Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 21 de agosto de 1998 Páx. 9.601

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Gimnasios Pazos, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Gimnasios Pazos, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 6-7-1998, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, o 2-7-1998. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios de Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que existe nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 9 de xullo de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio para os traballadores de Gimnasios

Pazos, das piscinas municipais de Vigo

Empresa adxudicataria actual: Gimnasios Pazos, S.A.

Piscinas de Lavadores e As Travesas. Vigo.

Artigo 1º.-Ámbito funcional e territorial.

O presente convenio abrangue o ámbito dos centros das piscinas municipais de Vigo, tanto Lavadores como As Travesas, nas que a empresa Gimnasios Pazos, S.A. presta os seus servicios como adxudicataria, podendo ser estendido, se fose solicitado no futuro, a outras piscinas que se puidesen abrir ó público e que dependan igualmente do Concello de Vigo.

Artigo 2º.-Duración.

A duración do presente convenio será de tres anos a partir do seu asinamento, podendo ser prorrogado anualmente de maneira automática, sempre que non existise por ningunha das dúas partes denuncia expresa deste, cunha antelación mínima de dous meses.

Artigo 3º.-Salarios.

a) Os salarios, a partir do 1 de xaneiro de ano 1999, serán os que a seguir figuran, segundo as diferentes categorías que se relacionan:

Director técnico: 5.650.000 pesetas.

Xefe de mantemento: 3.293.000 pesetas.

Auxiliar de mantemento: 1.865.000 pesetas.

Recepcionista: 1.800.000 pesetas.

Socorrista: 1.740.000 pesetas.

Monitor: 1.940.000 pesetas.

Limpadora: 1.730.000 pesetas.

b) Ó ser necesario o posto de coordinador dos monitores, co fin de ordenar adecuadamente o sistema de ensino, establécese unha prima de 10.000 pesetas, que será cobrada mentres exerzan os postos, por dous monitores elixidos entre os que teñan esta categoría pola empresa, despois de emitir informe o comité de persoal, que deberá emitir de igual maneira informe para o seu cesamento.

c) As cantidades para percibir que figuran serán o total dos conceptos brutos, divididos entre 16 pagas ó ano, aplicando destas as correspondentes deduccións que marque a lei, segundo as características persoais de cada empregado.

d) Os salarios serán devengados nos primeiros 6 días do correspondente mes.

e) O persoal poderá solicitar anticipos de ata un 50 % do salario, antes do día 15 de cada mes; este apartado considerarase nos casos excepcionais.

f) Mentres dure o presente convenio, ou non exista outro que o substitúa, o empresario estará obrigado a subir tódolos anos a táboa salarial en tódolos seus conceptos, así como tódalas cantidades monetarias que figuren no convenio, co IPC real do ano anterior, aplicando a suba en xaneiro de cada ano.

En caso de atraso en aboa-las cantidades do IPC por parte do IMD, o empresario poderá aboarllas ós traballadores no momento no que lle sexan satisfeitas a el, pagando os atrasos a que houbese lugar.

g) Durante o que reste do ano 1998, a táboa salarial será a que figure neste momento, pero se durante este ano se producise unha nova adxudicación do servicio das piscinas municipais, o empresario estará obrigado a aplicar desde o momento da adxudicación a táboa que figura para o ano 1999, producíndose en todo caso a primeira suba da alínea f) en xaneiro do ano 2000.

Artigo 4º.-Gratificacións extraordinarias.

a) Os traballadores afectados por este convenio percibirán catro pagas extraordinarias completas, iguais ó salario percibido mensualmente.

As de xullo e decembro aboaranse antes do 25 dos ditos meses. As outras dúas aboaranse antes do 25 de marzo e de outubro, e poderán ser rateadas men

sualmente, sempre e cando non exista denegación expresa mediante escrito do traballador.

b) O dereito ás pagas íntegras será computado anualmente.

Artigo 5º.-Antigüidade.

