Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 03 de setembro de 1998 Páx. 9.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores E.N. 47/97 e dous máis (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás personas que no anexo se mencionan a resolución dos ditos expedientes por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e do 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fora presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta 3110001181, da Caixa Galicia (2091), oficina 0388. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase o seu cobro pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de paga-la contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 27 de xullo de 1998.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: E.N. 47/97.

Denunciado: José Luís Fortes Soliño.

Último enderezo coñecido: r/ Mantela nº 1-Lourido, Vigo.

Feito denunciado: estacionar un vehículo nas dunas da Lanzada, alterando as condicións dun espacio natural protexido. Feito denunciado ás 15.05 horas do día 3 de agosto de 1997, nas dunas da Lanzada, concello do Grove.

Precepto infrinxido: artigo 38.2º da Lei de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precepto sancionador: artigo 38.2º da Lei de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 20.000 pesetas.

Expediente: E.N. 77/97.

Denunciado: Alfonso Carlos Flórez Díaz.

Último enderezo coñecido: García nº 28, 1 Xixón (Asturias).

Feito denunciado: estacionar na lagoa Bodeira, no Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, lagoa Bodeira e punta Carreirón. Feitos denunciados ás 18.30 horas do día 21 de setembro de 1997, na lagoa Bodeira, no concello do Grove.

Precepto infrinxido: artigo 38.2º da Lei de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precepto sancionador: artigo 38.2º da Lei de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 15.000 pesetas.

Expediente: E.N. 90/97.

Denunciado: Manuel Ángel Piñeiro Riveiro.

Último enderezo coñecido: Señorío de Amoain 3D-Mendillorri, Valle de Egües (Navarra).

Feito denunciado: acampar sen autorización en Chan da Pólvora, Illa de Ons, os días 15, 16 e 17 de agosto, sendo advertido anteriormente de que as prazas da zona de acampada estaban cubertas.

Precepto infrinxido: artigo 38.3º da Lei de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precepto sancionador: artigo 38.3º da Lei de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 10.000 pesetas.

7886