Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 27 de agosto de 1998 Páx. 9.773

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Profesional Provincial de Autoturismos de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que, na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación ProfesionalPprovincial de Autoturismos de Pontevedra, que abranguen os seguintes ámbitos:

Territorial: provincial.

Profesional: traballadores autónomos de autoturismos.

Asinan a acta de constitución: Casimiro Faro Martínez e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 7 de agosto de 1998.

P.A.

Ramón Hermo Rey

Delegado provincial de Pontevedra

7615