Examinados os expedientes instruídos por instancia dos titulares dos centros, nas que se solicita autorización definitiva para a apertura e funcionamento dos centros privados Luis Vives de Pontedeume (A Coruña), Hijas de María Inmaculada de Vigo (Pontevedra) e Labor de Vigo (Pontevedra).
Tendo en conta que os expedientes foron tramitados pola delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que se remiten cos informes correspondentes.
Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real Decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (Diario Oficial de Galicia do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (Diario Oficial de Galicia do 15 de decembro) que o desenvolve.
Considerando que concorren nos expedientes os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.
Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,
DISPÓN:
Primeiro.-Autoriza-la apertura e funcionamento dos centros de educación secundaria e, como consecuencia disto, establece-la configuración definitiva dos centros existentes no mesmo edificio ou recinto escolar, segundo se especifica no anexo.
Segundo.-A presente autorización producirá efectos progresivamente, a medida que se implanten as
ensinanzas autorizadas de acordo co calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo.
Terceiro.-Antes do inicio das ensinanzas de educación secundaria obrigatoria que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia nos ditos centros.
Cuarto.-Os centros de educación secundaria que pola presente orde se autorizan, deberán cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada polo Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.
Quinto.-Os centros quedan obrigados ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.
Santiago de Compostela, 20 de xullo de 1998.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria
ANEXO
Provincia: A Coruña.
Concello: Pontedeume.
Localidade: Pontedeume.
Enderezo: Ricardo Sánchez, 49-51.
Código do centro: 15013497.
Denominación específica: Luis Vives.
Titular: Colegio Luis Vives Sociedad Cooperativa Limitada.
Composición resultante:
a) Centro de educación infantil: 2 unidades.
b) Centro de educación primaria: 6 unidades.
c) Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.
Provincia: Pontevedra.
Concello: Vigo.
Localidade: Vigo.
Enderezo: Vázquez Varela, 57.
Código do centro: 36010794.
Denominación específica: Hijas de María Inmaculada.
Titular: Hijas de María Inmaculada.
Composición resultante:
a) Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.
b) Centro de formación profesional:
-1 ciclo formativo de grao medio Comercio da familia profesional de Comercio e Marketing (1 unidade).-1 unidade de formación profesional de primeiro grao.
Provincia: Pontevedra.
Concello: Vigo.
Localidade: Vigo.
Enderezo: Avda. das Camelias, 53.
Código do centro: 36011099.
Denominación específica: Labor.
Titular: Sergio Saborido Comesaña.
Composición resultante:
a) Centro de educación infantil: 3 unidades.
b) Centro de educación primaria: 12 unidades.
c) Centro de educación secundaria: 8 unidades de secundaria obrigatoria.
7550