Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 03 de setembro de 1998 Páx. 9.963

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de sobresemento dos expedientes sancionadores E.N. 91/97 e 111/97 (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás personas que no anexo se mencionan as resolucións de sobresemento dos devanditos expedientes.

Contra a dita resolución, e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que éste fora presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

Pontevedra, 27 de xullo de 1998.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: E.N 91/97.

Denunciada: Rosario Villar-Roldán Alonso.

Último enderezo coñecido: Señorío de Amoain nº 13. Egoes. Mendillorri. Navarra.

Expediente: E.N. 111/97.

Denunciado: Oscar Vila Correa.

Último enderezo coñecido: Camiño do Meixoeiro 11, 1º. Vigo.

7885