En virtude do acordado en resolución do día da data dictada no xuízo de separación 530/1996, que se segue neste xulgado por instancia de María José Caramelo Otero, representada polo procurador Merelles Pérez, contra José López Varela, por medio da presente cédula emprázase a José López Varela, do que se descoñece o domicilio actual, co fin de que no prazo de vinte días compareza en autos coa prevención, de que, de non facelo, será declarado en rebeldía e que se dará por contestada a demanda, notificándolle a dita resolución e as demais que se dicten nos estrados do xulgado.
E para que lle sirva de emprazamento a José López Varela, expido a presente cédula que asino e selo en Santiago de Compostela o catorce de xullo de mil novecentos noventa e oito.
O secretario
Rubricado
6892