. A súa contía irá en

pesetas. As cantidades para cada tramo de idade son as seguintes:

-Por xubilación voluntaria ós 60 anos: 675.000 pesetas.

-Por xubilación voluntaria ós 61 anos: 600.000 pesetas.

-Por xubilación voluntaria ós 62 anos: 525.000 pesetas.

-Por xubilación voluntaria ós 63 anos: 475.000 pesetas.

-Por xubilación voluntaria ós 64 anos: 400.000 pesetas.

-A xubilación será obrigatoria ós 65 anos para tódolos/as traballadores/as que a súa base de cotización lles permita xubilarse co cen por cento da base reguladora. Neste caso a empresa aboará un complemento do seguinte modo:

Unha paga consistente en 3 veces o salario base do grupo e a antigüidade.

Unha vez fixada a contía do premio, a empresa poderá fracciona-lo pagamento ó longo dun máximo de 6 meses.

Para a súa recepción, haberá de solicitarse no prazo de tres meses desde o cumprimento da idade correspondente. Se cumpridos 64 anos de idade, e seis meses máis, o traballador non solicitase a xubilación perderá o dereito a este complemento.

Este artigo quedará en suspenso no caso de que por disposición de rango superior se reducise a idade de xubilación.

Artigo 21º.-Xubilación ós sesenta e catro anos.

Os traballadores, de acordo coa empresa, poderán acollerse a xubilación especial ós sesenta e catro anos, ó 100% dos dereitos pasivos, con simultánea contratación doutros traballadores desempregados, rexistrados na oficina de emprego en número igual ó de xubilacións anticipadas que se pacten por calquera das modalidades vixentes na actualidade, excepto a contratación a tempo parcial, cun período mínimo de duración en todo caso superior ó ano, e tendo o máximo legal respectivo, sempre e cando legalmente se estableza tal posibilidade de xubilación especial ós sesenta e catro anos, en consonancia co antes sinalado.

Artigo 22º.-Despedimento por reestructuración de plantillas.

As empresas quedan obrigadas a readmisión prioritaria dos traballadores despedidos en caso dunha nova ampliación de cadro de persoal.

A antigüidade en caso de que percibiran indemnización será a da data de reintegro, en caso contrario, respectarase a antigüidade primitiva.

Artigo 23º.-Dereitos sindicais.

As empresas respectarán o dereito de tódolos traballadores a sindicarse libremente; admitirán que

os traballadores afiliados a un sindicato poidan celebrar reunións, recadar cotas e distribuír información sindical fóra das horas de traballo e sen pertuba-la actividade normal das empresas; non poderán suxeita-lo emprego dun traballador a condición de que non se afilie ou renuncie á súa afiliación sindical, e tampouco despedir a un traballador ou prexudicarlo de calquer outra forma, por causa da súa afiliación ou actividade sindical.

Os sindicatos poderán remitir información a todas aquelas empresas nas que dispoñan de suficiente e apreciable afiliación, co fin de que sexa distribuída, fóra das horas de traballo, e sen que, en todo caso, o exercicio de tal práctica puidera interromper o desenvolvemento do proceso productivo. En centros de traballo que posúan un cadro de persoal superior a 50 traballadores, existirán taboleiros de anuncios nos que os sindicatos debidamente implantados poderán inseri-las súas comunicacións, e para tal efecto difundirán copias das mesmas previamente á dirección ou titularidade do centro.

A) Delegados sindicais.

Naqueles centros de traballo con plantilla que exceda de 250 traballadores a representación do sindicato ou central teraa un delegado.

O sindicato que alegue posuír dereito a encontrarse representado mediante titularidade persoal en calquera empresa, deberá acreditalo ante a mesma de xeito fidedigno, recoñecendo esta, acto seguido, ó citado delegado a súa condición de representante do sindicato para tódolos efectos.

O delegado sindical deberá ser traballador en activo das respectivas empresas, e designado de acordo cos estatutos da central ou sindicato a quen represente.

Funcións dos delegados sindicais.

1. Representar e defende-los intereses do sindicato a quen representa, e os afiliados do mesmo na empresa, e servir de instrumento de comunicación entre a súa central sindical ou sindicato e a dirección das respectivas empresas.

