Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 27 de agosto de 1998 Páx. 9.774

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 1998 pola que se somete a información pública o proxecto reformado da actualización da prolongación do acondicionamento do río Pontiñas desde a N-525 ó parque industrial.

Aprobado tecnicamente, por resolución do organismo autónomo Augas de Galicia de data 30 de xullo de 1998, o proxecto reformado da actualización da prolongación do acondicionamento do río Pontiñas desde a N-525 ó parque industrial, clave: OH.436.322, sométese o citado proxecto ó trámite de información pública durante un período de trinta días hábiles a partir da publicación deste anuncio, co fin de que aqueles que o estimen oportuno poidan formular por escrito as observacións que crean convenientes ante o organismo autónomo Augas de Galicia da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, situado nos edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela, e ante a alcaldía de Lalín, lugares onde estará ó seu dispor o proxecto de referencia.

O que se fai público para os efectos do previsto na Lei de expropiación forzosa e de augas.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente de Augas de Galicia

7651