Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 11 de agosto de 1998 Páx. 9.271

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 3 de agosto de 1998 pola que se regula a concesión de axudas para a adquisición de teléfonos de texto por persoas xordas.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27.23º, asígnalle á Comunidade Autónoma compe

tencia exclusiva en materia de asistencia social. Así mesmo, no seu artigo 33.2º, establécese que lle corresponde o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación básica do Estado en materia de seguridade social.

A Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais de Galicia, nos seus artigos 50 e 52 recolle a posibilidade de conceder de maneira singular prestacións económicas non periódicas a persoas en estado de necesidade.

A Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da Xunta de Galicia, de conformidade co Decreto 347/1997, do 9 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, e o Decreto 351/1997, do 10 de decembro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, así como no Decreto 48/1998, do 5 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, ten ó seu cargo competencias en materia de servicios sociais, de acordo co establecido no Estatuto de sutonomía para Galicia nos termos sinalados pola Constitución española.

A Consellería de Sanidade e Servicios Sociais subscribiu con data do 9 de decembro de 1997 un convenio de colaboración co Instituto de Migracións e Servicios Sociais (Imserso) para promove-la implantación de teléfonos de texto na Comunidade Autónoma de Galicia. De conformidade co disposto na súa claúsula terceira, o Imserso e a Xunta de Galicia comprométense a apoia-la adquisición de, alomenos, 352 teléfonos de texto por parte das persoas xordas interesadas en utilizar este medio de comunicación, mediante unha convocatoria específica co obxecto de que os interesados poidan formula-las súas solicitudes.

Na Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, así como na Lei 1/1998, de 7 de abril, Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1998, establécense os requisitos xerais para as subvencións que concederá esta Administración autonómica.

Segundo a citada lei de orzamentos, existe crédito adecuado na aplicación 11.03.212D.780 para financia-las axudas que se establecen no articulado da presente orde e que se concederán, en todo caso, tendo en conta o límite das dispoñibilidades orzamentarias.

Na súa virtude, no uso das facultades que me confiren os artigos 34 e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e para a debida aplicación dos créditos orzamentarios ó fin para o que foron establecidos

DISPOÑO:

Artículo 1º.-Obxecto.

1. Constitúe o obxecto da presente orde a convocatoria de subvencións para a adquisición de telé

fonos de texto por persoas xordas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. A solicitude, tramitación e concesión das axudas obxecto da presente orde axustaranse ó disposto na Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, así como á Lei 1/1998, do 7 de abril, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1998.

Artigo 2º.-Tipoloxía dos beneficiarios.

Os beneficiarios destas axudas serán persoas que padezan unha hipoacusia intensa ou profunda, con valores de perda auditiva binaural ou bilateral superior ó 60%.

Artigo 3º.-Modelo de teléfono de texto.

O interesado poderá optar por calquera dos módelos de teléfono de texto existentes no mercado, sempre que estea homologado para este tipo de uso polo Centro Estatal de Autonomía Persoal e Axudas Técnicas (CEAPAT) dependente do Imserso.

Artigo 4º.-Contía subvencionada.

A Consellería de Sanidade e Servicios Sociais subvencionará a través da presente orde o 50% do prezo total de adquisición.

O interesado poderá solicita-la subvención do cincuenta por cento restante a través da convocatoria regulada na Orde do 7 de marzo de 1998, pola que se regulan as axudas individuais non periódicas para minusválidos e persoas maiores (DOG do 13-3-1998), axustándose a dita solicitude ós criterios de valoración establecidos na orde de referencia.

Artigo 5º.-Documentación.