2. Poderán asistir ás reunións do comité de empresa, comités de seguridade e hixiene no traballo e comités paritarios de interpretación con voz e sen voto.

3. Terán acceso á mesma información e documentación que a empresa debe poñer á disposición do comité de empresa, de acordo co regulado a través da lei, estando obrigados a gardar sixilo profesional nas materias nas que legalmente proceda. Posuirán as mesmas garantías e dereitos recoñecidos pola lei e convenio colectivos os membros do comité de empresas.

4. Serán oídos pola empresa no tratamento daqueles problemas de carácter colectivo que afecten ós traballadores en xeral e ós afiliados do sindicato.

5. Serán así mesmo informados e oídos pola empresa con carácter previo:

a) Acerca dos despedidos e sancións que afecten ós afiliados ó sindicato.

b) En materia de reestructuración de cadro de persoal, regulacións de emprego, traslado de traballadores, cando revista carácter colectivo, ou do centro de traballo xeral, e sobre todo proxecto ou acción empresarial que poida afectar substancialmente ós intereses dos traballadores.

c) A implantación ou revisión de sistemas de organización do traballo ou calquera das súas posibles consecuencias.

6. Poderán recadar cotas ós seus afiliados, repartir propaganda sindical e manter reunións cos mesmos, todos eles fóra das horas efectivas de traballo.

7. Coa finalidade de facilita-la difusión daqueles avisos que puideran interesar ós respectivos afiliados ó sindicato e os traballadores en xeral, a empresa porá á disposición do sindicato do que a representación ostente o delegado un taboleiro de anuncios que deberá establecerse dentro da empresa e nun lugar acceso ó mesmo por tódolos traballadores.

8. En materia de reunións, ambas partes, en canto ó procedemento se refire, axustarán a súa conducta á normativa legal vixente.

9. Os delegados cinxirán as súas tarefas á realización das funcións sindicais que lles sexan propias.

10. Cota sindical. Por requirimento dos traballadores afiliados ás centrais ou sindicatos que ostenten a representación a que se refiere este apartado, as empresas descontarán na nómina mensual dos traballadores o importe da cota sindical correspondente. O traballador interesado na realización de tal operación remitirá á dirección da empresa un escrito no que expresará con claridade a orde de desconto, a central ou sindicato a que pertence, a contía da cota, así como o número da conta corrente ou libreta da caixa de aforros a que debe ser transferida a correspondente cantidade. As empresas efectuarán as anteditas detraccións salvo indicación en contrario, durante períodos dun ano.

11. A dirección da empresa entregará copia da transferencia á representación sindical da empresa, se a houbese.

12. Excedencias. Poderá solicita-la situación de excedencia aquel traballador en activo que ostentara cargo sindical de relevancia provincial ou autonómico a nivel de secretario de sindicato respectivo e nacional en calquera das súas modalidades. Permanecerá en tal situación mentres se encontre no exercicio do dito cargo, reincorporándose á súa empresa se a solicitará no termo dun mes ó finaliza-lo desempeño do mesmo. Nas empresas con cadro de persoal inferior a 50 traballadores, os afectados polo termo da súa excedencia cubrirán a pri

meira vacante que do seu grupo profesional se produzan ns seus cadros de persoal de permanencia, salvo pacto individual en contrario.

13. Participación nas negociacións de convenios colectivos.

Ós delegados sindicais ou cargos de relevancia nacional ou autonómica das centrais recoñecidas no contexto do presente convenio implantadas a nivel nacional ou autonómico, e que participen nas comisións negociadoras de convenios colectivos, mantendo a súa vinculación como traballadores en activo nalgunha empresa, seranlles concedidos permisos retribuídos polas mesmas, co fin de facilitarlle-lo seu labor como negociadores e durante o transcurso da antedita negociación, sempre que a empresa estea afectada pola negociación en cuestión.

B) Dos comités de empresa.

1. Sen prexuízo dos dereitos ou facultades concedidas polas leis, recoñécese ós comités de empresa as seguintes funcións:

a) Ser informado pola dirección da empresa:

1. Trimestralmente, sobre a evolución xeral do sector económico ó que pertence a empresa, sobre a evolución dos negocios e a situación da producción e vendas da entidade, sobre o seu programa de producción e evolución probable do emprego na empresa.