Tódolos traballadores terán dereito á cantidade de 1.000 pesetas mensuais en concepto de antigüidade, por cada seis anos traballados, computando o tempo desde que cada un deles vén traballando de maneira ininterrompida nalgunha das dúas piscinas municipais, ben nas Travesas ou no Calvario.

Artigo 6º.-Vacacións.

O período anual de vacacións retribuídas será de 31 días naturais, e o mes preferente para o seu desfrute será agosto.

Aqueles traballadores que por razóns de maior actividade na empresa teñan que desfrutar da totalidade das súas vacacións nos meses que non sexan xuño, xullo ou agosto, terán dereito a dous días máis e, se as necesidades obrigasen a partilas en dous períodos de quince días, terán dereito a outro día máis.

O calendario das vacacións, unha vez consensuado co comité de persoal, será exposto antes do 31 de decembro do ano anterior no taboleiro de anuncios do persoal.

Artigo 7º.-Enfermidade.

Tódolos traballadores afectados polo presente convenio percibirán da empresa o 100 % das súas retribucións en tódolos casos de baixa por IT ou accidente laboral, a partir do primeiro día.

Artigo 8º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 36,75 horas semanais de media en cómputo anual, para toda a vixencia deste convenio, salvo no caso de que unha lei de rango superior fixe unha inferior, non afectando neste caso ó salario a súa reducción e o IMD ou subsidiariamente o Concello deberá facerse cargo do custo que isto supoña.

Artigo 9º.-Quendas.

a) Quedan establecidas as mesmas quendas que figuran na actualidade. Debido a que as piscinas municipais son un servicio do Concello ó cidadán e están sometidas ás posibles modificacións de apertura que este organismo estableza, o horario será acordado tódolos anos en decembro entre a empresa e o comité de empresa, chegando a un acordo sobre el, segundo as necesidades reais de apertura e mantemento e será, unha vez asinado, colocado no taboleiro de anuncios, sendo a súa aplicación para todo o vindeiro ano, e poderase variar, unicamente, por novo acordo entre as partes asinantes.

b) En todo caso, nos postos de similares características, a rotación será obrigatoria e efectuarase preferentemente cada semana, salvo acordo entre o comité e a empresa.

Nos casos nos que de maneira voluntaria e logo de autorización da empresa acorden os traballadores unha quenda específica e continuada, isto non suporá dereito a permanecer nel cando as circunstancias e

os acordos non fosen mutuos, debendo nese momento volver ó sistema rotatorio.

Artigo 10º.-Licencias.

O persoal terá dereito a que se lle conceda permiso con percepción dos salarios completos correspondentes, nos seguintes casos e polo tempo que se expresa:

-5 días por falecemento do cónxuxe, pais, fillos, sogros e irmáns.

-2 días por falecemento de irmáns políticos, netos e avós.

-1 día por falecemento de tíos e sobriños carnais e políticos.

-1 día por voda, bautizo ou comuñón de fillos.

-1 día por voda de irmáns e netos, carnais e políticos.

-2 días por separación ou divorcio.

-4 días por parto da esposa ou adopción de fillos.

-21 días por voda do interesado.

-2 días por enfermidade grave ou internamento hospitalario de parentes ata 2º grao de consanguinidade ou afinidade. Se estes conviven no mesmo fogar có traballador, serán 5 días.

-Polo tempo necesario e nos supostos que marca a lei para concorrer a exames.

-As horas necesarias para a renovación de documentos oficiais, asistencia á consulta médica, acudir a xuízos, etc.

Cando o traballador teña que desprazarse a localidades distantes máis de 200 km da súa residencia oficial, contará con dous días máis en tódolos supostos anteriores.

Artigo 11º.-Promoción e especialización profesional.

O persoal terá dereito a ver facilitada a realización de estudios para a obtención de títulos académicos ou profesionais, así como a realización de cursos de perfeccionamento profesional.

Cando se trate de estudios académicos oficiais ou cursos de perfeccionamento profesional, intentarase, sen prexudicar a ningún traballador de maneira obrigada, darlle preferencia na elección de traballo, sempre que lle sexa necesario e as necesidades do servicio o permitan.

