Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 03 de setembro de 1998 Páx. 9.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador E.N. 4/98 (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persona que no anexo se menciona a proposta de resolución por infracción da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na c/ Benito Corbal, 47-5-º planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 27 de xullo de 1998.

P.A.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

Expediente: E.N. 4/98.

Denunciado: Silverio Bouzada Lastres.

Último enderezo coñecido: Campos 33-San Martiño, O Grove.

Feito denunciado: verter sen autorización 250 m aproximadamente de terra vexetal nas inmediacións da lagoa Bodeira, zona encravada no espacio natural protexido Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, lagoa Bodeira e punta Carreirón. Feitos denunciados ás 20.15 horas do día 4 de marzo de 1998, na lagoa Bodeira, concello do Grove.

Precepto infrinxido: artigo 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precepto sancionador: artigo 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 100.000 pesetas.

Restauración do espacio ó seu estado previo ó feito denunciado, debendo retira-los vertidos no prazo dun mes contado a partir de que a resolución do expediente adquira firmeza. En caso de non restaura-lo medio, imporanse multas coercitivas de 25.000 pesetas reiteradas cada mes ata o total cumprimento do ordenado.

7878