2. Anualmente, coñecer e ter á súa disposición o balance, a conta de resultados, a memoria e no caso de que a empresa revista a forma de sociedade por accións ou participacións, de tantos documentos se dean a coñecer ós socios.

3. Con carácter previo á súa execución pola empresa sobre as reestructuracións de cadros de persoal, peches totais ou parciais, definitivos ou temporais, as reduccións de xornada, sobre o traslado total ou parcial das instalacións empresariais, sobre os plans de formación profesional da empresa.

4. En función da materia de que se trata:

-Sobre a implantación ou revisión de sistemas de organización do traballo e calquera das súas posibles consecuencias: estudios de tempo, establecementos de sistemas de primas ou incentivos e valoración de postos de traballo.

-Sobre a fusión e absorción ou dosificación do status xurídico da empresa, cando iso supoña calqueira incidente que afecte ó volume de emprego.

-O empresario facilitará ó comité de empresa o modelo ou modelos de contrato de traballo que habitualmente utilice estando lexitimado o comité para efectua-las reclamacións oportunas ante a empresa, e se é o caso, a autoridade laboral competente.

-Sobre sancións impostas por faltas moi graves e en especial, en suposto de despedimento.

-Nos referentes ás estatísticas sobre índice de absentismo e as súas causas, os accidentes de traballo e enfermidades profesionais e as súas consecuencias, os índices de sinistrabilidade, o movemento de ingresos e cesamentos e os ascensos.

b) Exercer un labor de vixilancia sobre as seguintes materias:

1. Cumprimento das normas vixentes en materia laboral e de Seguridade Social así como o respecto dos pactos, condicións ou usos de empresa en vigor, formulando se é o caso as accións legais oportunas ante a empresa e os organismos ou tribunais competentes.

2. A calidade da docencia e a efectividade dela nos centros de formación e capacitación da empresa.

3. As condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo na empresa.

c) Participar, como regulamentariamente se determine, na xestión de obras sociais establecidas na empresa en beneficio dos traballadores ou dos seus familiares.

d) Colaborar coa dirección da empresa para consegui-lo cumprimento de cantas medidas procuren o mantemento e o incremento da productividade na empresa.

e) Recoñéceselle ó comité de empresa capacidade procesual, como órgano colexiado para exercer accións administrativas ou xudiciais en todo o relativo ó ámbito da súa competencia.

f) Os membros do comité de empresa, e este no seu conxunto, observarán sixilo profesional en todo o referente os apartados 1, 2 e 3 do punto a) deste artigo aínda despois de deixar de pertencer ó comité de empresa e en especial en todas aquelas materias sobre as que a dirección sinale expresamente o carácter reservado.

g) O comité velará non só porque os procesos de selección do persoal se cumpra a normativa vixente ou paccionada, senón tamén polos principios de non discriminación, igualdade de sexo e fomento da política racional de emprego.

h) Garantías:

1. Ningún membro do comité de empresa ou delegado de persoal poderá ser despedido ou sancionado durante o exercicio das súas funcións, nin dentro do ano seguinte ó seu cesamento, salvo que este se produza por revogación ou dimisión, e sempre que o despedimento ou a sanción se baseen na actuación do traballador no exercicio legal da súa representación. Se o despedimento ou calquera outra sanción por supostas faltas graves ou moi graves, obedeceran a outras causas, deberá tramitarse expediente contradictorio no serán oídos nel, á parte do interesado, o comité de empresa ou restantes delegados do persoal, e o delegado do sindicato ó que pertenza, no suposto de que se encontrara recoñecido como tal na empresa.

Posuirán prioridade de permanencia na empresa ou restantes centros de traballo respecto ós demais traballadores, nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.

2. Non poderán ser discriminadas na súa promoción económica ou profesional por causa ou razón do desempeño da súa representación.

3. Poderán exerce-la liberdade de expresión no interior da empresa nas materias propias da súa representación, podendo publicar ou distribuír sen perturba-lo normal desenvolvemento do proceso productivo aquelas publicacións de interese laboral ou social, comunicando todo aquilo previamente á empresa e exercendo tales tarefas de acordo coa norma legal vixente ó efecto.