Artigo 12º.-Roupa de traballo.

O persoal percibirá por conta da empresa e por un ano natural o seguinte equipamento.

Mantemento, limpeza, recepción e demais seccións, dous uniformes completos por ano, que constará de:

Mantemento: pantalón e camisa de faena.

Limpeza: bata ou pantalón e blusón.

Recepción: camisa e polo.

Monitores e socorristas: polo e traxe de baño ou pantalón tipo bermudas.

Se o traballador afectado só permanecese na empresa de 2 a 9 meses, entregaráselle un uniforme; non será

necesario aplicar este artigo se o tempo é inferior a 2 meses, a non ser que o traballo o requira polas súas especiais características.

Artigo 13º.-Traballos perigosos, tóxicos ou penosos.

Os salarios serán incrementados nun 25 % se levan consigo perigo ou risco de intoxicación, e non entran dentro deste apartado os usados habitualmente.

En todo caso, será de aplicación completa a Lei de riscos e prevención laboral que en cada momento estea en vigor.

Artigo 14º.-Revisión médica e seguro de vida.

a) Tódolos empregados deberán realizar de maneira obrigatoria, salvo renuncia expresa, unha revisión médica anual, ben por conta da mutua correspondente, ou en todo caso, por conta da empresa.

b) O empresario subscribirá cunha compañía de seguros de vida un seguro para todo o persoal fixo que, como mínimo, cubrirá: un millón por morte natural, dous millóns por morte de accidente e catro millóns por invalidez total.

Artigo 15º.-Compensacións extraordinarias.

Tódolos traballadores con 8 anos de antigüidade nas piscinas municipais de Vigo, recibirán cando se retiren, ben por cumpri-la idade adecuada ou por calquera tipo de incapacidade laboral, unha compensación extraordinaria por conta da empresa de dúas mensualidades equivalentes ó salario bruto.

Artigo 16º.-Descanso dominical.

Tódolos traballadores terán dereito a que polo menos dous domingos ó mes lles coincidan cos seus días de descanso.

Se por necesidade do servicio tivesen que traballar algúns destes dous domingos de descanso, compensaráselles cun plus de 3.000 pesetas ou un día máis de descanso. En ningún caso poderán deixar de descansar polo menos un sábado e un domingo seguidos ó mes.

Artigo 17º.-Traslados entre centros de traballo.

A empresa, co fin de mellora-la súa organización e a súa productividade, poderá, logo do consentimento dos afectados ou, no seu defecto, co informe favorable do comité de empresa, traslada-lo persoal dunha piscina a outra, sempre dentro do termo municipal de Vigo. Cando se trate dun traslado a outra cidade, ademais do informe favorable do comité de empresa, necesitará o permiso expreso do traballador afectado.

Artigo 18º.-Bolsa de Nadal.

Tódolos anos, en decembro, seralle entregada a todo o persoal unha bolsa de Nadal; a súa contía será a vontade do empresario.

Artigo 19º.-Horas extraordinarias.

En ningún caso se farán horas extraordinarias, salvo necesidades urxentes do servicio, motivadas e sempre con comunicación previa ó comité. O seu pagamento farase sempre con descansos, a razón de dúas horas por unha traballada.

Artigo 20º.-Faltas e sancións.

O persoal poderá ser sancionado pola empresa, de acordo coa tipificación de tres tipos de faltas:

a) Faltas leves.

b) Faltas graves.

c) Faltas moi graves.

1. Serán faltas leves:

-A falta de asistencia inxustificada dun día.

-A incorrección co público, superiores ou compañeiros.

-O descoido ou neglixencia no desenvolvemento das súas funcións.

-O incumprimento do horario de traballo, sendo as deduccións practicadas por períodos de 15 minutos.

2. Serán faltas graves:

-Fumar nos recintos de uso público ou de atención da piscina.

-A falta de obediencia ós superiores recoñecidos.

