Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 11 de agosto de 1998 Páx. 9.271

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CORECCIÓN de erros.-Orde do 11 de maio de 1998 pola que se modifica a Orde do 8 de setembro de 1995 sobre o procedemento de xestión das axudas comunitarias relativas á mellora das condicións de transformación e comercialización de productos agrarios e silvícolas.

Advertidos erros na citada orde publicada no Diario Oficial de Galicia nº 96, do xoves 21 de maio de 1998, precísase face-las seguintes correccións:

Na páxina 5.592, no artigo 10 apartado 1º, onde di: «Os investimentos incluidos na petición de axuda non poderán estar iniciados con anterioridade ó 1 de xaneiro de 1998, condición que deberá estar suficientemente acreditada»; debe dicir: «Os investimentos incluídos na petición de axuda, cando se presenta esta por primeira vez, non poderán estar iniciados con anterioridade ó 1 de xaneiro de 1998, condición que deberá estar suficientemente acreditada».

Na páxina 5.592 no artigo 10 apartado 3º, onde di: «O pagamento das subvencións efectuarase con cargo ó concepto orzamentario 09.03.713A.770.00 (2.647.000.000 ptas.) así como con cargo ós remanentes incorporados ó ano 1998 e non comprometidos»; debe dicir: «O pagamento das subvencións efectuarase con cargo ós conceptos orzamentarios 09.04.713A.770.00 (2.647.000.000 ptas.) e 09.04.713A.771.00 (161.475.000 ptas.), así como con cargo ós remanentes incorporados ó ano 1998 e non comprometidos».

7577