4. Disporán do crédito de horas mensuais retribuídas que a lei determina. Así mesmo, non se computará dentro do máximo legal de horas, o exceso que sobre o mesmo se produza con motivo da designación de delegados de persoal ou membros de comités como compoñentes de comisións negociadoras de convenios colectivos nos que sexan afectados e polo que se refire a celebración de sesións oficiais a través das cales transcorran tales negociacións e cando a empresa en cuestión se vexa afectada polo ámbito de negociación referido.

5. Sen supera-lo máximo legal poderán ser consumidas as horas retribuídas de que dispoñen os membros de comité ou delegados de persoal, co fin de prever a asistencia dos mesmos a cursos de formación organizados polos seus sindicatos, institutos de formación ou outras entidades.

6. O total das horas retribuídas da representación dos traballadores a que se refire o apartado 4, poderá acumularse para ser desfrutado por un ou varios representantes, sen supera-lo máximo total, sempre que medie acordo ó respecto, do comité, e da sección sindical afectada, debidamente comunicado á dirección da empresa con oito días de antelación ó mes de que se trate, e non supoña alteración grave do réxime laboral da mesma.

Nos aspectos non recollidos neste artigo entenderase aplicable o disposto na Lei orgánica de liberdade sindical.

Artigo 24º.-Cláusula de desvinculación salarial.

Os compromisos en materia salarial contidos no presente convenio serán de aplicación para tódalas empresas afectadas polo ámbito funcional.

Para as empresas que pretendan acollerse á claúsula regulada no presente artigo establécense os seguintes mecanismos:

1. Comisión paritaria do convenio.

2. Negociación coa representación legal dos traballadores.

3. Mecanismos do AGA.

A tódolos mecanismos citados anteriormente aportarase a seguinte documentación:

-Acreditación por medio da contabilidade oficial dos resultados dos tres últimos exercicios nos que se demostre que durante os mesmos se producen perdas reais.

-Plan de viabilidade para o período que se pretende a aplicación da dita cláusula de exención e a xustificación económica e a súa repercusión real no melloramento global dos resultados da empresa.

Na súa aplicación poderán pactarse reduccións sobre as porcentaxes de incrementos negociados ou a súa total inaplicación polo período que se determine, neste último caso aplicaranse os aspectos económicos nos mesmos termos que figuran no convenio anteriormente vixentes.

Os representantes legais dos traballadores, membros da comisión paritaria así como os seus asesores están obrigados a tratar e manter na maior reserva a información recebida e os datos a que tivesen acceso como consecuencia do establecido nos parágrafos anteriores, observando, por conseguinte, respecto de todo iso sixilo profesional.

Artigo 25º.-Axudas de custo de desprazamento.

A súa contía será a seguinte:

-Media axuda de custo: 1.200 ptas.

-Dieta completa: 4.400 ptas.

Sen prexuízo das axudas de custo establecidas, por acordo entre traballador e empresa, en lugar das ditas cantidades aboaranse os gastos producidos logo de xustificación.

Artigo 26º.-Cláusula de non discriminación.

Ninguén será discriminado na retribución que lle correspondería de acordo ó seu grupo profesional e nivel retributivo, en función da súa idade.

Artigo 27º.-Cláusula de submisión.

Ante a importancia que pode ter para a resolución pacífica dos conflictos laborais a elaboración do acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos colectivos de traballo (AGA), asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia e as organizacións sindicais CIG, CC.OO e UXT, as partes asinantes deste convenio, durante a súa vixencia, acordan someterse ás disposicións contidas no AGA nos propios termos en que están formuladas.

Artigo 28º.-Condicións económicas.

O incremento económico para os próximos anos queda establecido co seguinte baremo:

-Para o ano 1998: 4,25%.

-Para o ano 1999: 4%.

-Para o ano 2000: 3,25%.

Artigo 29º.-Licencias non retribuídas.

Establécese a posibilidade de dispoñer de 15 días naturais no ano non retribuídos, desfrutables en

períodos cun mínimo de 5 días naturais, con preaviso de 10 días salvo urxencia por motivos de saúde, e sempre que non altere a organización do traballo.

Artigo 30º.-Comisión mixta.

Ámbalas partes negociadoras acordan establecer unha comisión mixta como órgano de interpretación e vixilancia do cumprimento do vixente convenio colectivo, con sede na Coruña (C.P. 15008), Rafael Alberti, 8.

