Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 03 de setembro de 1998 Páx. 9.965

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada nos expedientes sancionadores de caza 98/0042 e 98/0051.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen, por infracción admi

nistrativa da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia, (DOG nº 133, do 11 de xullo), por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados, que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples, Monelos, A Coruña.

De non efectua-lo pagamento voluntario, dispón o interesado dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples, Monelos, A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó director xeral de Montes e Man, da Consellería de Medio Ambiente, para a resolución dos procedementos.

O que se comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 7 de agosto de 1998

P.A.

Ana Mª Díaz López

Instructora

ANEXO

Expediente: C-98/0042.

Denunciado: José A. Sánchez Ares.

DNI: 76.512.856

Último enderezo coñecido: Teixeiro, Curtis.

Feitos denunciados: cazar carecendo do seguro obligatorio de cazador.

Tipificación Lei de caza:

Artigo: 58.31º.

Calificación: grave.

Sanción proposta: 100.001 multa, Inhab. 1 ano e 1 día.

Expediente: C-98/0051.

Denunciado: Fernando Regueira Iglesias.

DNI: 33.242.009

Último enderezo coñecido: Lustres Rivas, 3-4º, Ribeira.

Feitos denunciados: cazar nunha zona afectada por incendios e cazar nun coto sen permiso.

Tipificación Lei de caza:

Artigo: 58.17º, 58.27º.

Calificación: grave, grave.

Sanción proposta: 100.001 multa, Inhab. 1 ano e 1 día.

7788