Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 21 de agosto de 1998 Páx. 9.607

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se outorga autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/198-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 36000 Vigo.

Denominación: L.M.T. a C.T. Valeixe.

Situación: A Cañiza.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 1.287 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde unha torre metálica s/n da L.M.T. Arbo-A Cañiza, con final no C.T. existente de Valeixe, concello da Cañiza.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV dos

decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 24 de xuño de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

6986