Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 27 de agosto de 1998 Páx. 9.773

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Federación de Construcción e Madeira da CIG (FCM-CIG).

En cumpimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sin

dical, e para os efectos previstos nel, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Federación de Construcción e Madeira da CIG, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán afiliarse ó dito sindicato tódolos traballadores e traballadoras, en activo ou parados, dos seguintes sectores: construcción de vivendas e obras públicas, cemento e derivados, tellas e ladrillos, lousas, aplicación de pinturas, xesos e escaiolas, mármores e pedras, canteiras, vidro e cerámica, serradoiros, almacenistas de madeira, carpintería, ebanistería e fabricación de mobles, aglomerado, carpintería de ribeira.

Asinan a acta do congreso no que se acorda a constitución da Federación de Construcción e Madeira da CIG: Ánxel Vázquez Penedo, presidente; Gumersindo Villamayor Martínez, secretario, e Domingo Regueira López, vocal.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

7748