Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 11 de agosto de 1998 Páx. 9.290

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 1998 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de escultura, do departamento de Expresión Artística, a Ignacio Fernando Barcia Rodríguez (praza 62/1997).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 29 de xullo de 1997 (BOE do 27 de agosto) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de escultura, do departamento de Expresión Artística, a prol de Ignacio Fernando Barcia Rodríguez, con documento nacional de identidade número 00.687.915 e cumprindo o interesado os requisitos ós que se refire o apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Ignacio Fernando Barcia Rodríguez, profesor titular de universidade da área de coñecemento de escultura, do departamento de Expresión Artística.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 20 de xullo de 1998.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

7256