Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 14 de agosto de 1998 Páx. 9.444

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 7 de agosto do 1998, mediante a que se modifica a do 27 de abril de 1998, publicada no DOG do 30 de abril, reguladora das axudas e subvencións para o fomento do emprego, no ámbito da colaboración con órganos e organismos das administracións públicas, distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro, a través dos programas de cooperación.

Artigo único.

Modifícase o número 1 do artigo 9º da Orde do 27 de abril do 1998, reguladora das axudas e subvencións para o fomento do emprego, no ámbito da colaboración con órganos e organismos das administracións públicas, distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro, a través dos programas de cooperación, quedando redactado como segue:

«A obra ou servicio iniciarase no prazo de quince días, contados a partir da data prevista na resolución e finalizará dentro do exercicio orzamentario no que se produce a colaboración. Non obstante, cando concorran causas debidamente xustificadas, o director xeral de Fomento de Emprego poderá autoriza-lo inicio ou a finalización con posterioridade ós anteditos prazos sen que, respectivamente, poidan exceder do 31 de decembro do 1998 e dos tres primeiros meses do exercicio orzamentario seguinte.»

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de agosto do 1998.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

7367