Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 04 de setembro de 1998 Páx. 10.002

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE MADRID (SALA DO SOCIAL)

EDICTO (318/1993).

José Ramón Fernández Otero.

Presidente.

Josefina Triguero Agudo.

Juan Antonio Linares Polaino.

En Madrid, a trinta de abril de mil novecentos noventa e oito.

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, esta polos señores citados á marxe, no nome de El-Rei dictou a seguinte sentencia 407/1998.

No recurso de suplicación número 24/1998 sección segunda, interposto pola letrada Pilar Gismera Catalinas en nombre e representación de Carlos Verdasco Bravo, fronte ós autos dictados polo Xulgado do Social número 30 de Madrid de data 9 e 26-5-1997, foi ponente Juan Antonio Linares Polaino.

Antecedentes de feito:

Primeiro.-Que con data 22-1-1997 acordouse o embargo da cantidade de 100.260 ptas. dos haberes de Gaspar de la Serna Varela, con carácter mensual.

Segundo.-Que con data 17-2-1997 comparece ante esta secretaría Gaspar de la Serna Varela manifestando a obrigación que ten de aboar un tercio do salario neto que percibe en concepto de alimentos, para os seus fillos con carácter mensual.

Terceiro.-Que con data do 25-2-1997 se dou traslado da anterior comparecencia ó demandante e acordouse o levantamento do embargo sobre a conta na que se ingresan os seus haberes.

Cuarto.-Con data 10-3-1997 o demandante presentou alegacións á comparecencia efectuada, dándose á súa vez traslado do dito escrito ó executado Gaspar de la Serna Varela, e así mesmo presentouse un segundo escrito coa mesma data, opoñéndose ó levantamento da conta, que foi desestimado pola providencia do 14-3-1997.

Quinto.-Con data do 29-3-1997 presentouse escrito pola parte demandante interpoñendo recurso de reposición contra a providencia do 14-3-1997, dándose traslado.

Sexto.-Con data 11-4-1997 comaprece na secretaría deste xulgado Gaspar de la Serna Varela, ratificando o escrito remitido por fax que tivo entrada o 10-4-1997, así mesmo escrito de 11-4-1997.

Sétimo.-Con data 9-5-1997 presentouse novo escrito por Gaspar de la Serna Varela remitido por Seur.

Oitavo.-Con data 26-1-1996 dictouse sentencia polo Xulgado de Primeira Instancia número un do Civil, polo cal se disolve o matrimonio de Gaspar de la Serna Varela e Susana Lema Álvarez, aprobado o convenio regulador suscrito por ambos de data 24-11-1995 que na súa estipulación 5 establece: o pai aboará á nai en concepto de alimentos para os fillos a cantidade correspondente a un tercio do seu soldo neto, mensualmente, cantidade que será ingresada na conta que esta designe para o efecto, por meses anticipados, os dez primeiros días de cada mes.

Noveno.-Con data 9-5-1997 dictouse auto no que na súa parte dispositiva di: «que debo modifica-la cantidade retida dos haberes de Gaspar de la Serna Varela, fixándose na contía de 44.937 ptas. mensuais, e remítase oficio á Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, Centro de Atención Primaria nº 5 de Santiago de Compostela, para tales efectos; e debo desestima-lo recurso de reposición presentado pola parte executante, confirmando a providencia do 14-3-1997 en tódolos seus extremos».

Décimo.-Con data 26-5-1997 dictouse auto no que na súa parte dispositiva se rectificaba o erro no sentido de facer constar que no antecedente de feito cuarto debe dicir que con data 7-3-1997 presentouse escrito pola parte demandante ante o xulgado de garda, ratificado o 8-3-1997, opoñéndose á providencia do 25-2-1997 e así mesmo na mesma data presentouse recurso de reposición mediante un segundo escrito, contra o levantamento da conta corrente na Caixa de Galicia do executado, do que se deu traslado a Gaspar de la Serna Varela con data 7-4-1997.

Undécimo.-Por escrito do 24-5-1997 presentouse recurso de reposición contra o dito auto que foi inadmitido por resolución do 8-7-1997.

