Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 14 de agosto de 1998 Páx. 9.444

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Xuventude, pola que se convocan varios cursos de formación para o persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil.

Dentro do programa de actividades formativas da Dirección Xeral de Xuventude para o curso 1998-1999, e dadas as recentes modificacións na aplicación informática Rede de Información Xuvenil (RIX) a través de Internet/Infovía como ferramenta orientada ó persoal que presta os seus servicios na Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, convócanse 15 cursos monográficos sobre introducción a Internet e 5 cursos monográficos sobre introducción á informatización da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil.

Cinco cursos sobre a introducción á RIX.

1. Obxectivo:

Actualiza-la formación dos traballadores das oficinas e puntos de información xuvenil de Galicia, como usuarios da aplicación informática Rede de Información Xuvenil (RIX) a través de Internet ou Infovía.

2. Contido:

* Introducción a Internet.

* Acceso á aplicación RIX a través de lnternet/Infovía.

* Definición da aplicación RIX.

* Elaboración das fichas: guía e transferencia de ficheiros.

* Configuración da aplicación RIX.

* Estructura da base de datos.

* Sistema de busca: por palabras chave ou temática.

* Correo electrónico.

3. Destinatarios:

Persoal das oficinas e puntos de información xuvenil inscritos no rexistro da Rede Galega de lnformación e Documentación Xuvenil na data de remate do prazo de presentación de solicitudes e que non realizasen os cursos na anterior convocatoria (DOG nº 205, do xoves 23 de outubro de 1997).

4. Desenvolvemento e duración do curso:

* Duración: 5 horas.

* Horario: das 9 ás 14 horas.

* Lugar de celebración: aula de informática do Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil.

Casa da Xuventude. Praza do Matadoiro, s/n. Santiago de Compostela.

* Número de prazas por curso: 8.

5. Os cursos monográfícos obxecto desta convocatoria realizaranse nas seguintes datas: días 20, 21, 22, 27 e 28 de outubro de 1998.

6. Inscrición:

* Prazo: desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 15 de setembro de 1998.

* Forma: o persoal que desexe participar nestes cursos deberá solicitalo por escrito no modelo de instancia que figura ó final destas bases. Xunto coa solicitude deberá presentar certificado expedido polo secretario do concello ou asociación titular do servicio de información xuvenil conforme o solicitante está prestando os seus servicios no punto/oficina de información xuvenil, indicando o tipo de vinculación coa entidade (laboral, funcionario, voluntario, etc.).

* Lugar de presentación: as solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, sito en San Caetano, s/n, 15771 Santiago de Compostela, ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As solicitudes e demais documentación tamén poderán enviarse por fax ó número 981 54 58 43.

Inscrición fóra de prazo: só se admitirán se quedasen prazas libres.

7. Certificación de asistencia:

Ás persoas participantes outorgaráselle-lo correspondente certificado de asistencia.

Quince cursos sobre introducción a Internet.

1. Obxectivo:

Actualiza-la formación dos responsables das oficinas e puntos de información xuvenil de Galicia, como usuarios da aplicación informática Rede de Información Xuvenil (RIX) a través de Internet ou Infovía.

2. Contido:

Introducción a Internet. Cómo acceder a Internet (hardware e software. Infovía). Enderezos IP. Sistema de nomenclatura de dominios. Servicios de Internet (Correo electrónico, Usenet. News, Ftp, Telnet, World Wide Web, outros servicios...).

3. Destinatarios:

Persoal das oficinas e puntos de información xuvenil inscritos no rexistro da Rede Galega de lnformación e Documentación Xuvenil na data de remate

do prazo de presentación de solicitudes, e que fixesen o curso de introducción a RIX.

4. Desenvolvemento e duración do curso:

* Duración: 5 horas.

* Horario: das 9 ás 14 horas.

* Lugar de celebración: aula de informática do Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil.

Casa da Xuventude. Praza do Matadoiro, s/n. Santiago de Compostela.

* Número de prazas por curso: 8.

5. Os cursos monográfícos obxecto desta convocatoria realizaranse nas seguintes datas: días 17, 18, 19, 24, 25 e 26 de novembro; 10, 15, 16 e 17 de decembro de 1998 e 12, 14, 19, 20 e 21 de xaneiro de 1999.

6. Inscrición:

* Prazo: desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 15 de setembro de 1998.

* Forma: o persoal que desexe participar nestes cursos deberá solicitalo por escrito no modelo de instancia que figura ó final destas bases. Xunto coa solicitude deberá presentar certificado expedido polo secretario do concello ou asociación titular do servicio de información xuvenil conforme o solicitante está prestando os seus servicios no punto/oficina de información xuvenil, indicando o tipo de vinculación coa entidade (laboral, funcionario, voluntario, etc.). Así mesmo deberá enviar fotocopia do certificado de ter feito o curso de iniciación a RIX.

* Lugar de presentación: as solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, sito en San Caetano, s/n, 15771 Santiago de Compostela, ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As solicitudes e demais documentación tamén poderán enviarse por fax ó número 981 54 58 43.

Inscrición fóra de prazo: só se admitirán se quedasen prazas libres.

7. Certificación de asistencia:

Ás persoas participantes outorgaráselle-lo correspondente certificado de asistencia.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1998.

Mª José Bravo Bosch

Directora xeral de Xuventude

7287