A documentación que deberá achega-lo solicitante será a seguinte:

a) Instancia segundo modelo oficial conforme o anexo da presente orde.

b) Fotocopia do DNI, partida de nacemento ou outro documento análogo do solicitante e, se é o caso, do representante legal, debidamente compulsada.

c) Certificación do padrón municipal que comprenda a tódolos conviventes.

d) Copia do certificado de minusvalidez.

e) Informe médico emitido por un otorrinolaringólogo que xustifique a necesidade do aparello por hipoacusia intensa ou profunda, con valores de perda auditiva binaural ou bilateral superior ó 60%. O informe non será necesario no caso de que a dita a necesidade conste no dictame técnico da Sección de Cualificación e Valoración de Minusvalidez.

f) Factura proforma do teléfono.

g) Declaración do imposto sobre a renda da unidade familiar correspondente ó último exercicio. No caso de non te-la obriga de presentala deberá xuntarse certificación negativa da correspondente delegación

de Facenda, así como declaración xurada da totalidade de ingresos do solicitante e dos restantes membros da unidade familiar, xunto cos xustificantes dos respectivos ingresos.

Artigo 6º.-Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde a data de publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 7º.-Lugar de presentación das solicitudes.

A solicitude e maila documentación requirida presentaranse nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, de acordo co disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 8º.-Tramitación.

8.1. As delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais comprobarán que tódalas solicitudes reúnan os requisitos establecidos na presente orde. No caso de que a documentación resulte incompleta ou defectuosa requirirá o solicitante para que nun prazo de 10 días achegue a documentación necesaria ou emende os defectos observados, facéndolle saber que, en caso contrario, a súa solicitude será arquivada sen máis trámite

8.2. Revisada a documentación e completada, se é o caso, remitiráselle á Comisión Provincial de Valoración, que terá a función de propoñe-la aprobación ou denegación desta, seguindo os criterios obxectivos recollidos na presente orde e nas demais normas de desenvolvemento.

8.3. A composición da Comisión Provincial de Valoración será a seguinte:

a) Presidente: o xefe da Área de Servicios Sociais.

b) Vocais:

-Dous funcionarios da Área de Servicios Sociais, sendo un deles, se é posible, o xefe do servicio correspondente.

-Un representante designado pola Federación de Asociacións de Xordos do País Galego.

-Un médico dun equipo de valoración e orientación dalgunha das seccións de cualificación dependentes da área de servicios sociais correspondente.

-Así mesmo, poderá formar parte da comisión un traballador social dos Servicios de Atención Primaria.

Actuará como secretario un dos vocais da área de servicios sociais.

Ás reunións da comisión poderá asistir un representante designado pola Intervención Territorial, que actuará con voz pero sen voto. Se por calquera causa algún dos seus compoñentes non puidese asistir ás reunións, será substituído polo que designe o órgano competente para o outorgamento das axudas, debendo

recaer, sempre que sexa posible, noutro funcionario do mesmo servicio có substituído.

Artigo 9º.-Criterios de valoración.

Os criterios de valoración serán os seguintes:

a) Nivel de renda familiar.

b) Grao de minusvalidez.

c) Circunstancias familiares e sociais dos solicitantes.

Artigo 10º.-Resolución.

1. A resolución das axudas, de conformidade co establecido no Decreto 88/1990, do 15 de febreiro, unha vez fiscalizadas pola Intervención, corresponderalles ós delegados provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios e Sociais, e notificaráselles ós interesados, motivándose as que sexan desestimatorias.

2. De igual xeito poderán modificarse as devanditas resolucións pola alteración das circunstancias que serviron de base ó seu outorgamento.

Artigo 11º.-Pagamento e xustificación.

As delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais aboaralles ós beneficiarios a contía da axuda concedida, logo da presentación da factura acreditativa da realización do gasto. Estes xustificantes deberán presentarse antes do 30 de novembro de 1998.

Disposicións adicionais

Primeira.-A concesión destas axudas terá como límite global o crédito consignado no orzamento para estes fins.

Segunda.-O incumprimento total ou parcial das condicións establecidas, así como a duplicidade da axuda con cargo a outros créditos dos orzamentos xerais do Estado, Seguridade Social, Administración institucional, autonómica ou local, constituirán causa determinante do reintegro de axuda percibida, xunto cos xuros de demora, segundo o previsto no artigo 78.5º da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, logo da súa modificación pola Lei 14/1992, do 29 de decembro.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral de Servicios Sociais para dicta-las normas que sexan necesarias para o desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 1998.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

7457