-As conductas constitutivas de delicto doloso relacionadas co servicio.

-A grave desconsideración co público, superiores ou compañeiros.

-Causar danos graves nos locais ou material da empresa.

-A falta de rendemento considerable que afecte de maneira grave o normal funcionamento do servicio.

-Non garda-lo debido sixilo e respecto dos asuntos que se coñezan con motivo do cargo que ocupe.

-O incumprimento da xornada de maneira inxustificada, que supoña de maneira acumulada un mínimo de 10 horas ó mes.

-A terceira falta inxustificada nun período de tres meses, cando as anteriores fosen obxecto de sanción por falta leve.

3. Serán faltas moi graves:

-Calquera conducta constitutiva de delicto doloso.

-O abuso das atribucións con accións de tipo inhumano ou denigrantes, co público, superiores ou compañeiros.

-A insubordinación e desobediencia reiterada ós mandos legalmente recoñecidos.

-A non prestación de auxilio con urxencia naqueles casos graves que sexa necesario e imprescindible polo seu deber.

-A violación do segredo profesional naqueles casos que prexudiquen gravemente os intereses da empresa.

-Ser sancionado tres veces con faltas graves no período dun ano.

-Embriagarse ou consumir drogas tóxicas ou calquera clase de substancia psicotrópicas durante o servicio, ou con manifesta habitualidade.

Artigo 21º.-Procedemento sancionador.

Sen prexuízo da normativa vixente, que terá que ser observada en todo momento, establécense as seguintes normas especiais.

a) Os interesados poderán ter asistencia de letrado.

b) No caso de faltas graves ou moi graves, entregaráselle ó afectado copia da normativa vixente.

c) A sanción non será executiva, sempre que o afectado recorra ós tribunais do Social, debendo a empresa espera-la correspondente decisión.

d) Antes de calquera tipo de sanción, o interesado terá un prazo de oito días hábiles para un trámite de audiencia, onde poderá alegar, ben por escrito ou de palabra, o que considere oportuno.

e) Tódalas actuacións de sancións serán comunicadas ó comité de persoal, que poderá emitir informe que deberá ser incorporado ó expediente.

f) Tódolos traballadores poderán solicitar, en calquera momento, a presencia dun membro do comité, en calquera tipo de comunicación, entrevista, reunión, etc.

g) O comité de persoal será notificado de tódalas sancións impostas, sendo este requisito de obrigado cumprimento.

Artigo 22º.-Contía das sancións e prescrición.

a) Para as faltas leves: apercibimento ou deduccións proporcionais das retribucións.

b) Para as faltas graves: suspensión de emprego e soldo por un período inferior a un ano.

c) Para as faltas moi graves: suspensión de emprego e soldo por un período inferior a tres anos, ou despedimento disciplinario.

As faltas leves prescribirán ó mes, as graves ó ano e as moi graves ós tres anos, usando para o cómputo dos ditos prazos a firmeza das sancións.

Artigo 23º.-Anticipos de retribucións.

Todo o persoal terá dereito a un anticipo de 200.000 pesetas, que poderá pagar nun ano, descontándolle a empresa unha cantidade fixa cada mes.

Co fin de regular este apartado, a empresa xunto co comité de persoal elaborarán unhas bases de preferencia e quenda de solicitude, así como a cantidade anual máxima que a empresa dedicará a cubrir este apartado.

Artigo 24º.-Asesoramento e defensa do persoal.

A empresa prestaralles asesoramento e defensa xurídica gratuíta ós traballadores en calquera clase de litixio derivado de feitos acontecidos como consecuencia do desenvolvemento das funcións do propio cargo que ocupen.

Artigo 25º.-Norma de procedemento.

O persoal obrígase, por medio do seu órgano de representación, a negociar e a adopta-lo procedemento de mediación obrigatoria previamente ó exercicio de dereito de folga ou calquera outra medida que poida prexudica-lo servicio que as piscinas municipais representan, para o que se acorda que a mediacion a efectúe a inspección de traballo.

