Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 21 de agosto de 1998 Páx. 9.605

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 11 de agosto de 1998 pola que se fai pública a lista dos opositores que superaron os procedementos selectivos convocados por Orde do 15 de abril de 1998 (DOG do 24), para ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios de carreira dos anteditos corpos, na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto na base común 9, apartado 6 da orde desta consellería do 15 de abril de 1998 (DOG do 24) pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño e procedemento de adqui

sición de novas especialidades polos funcionarios de carreira dos anteditos corpos. Esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública por materias a lista dos funcionarios do mesmo corpo que superaron o procedemento de adquisición de novas especialidades no anexo I desta orde.

Segundo.-Facer pública por corpos, materias e número de orde, a lista dos opositores que superaron os procedementos selectivos para acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres de taller de artes plásticas e deseño nos anexos II, III, IV, V e VI desta orde, respectivamente.

Terceiro.-Os relacionados nos anexos II, III, IV, V e VI que estean cumprindo o servicio militar ou por outra causa que, a xuízo da Dirección Xeral de Persoal, necesiten aprazamento da incorporación á fase de prácticas, deberano solicitar por escrito ante a Dirección Xeral de Persoal xuntando os documentos xustificativos.

Cuarto.-Os opositores aprobados relacionados nos anexos II, III, IV, V e VI deberán presentar ante a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a documentación que se relaciona na base común 10 da Orde do 15 de abril de 1998 (DOG do 24), no prazo de 20 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación desta orde.

Quinto.-Os participantes nestes procedementos selectivos poderán retira-la documentación presentada, eles mesmos ou por medio de persoa autorizada, no Servicio do Profesorado de Ensinanzas Secundaria, Formación Profesional e de Réxime Especial desta consellería (San Caetano- Santiago de Compostela), no prazo dun mes contado a partir de trascorridos dous meses desde a publicación da presente orde.

Sexto.-A Dirección Xeral de Persoal adoptará tódalas medidas que sexan precisas para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Disciplina: 590018-Psicoloxía e pedagoxía.

36.055.789. Blanco Guerrero, Fernando.

33.219.308. Campuzano Álvarez, Miguel.

36.041.346. Carrasco Mera, José Fernando.

39.020.121. Centelles Farre, Montserrat.

32.442.632. Morán Fraga, Humberto.

Disciplina: 590019-Tecnoloxía.

71.920.281. Fernández Negral, Justino.

6835