Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 27 de agosto de 1998 Páx. 9.772

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Empresas Laborales de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depo

sitados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Empresas Laborales de Galicia, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán ser socios da devandita agrupación as empresas calquera que sexa a súa forma xurídica, sempre que se rexan por principios de autoxestión e coxestión e a propiedade estea repartida seguindo os criterios establecidos na lexislación vixente que regula as sociedades laborais.

Asinan a acta de constitución: Gerardo Méndez Casanova, en representación da Bandas del Louro, S.A.L., e 2 persoas máis representando outras tantas empresas.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

7762