Por orde da Consellería de Educación do 29 de xullo de 1997 (DOG do 18 de setembro), convocáronse axudas para o desenvolvemento de proxectos educativos conxuntos no marco do Programa Sócrates, Lingua, Acción E.
De conformidade co disposto no apartado décimo da citada orde
RESOLVO:
Primeiro.-Adxudicarlles axudas, pola contía que se indica, para a realización de intercambios e encontros escolares que se desenvolverán entre o 1 de xullo de 1998 e o 31 de abril de 1999, ós centros que figuran relacionados no anexo I. Neste anexo tamén figuran os centros que renunciaron á axuda concedida antes da publicación no DOG. Os centros en reserva figuran no anexo II.
Segundo.-O libramento das axudas ós centros realizarase a través da Axencia Nacional Sócrates. A dita axencia enviaralle a cada un dos centros seleccionados o modelo de contrato elaborado pola Comisión Europea. Este documento deberá ser formalizado e asinado polo director do centro e remitido posteriormente á Axencia Nacional Sócrates (Bravo Murillo, 38. 28015 Madrid).
Terceiro.-Unha vez recibidos os fondos da Comisión Europea, a Axencia Nacional Sócrates iniciará a tramitación para efectua-lo libramento das cantidades correspondentes a cada un dos centros seleccionados, de acordo co establecido nos contratos asinados polos ditos centros.
Cuarto.-De acordo coa normativa vixente, os beneficiarios deste tipo de axudas quedan obrigados a:
1. Comunicar, se é o caso, a obtención de subvencións ou axudas para a mesma finalidade de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.
2. Someterse ás actuacións de comprobación que, se é o caso, poida efectua-la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, así como a Axencia Nacional Sócrates e a Comisión Europea.
3. Xustifica-lo correcto investimento das axudas recibidas, mediante a presentación da seguinte documentación:
3.1. Memorias.
Os centros beneficiarios enviarán memoria descritiva do Proxecto Educativo Conxunto (PEC), cunha extensión máxima de 25 folios. A dita memoria reflectirá o grao de cumprimento dos obxectivos programados, a lista de alumnos participantes e a avaliación das actividades levadas a cabo, incluíndo o producto final elaborado polos alumnos. Poderá xuntarse material audiovisual. Enviarase igualmente copia do informe financeiro final e da folla de estatísticas enviada á Axencia Nacional Sócrates.
A documentación deberá remitirse á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional (Edificio San Lázaro 107. 15771 Santiago de Compostela), especificando «Programa Sócrates, Lingua, Acción E», no prazo dun mes desde a finalización da actividade.
3.2. Xustificación económica.
3.2.1. Un informe financeiro final que inclúa o total dos gastos reais que poidan optar á axuda e nos que se incorrese para a participación, así como os ingresos totais, en particular os cofinanciamentos obtidos. Este informe presentarase seguindo o modelo de liquidación de subvención enviado pola Axencia Nacional.
3.2.2. Os billetes orixinais de transporte (avión, tren) de tódolos participantes no intercambio e as facturas de aloxamento.
3.2.3. A folla estatística enviada pola Axencia Nacional con tódolos datos formalizados.
3.2.4. Un resumo de dúas páxinas escrito a máquina e a dobre espacio do informe final (memoria pedagóxica) sobre as actividades desenvolvidas durante o proxecto que conteña a lista cos nomes dos participantes no intercambio, e mención ó producto final dos alumnos.
A citada xustificación económica deberá remitirse á dita Axencia Nacional Sócrates, e dentro do prazo marcado no punto 3.1., exceptuando a ficha de liquidación financeira, que se remitirá nos dez días seguintes á súa recepción.
Quinto.-A non xustificación da axuda percibida conforme o disposto nestas bases levará consigo o reintegro á Axencia Nacional Sócrates das cantidades non xustificadas e as esixencias dos xuros de demora, sen prexuízo das responsabilidades administrativas en que poida incorrer conforme os artigos 81 e 82 da vixente Lei xeral orzamentaria na súa nova redacción dada pola Lei 31/1990, do 27 de decembro.
Sexto.-Calquera alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou
entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión.
Sétimo.-Contra a resolución de adxudicación, os centros interesados poderán interpoñer no prazo dun mes, recurso ordinario ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.
Oitavo.-A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.
Santiago de Compostela, 24 de xullo de 1998.
José Luis Mira Lema
Director xeral de Ordenación Educativa
e Formación Profesional
ANEXO I
PROXECTOS SELECCIONADOS
Centro Provincia Título do proxecto País Axuda lingua
IES María Casares. Santa Cruz A Coruña Dos Xograres a Internet Francia 1650
IES Melide A Coruña A Comparison Of Denmark And Spain Dinamarca 3050
IES Monte Neme A Coruña Liguria e Galicia. De Zonas de Emigración a Turismo Italia 2098
Esc. Oficial Idiomas A Coruña A Coruña Comunicarse É Coñecerse Inglaterra 1133
IES Luis Seoane Pontevedra Comparación de Estudiantes de Secretariado Alemaña Renuncia
ANEXO II
PROXECTOS EN LISTA DE RESERVA
Centro Provincia Título do proxecto País Nº Supl.
IES A Sangriña Pontevedra A Herdanza Helenística na Linguaxe Científica Grecia 1
Colexio San José de la Guía Pontevedra Animación á Lectura Bulgaria 2
IES Xinzo de Limia Ourense Civilización Clásica en Italia e Galicia Italia 3
IES Lucus Augusti Lugo Galicia e Piamonte: Semellanzas e Diferencias Italia 4
IES Monelos A Coruña Jubilaneum: Encontros na Rota de Peregrinaxe Italia 5
IES Eduardo Blanco Amor Ourense Galicia e Manchester, Rexións Complementarias Inglaterra 6
EFA Piñeiral A Coruña Estudio Cultural de Aquitania Francia 7
IES Luis Seoane Pontevedra Comparación das Condicións de Traballo Alemaña 8
7320