Artigo 26º.-Representación sindical.

Aplicarase en todo momento o disposto no artigo 28 da Constitución e na Lei 11/1985, do 2 de agosto e na Lei 9/1987, do 12 de maio.

Artigo 27º.-Crédito horario dos representantes do persoal.

Con independencia do artigo 27º do presente convenio, as partes acordan que os delegados de persoal terán dereito a un total de 16 horas ó mes para o desenvolvemento das súas funcións sindicais.

Os delegados dun mesmo sindicato poderán acumula-las horas entre eles, e mesmo realizar unha bolsa anual con todas elas, para o cal deberán comunicarllo á empresa mediante escrito, debendo comunicar, así mesmo, o seu desfrute con polo menos 24 horas de antelación.

Artigo 28º.-Local sindical.

A empresa facilitaralle un local ó comité, coa súa correspondente chave, unha mesa, máquina de escribir, así como un armario ou arquivador, con diferentes espacios, perfectamente individualizados para que os diversos sindicatos que teñan representación no comité poidan gardar con seguridade as súas cousas.

Artigo 29º.-Formación sindical.

Cada sindicato con representación no comité terá dereito a un crédito de 5 horas por delegado e ano para a formación sindical, que poderán ser utilizadas polo membro que se designe, debendo xustificarse documentalmente o seu uso.

Tamén os delegados pertencentes ó comité de persoal terán dereito a 5 días ó ano para asistencia a congresos sindicais, coa correspondente xustificación.

Artigo 30º.-Fondo social.

A empresa destinará a cantidade de 200.000 pesetas anuais, que será destinada a un fondo social, como axuda para tódolos empregados que o soliciten con base en gastos de estudios, deles mesmos ou dos seus fillos e cónxuxe, así como lentes ou similares.

O comité de persoal poderá cambiar, se así o acordase, o uso deste diñeiro, a crear un fondo destinado como axuda para a creación dun plan de pensións, para tódolos traballadores que o desexen.

Ben sexa empregado nunha ou outra cousa das anteriormente expostas, deberá ser regulado polo comité e dar publicidade do acordado a tódolos traballadores.

Artigo 31º.-Disposicións derradeiras.

a) Respectaranse para todo o persoal as condicións máis beneficiosas adquiridas en canto determinen mellor dereito cás consideradas no presente acordo.

b) En tódolos aspectos que non quedasen suficientemente aclarados no presente convenio, ou aqueles nos que non se fixese referencia expresa nel, aplicarase o disposto no vixente Estatuto dos traballadores e demais leis actuais que o complementen.

c) Tódolos traballadores incluídos no presente convenio acóllense ó acordo plenario do 29 de maio de 1996, no que a Corporación, por unanimidade, acordou

a subrogación de todo o persoal para as empresas concesionarias de servicios municipais, aceptándoo a empresa concesionaria.

d) En caso de despedimento improcedente, respectarase a indemnización de corenta e cinco días por ano traballado para o persoal que tiña unha antigüidade mínima dun ano de traballo nelas no momento de colle-la concesión das piscinas de Vigo a empresa Gimnasios Pazos, S.A., sendo para os demais empregados conforme o lexislado segundo os seus contratos de traballo.

e) Dadas as especiais características do servicio de piscinas, faise necesaria a modificación, de acordo coa lexislación vixente, dos períodos de traballo permitidos dentro dos contratos denominados «Por acumulación de tarefas», establecéndoos do xeito seguinte: nove meses nun período de doce.

f) Recollerase en acta, considerada anexo a este convenio, o persoal que no momento do seu asinamento figura na relación de postos de traballo efectivo, coas súas correspondentes xornadas. Acollerase todo este persoal ó acordo plenario do Concello de Vigo, que subroga a tódolos traballadores das concesións administrativas en caso de nova adxudicación a outra empresa.

Asínase en Vigo o 2 de xullo de 1998.

Pola empresa Gimnasios Pazos, S.A.

Polo comité de empresa.

7682