Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 27 de agosto de 1998 Páx. 9.773

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos do Sindicato Independiente de la Administración de Justicia de Galicia (SIJG).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados a acta de constitución e os estatutos do Sindicato Independiente de Justicia de Galicia (SIJG) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer ó devandito sindicato os secretarios xudiciais, médicos forenses, oficiais, auxiliares e axentes ó servicio da Administración de xustiza, con emprego de funcionarios, así como cantos integran os distintos corpos ou escalas de persoal laboral, contratado ou interino.

Asinan a acta de constitución: Manuel Pena Rivadulla e 7 persoas máis .

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

7763