A comisión mixta estará integrada paritariamente por oito representantes das organizacións sindicais asinantes do convenio colectivo, e oito dos empresarios afectados polo mesmo. No acto da súa constitución, a comisión mixta, en sesión plenaria, elixirá un secretario.

A comisión será convocada por calquera das partes bastando para iso unha comunicación escrita na que se expresen os puntos a tratar na orde do día, así como unha proposta da data, lugar e hora para a celebración da reunión, a cal deberá contestar a outra parte nun prazo non superior a tres días. A reunión da comisión mixta deberá celebrarse no prazo improrrogable de 10 días desde a recepción da comunicación da mesma pola outra parte.

Son funcións específicas da comisión mixta as seguintes:

a) Interpretación do convenio colectivo.

b) Vixilancia do cumprimento do pactado e moi especialmente das cláusulas obrigacionais inseridas neste convenio.

c) A falcultade de conciliación previa daquelas cuestións que lle sexan sometidas de común acordo polas partes.

d) Asegura-la non discriminación da muller, controlando a igualdade de trato.

e) As partes poderán solicitar que a comisión mixta elabore un informe anual acerca do grao de cumprimento do convenio colectivo, das dificultades xurdidas na súa aplicación e interpretación, e do desenvolvemento dos traballos previstos no propio convenio, encargando o seu desempeño a comisións específicas.

f) Resto de funcións establecidas ó longo do articulado do convenio.

Artigo 31º.-Réxime disciplinario para o acoso sexual.

Todo comportamento ou situación que atente contra o respecto á intimidade e/ou contra a liberdade dos/as traballadores/as, conductas de acoso sexual verbais ou físicas serán conceptuadas como faltas moi graves, graves ou leves en función da repercusión de feito (poderá seguirse o réxime disciplinario establecido no acordo para a substitución da ordenanza). Nos supostos en que se leve a cabo ser

víndose da súa relación xerárquica coa persoa e/ou persoas con contrato laboral non indefinido a sanción aplicarase no seu grao máximo.

O comité de empresa, delegado de persoal, sección sindical e a dirección da empresa velarán polo dereito á intimidade do traballador/a afectado/a, procurando silenciar a súa identidade, cando así fose preciso.

Artigo 32º.-Convenio galego.

As partes asinantes do presente convenio comprométense ó termo da presente negociación colectiva a establece-los mecanismos necesarios para inicia-la negociación dun convenio do sector de ámbito galego.

Artigo 33º.-Traballadores en cámaras de conxelación.

O traballador que traballe en cámaras de conxelación, con permanencia nelas por un tempo mínimo do 25% da súa xornada laboral, con independencia de que sexa dotado das roupas adecuadas ó seu cometido, percibirá un plus do 25% do seu salario regulamentario.

Artigo 34º.-Axuda escolar.

Todo traballador que teña fillos realizando estudios de ensino obrigatorio, percibirá como axuda escolar a contía de 8.000 ptas. anuais por cada fillo. A dita contía aboarase ó comenza-lo curso académico. Será requisito indispensable que o traballador teña un ano de antigüidade na empresa. Naqueles casos en que ambos cónxuxes traballen na mesma empresa, só exercerá este dereito un deles.

Artigo 35º.-Igualdade o traballo.

Respectarase o principio de igualdade de acceso a tódolos postos de traballo na empresa, tanto para o home como para a muller sen discriminación ningunha.

Artigo 36º.-Xestación.

A muller embarazada, no caso de desenvolver traballos previamente declarados, polo facultativo pertinente, como penosos ou perigosos para o seu embarazo, terá dereito, logo de solicitude, a ocupa-la primeira vacante que se produza ou a permuta-lo seu posto de traballo por outro que non estea exposto ós citados riscos, dentro do mesmo grupo profesional e exista posibilidade na empresa.

Artigo 37º.-Familias de feito.

Para a aplicación dos dereitos derivados deste convenio, lévase a efecto no presente convenio o recoñecemento das parellas de feito, sempre que as mesmas poidan probarse cos medios legais correspondentes (censo, certificacións municipais ...).

Disposición transitoria.-Normas supletorias.