Duodécimo.-O 18-7-1997 interponse recurso de reposición contra a providencia do 8-7-1997 do cal se deu traslado para a súa impugnación.

En data dezaséis de outubro de mil novecentos noventa e sete díctase auto no que se estima parcialmente o recurso de reposición presentado, e débese estimar que contra os asuntos de datas 9 e 26-5-1997 cabe recurso de suplicación.

Décimoterceiro.-Pola letrada Pilar Gismera Catalinas actuando no nome e representación de Carlos Verdasco Bravo e outros presentouse escrito formalizando recurso de suplicación contra os autos de data 9 e 26-5-1997, sendo o dito recurso impugnado de contrario pola letrada Patricia Márquez de la Plata Boza en nome e representación de Gaspar de la Serna Varela. E recibidos os autos nesta sala proveuse

o pase dos mismos a poñente para o seu exame e resolución.

Fundamento de dereito:

Único.-Se ben o auto recorrido ofrece ás partes o recurso de suplicación para impugna-lo acordado no mesmo, o dito recurso non pode estenderse a aquelas cuestións adxectivas resoltas no auto, que de acordo co disposto no artigo 189.2º da Lei de procedemento laboral non teñan acceso ó recurso de suplicación.

Impugna o recorrente a determinación polo xulgado dunha nova contía para o embargo do salario dunha das persoas físicas executadas e tamén a decisión de levanta-lo embargo dunha das contas correntes do mesmo executado. Nin a cantidade que debe ser obxecto de embargo do salario do condenado, nin a conveniencia de embargar ou non a conta bancaria foron cuestións resoltas na sentencia. Non tódalas cuestións novas que aparezan na execución de sentencia son susceptibles do recurso de suplicación, senón só aquelas que sexan resolución de puntos substanciais, e iso conforme co propio precepto citado, non tendo acceso ó extraordinario recurso aquelas que carezan da anterior característica, como pacificamente ten declarado a xurisprudencia, de forma tan abundante que escusa de cita, respecto daqueles acordos tendentes á formación da masa patrimonial de realización do crédito, como son os aquí axuizados. En definitiva, non ten a dita cuestión acceso ó recurso de suplicación, pois a finalidade,

en execución, do recurso extraordinario que prevé o apartado 2º do artigo 189 da Lei de procedemento laboral non é examina-la legalidade da resolución xudicial, senón a de preserva-la integridade ou indemnidade da decisión executoria impedindo a contradicción co resolto ou calquera outra desviación ou exceso de poder do órgano executor, sendo consolidado criterio xurisprudencial (así sentencia do Tribunal Supremo do 28 de xuño de 1993 -R. 4932 e do 10 de xaneiro de 1994 -R. 379- de unificación de doutrina) que din que, na execución da sentencia, por medio do recurso de suplicación unicamente pode examinarse se a resolución impugnada altera o contido da executoria concedendo ou negando dereitos distintos ós recoñecidos ou resolvendo cuestións alleas e estrañas ó obxecto do proceso, o que non ocorre co acordo polo xulgado adoptado neste caso, que, insistimos, está orientado á consecución do cumprimento do acordado na resolución da sentencia. Facéndose notar neste punto que se non tería

acceso ó recurso de suplicación a decisión do xuíz de embargar, ou non embargar, o salario do executado, tampouco a debe ter aquela na que se determina a contía do mencionado embargo. Inadmítese o recurso e confírmase o auto recorrido.

Á vista de canto antecede, decidimos: que inadmitimos o recurso de suplicación interposto por Carlos Verdasco Bravo e tres máis contra o auto da data 17 de outubro de 1997, dictado polo Xulgado do Social número trinta dos de Madrid, en procedemento de execución seguido por instancias dos

recorrentes contra Oficina Técnica J. de la Serna, José de la Serna y Gasset, Gaspar de la Serna Varela e Segundo Andrés Petisco Abeijón e en consecuencia confirmamos o mesmo.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ó Xulgado do Social, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de súplica no prazo de cinco días.

Así, por este noso auto, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Rubricado

6891