Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 11 de agosto de 1998 Páx. 9.288

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 1998 pola que se convoca unha praza de persoal laboral fixo para o Igape-Santiago de Compostela.

O Instituto Galego de Promoción Económica, Igape, convoca probas de selección para cubri-la seguinte praza:

a) Un auxiliar administrativo fixo con bos coñecementos de inglés.

As retribucións desta praza serán as seguintes:

Auxiliar administrativo fixo: máximo 2.219.124 ptas. brutas anuais.

Requisitos xerais:

-Ter nacionalidade dun país membro da Unión Europea.

-Ter cumpridos os 18 anos de idade.

-Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida desempeña-las funcións correspondentes.

-Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

-Posuír e acredita-la titulación académica esixida (homologada polo Ministerio de Educación, no caso de títulos expedidos por un país que non sexa membro da Unión Europea).

Condicións específicas da praza:

Requisitos mínimos, que deberán ser acreditados:

-Graduado escolar ou equivalente.

Coñecementos necesarios para cubrir este posto:

-Coñecementos altos de inglés, falado e escrito.

-Igape/Sodiga/Inesga/Bic como instrumentos de apoio ó sistema productivo de Galicia.

-Estructura organizativa da Xunta de Galicia.

-Informática. Imprescindible o manexo de Word e Excel baixo contorno Windows.

Valorarase:

-Coñecementos de francés e/ou alemán.

-Coñecementos doutras ferramentas informáticas.

-Experiencia acreditada en posto similar.

-Galego nivel perfeccionamento.

Documentación que hai que presentar:

-Fotocopia do DNI.

-Fotografía tamaño carné.

-Documentación orixinal ou fotocopia compulsada que acredite a titulación esixida, así como a formación e/ou experiencia que desexe achegar para ser valorada. Acreditarase a experiencia con historial completo da Seguridade Social ou certificado de empresa.

Lugar e prazo de presentación:

-As solicitudes presentaranse en calquera das oficinas do Igape.

-O prazo de presentación será de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Proceso de selección:

1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección publicará as listas previas de admitidos e excluídos ó proceso de selección, coa motivación da exclusión, se é o caso, establecéndose un prazo de 5 días hábiles para, por petición do interesado, reparar calquera erro que sexa reparable. Esgotado este prazo, publicaranse as listas definitivas de admitidos e excluídos ó proceso de selección, incluíndo lugar e data en que comezarán as probas, ás que deberán asisti-los candidatos provistos do DNI. Estas listas serán publicadas nos taboleiros de anuncios do Igape.

2. As probas de selección consistirán nunha proba teórico-práctica e entrevista persoal.

a) Proba teórico-práctica: versará sobre os coñecementos e demais requisitos esixidos na convocatoria para cubrir este posto, que haberá que superar para pasar á entrevista persoal.

A proba teórico-práctica realizarase nas seguintes fases eliminatorias:

1) Exame de inglés escrito.

2) Exame de inglés oral.

3) Exame tipo test sobre os demais coñecementos esixidos na convocatoria.

4) Exame informático: Word e Excel baixo contorno Windows.

b) Entrevista persoal: avaliaranse os coñecementos do candidato, ademais da adecuación deste ó posto de traballo.

3. Unha vez finalizado todo o proceso anterior, o comité de selección publicará o nome da persoa seleccionada no taboleiro de anuncios do Igape, facendo consta-la data de ingreso, así como a documentación complementaria que deberán achegar para formaliza-lo contrato, no que se establecerá un período de proba de dous meses.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 1998.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica

7255