Consideraranse normas supletorias deste convenio as de carácter xeral, o Acordo para a substitución da ordenanza de comercio asinado o 6 de marzo de 1996 pola Confederación Española de Comercio e os sindicatos CC.OO. e UXT (segundo Resolución do 21 de marzo de 1996 da Dirección Xeral de Traballo; BOE número 86, do 9 de abril), así como os regulamentos de réxime interior daquelas empresas que o teñan en vigor, máis todo o que en materia laboral teña plena vixencia, e non vaia en contra do pactado neste convenio colectivo.

Táboas salariais

Ano 1998

Incremento sobre 1997: 4,25%

Ano 1999

Incremento sobre 1998: 4%

Ano 2000

Incremento sobre 1999: 3,25%

Grupo

Profes.

Nivel

Retrib.

Categorías incluídas

Salario

base

Salario

anual

Valor

cuadrienio

Salario

base

Salario

anual

Valor

cuadrienio

Salario

base

Salario

anual

Valor

cuadrienio

IA)Director121.0191.815.2854.840125.8601.887.9005.034129.9501.949.2505.198
B)Xefe de persoal113.3351.700.0254.651117.8681.768.0204.837121.6991.825.4854.994
Xefe de vendas113.3351.700.0254.651117.8681.768.0204.837121.6991.825.4854.994
Xefe de compras113.3351.700.0254.651117.8681.768.0204.837121.6991.825.4854.994
C)Xefe administrativo110.8111.662.1654.519115.2431.728.6454.700118.9881.784.8204.853
Xefe de almacén110.8111.662.1654.519115.2431.728.6454.700118.9881.784.8204.853
Coordinador xeral110.8111.662.1654.519115.2431.728.6454.700118.9881.784.8204.853
IIA)Xefe Sec. administrativa108.3911.625.8654.400112.7271.690.9054.576116.3911.745.8654.725
Xefe sección mercantil108.3911.625.8654.400112.7271.690.9054.576116.3911.745.8654.725
Xefe sección servicios108.3911.625.8654.400112.7271.690.9054.576116.3911.745.8654.725
Xefe de sucursal108.3911.625.8654.400112.7271.690.9054.576116.3911.745.8654.725
B)Encargado establecemento102.5171.537.7554.090106.6181.599.2704.254110.0831.651.2454.392
Viaxante102.5171.537.7554.090106.6181.599.2704.254110.0831.651.2454.392
Contable-caixeiro102.5171.537.7554.090106.6181.599.2704.254110.0831.651.2454.392
C)Oficial administrativo99.2351.488.5254.042103.2041.548.0604.204106.5581.598.3704.341
Programador99.2351.488.5254.042103.2041.548.0604.204106.5581.598.3704.341
Comprador99.2351.488.5254.042103.2041.548.0604.204106.5581.598.3704.341
IIIA)Dependente98.4941.477.4103.999102.4341.536.5104.159105.7631.586.4454.294
Profesional oficio 1ª98.4941.477.4103.999102.4341.536.5104.159105.7631.586.4454.294
Capataz ou encargado98.4941.477.4103.999102.4341.536.5104.159105.7631.586.4454.294
B)Auxiliar de caixa93.7421.406.1303.99997.4921.462.3804.159100.6601.509.9004.294
Auxiliar administrativo93.7421.406.1303.99997.4921.462.3804.159100.6601.509.9004.294
Profesional de oficio 2ª93.7421.406.1303.99997.4921.462.3804.159100.6601.509.9004.294
Mozo especializado93.7421.406.1303.99997.4921.462.3804.159100.6601.509.9004.294
Operador93.7421.406.1303.99997.4921.462.3804.159100.6601.509.9004.294
C)Axudante de dependente91.7571.376.3553.99995.4271.431.4054.15998.5281.477.9204.294
Envasador, repoñedor, marcador91.7571.376.3553.99995.4271.431.4054.15998.5281.477.9204.294
Profesional de oficio 3ª91.7571.376.3553.99995.4271.431.4054.15998.5281.477.9204.294
Cobrador, conserxe, vixilante91.7571.376.3553.99995.4271.431.4054.15998.5281.477.9204.294
Mozo91.7571.376.3553.99995.4271.431.4054.15998.5281.477.9204.294

Plus de transporte7.3087.6007.847

7141