Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 10 de agosto de 1998 Páx. 9.248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación municipal, en sesión do 27 de marzo de 1998, aprobou as bases específicas

para a provisión de prazas vacantes no cadro de persoal funcionario do concello que se publican a seguir deste anuncio.

A convocatoria rexerase ademais polas bases xerais para a selección de persoal funcionario do Concello de Nigrán publicadas no BOP do 3 de abril de 1996 e no DOG do 25 de abril de 1996.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Nigrán, 25 de xuño de 1998.

José Villar Pereira

Alcalde

Bases específicas para a provisión de tres prazas de auxiliar administrativo de Administración xeral, vacantes no cadro de persoal funcionario

1. Número de prazas, natureza e características.

Convócanse tres prazas de auxiliar de Administración xeral, enmarcadas no grupo D, escala de Administración xeral, subescala auxiliar, denominación auxiliar. Están dotadas coas retribucións básicas correspondentes ó seu grupo de titulación e as complementarias ó posto de traballo a que se adscriba a praza.

2. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición libre.

3. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base III das xerais, os aspirantes deberán estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente, que se acreditará mediante certificación por efecto da Consellería de Educación ou do Ministerio de Educación e Cultura de se-lo caso.

4. Fase de concurso.

Nesta fase, que será anterior a de oposición e terá lugar alomenos 48 horas antes do inicio do primeiro exercicio, o tribunal examinará e cualificará os méritos dos aspirantes conforme os documentos e xustificantes que debidamente acreditados foran presentados polos aspirantes xunto coas súas instancias, e segundo o baremo de méritos que figura na seguinte destas bases específicas.

Esta fase non terá carácter eliminatorio non poderá terse en conta para supera-las probas da fase de oposición.

Baremos de méritos:

A) Titulacións académicas:

-Por estar en posesión do título de bacharelato superior, COU ou FP 2º grao na rama de técnico auxiliar administrativo ou de informática: 1 punto.

-Por estar en posesión de diplomatura ou licenciatura en calquera das ramas de ciencias económicas, empresariais ou dereito: 1,5 puntos no caso de diplomatura, 2 puntos no caso de licenciatura.

Non puntuará a titulación inferior necesaria para obter unha superior cando puntúe esta.

B) Cursos de formación e perfeccionamento:

Cursos relacionados coa Administración local impartidos polo Instituto Nacional de Administración Pública e a Escola Galega de Administración Pública:

-De máis de 15 ata 29 horas: 0,30 por curso.

-De máis de 30 horas: 0,60 por curso.

A valoración máxima deste apartado non poderá exceder de 3 puntos.

C) Coñecemento de galego.

-Por supera-lo curso de iniciación: 0,50 puntos.

-Por supera-lo curso de prefeccionamento: 1 punto.

-Por supera-lo curso de linguaxe administrativa básica: 0,75 puntos.

-Por supera-lo curso de linguaxe administrativa media: 1,15 puntos.

-Por supera-lo curso de especialización na linguaxe administrativa: 1,5 puntos.

Puntuarase só o superior alegado e xustificado como mérito.

D) Experiencia profesional.

-Servicios prestados na Administración pública:

Valorarase con 0,15 puntos por mes ata un máximo de 3 puntos.

-Servicios prestados na Administración local:

Valorarase con 0,20 puntos por mes ata un máximo de 4 puntos.

Os servicios prestados á Administración só poderán puntuar nun destes apartados.

-Méritos desempeñados co posto na Administración local, valorarase ata un máximo de 2 puntos.

5. Exercicios da oposición.

Serán os seguintes:

Primeiro exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio para tódolos aspirantes. Consistirá en responder por escrito un test de cincuenta preguntas, con catro respostas alternativas correspondentes a cada pregunta, de coñecementos sobre o grupo de materias que figuran no programa de convocatoria no tempo máximo de noventa minutos. Para superar este exercicio será necesario ter contestadas correctamente un mínimo do 60% das preguntas formuladas.

Segundo exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio para tódolos aspirantes. Consta de dúas probas:

-Tratamento de textos: copia por ordenador dun texto que facilitará o tribunal durante un período máximo de trinta minutos. Utilizarase o procesador de textos Word.

-Folla de cálculo: consistirá en copiar e completar un suposto proposto polo tribunal durante un período de sesenta minutos. Utilizarase a folla de cálculo Excel.

Cualificarase individualmente a limpeza, exactitude do copiado, a corrección do escrito e a precisión e complemento dos datos e utilidades.

Terceiro exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio para tódolos aspirantes. Consistirá en desenvolver dous supostos prácticos elementais á elección do aspirante de entre tres propostos polo tribunal: un sobre Administración local en xeral, outro sobre contabilidade municipal e outro sobre impostos locais.

Cuarto exercicio: de carácter obrigatorio e non eliminatorio. Proba de coñecemento do idioma galego. Consistirá na traducción directa sen axuda de diccionario de dous textos elixidos polo tribunal, do idioma galego para o castelán e viceversa.

Cada un dos tres primeiros exercicios puntuaranse de 0 a 10 puntos. No segundo exercicio obterase puntuación media de entre as dúas probas. En cada un dos tres primeiros exercicios de carácter eliminatorio será indispensable obter unha puntuación mínima de cinco puntos para poder participar no exercicio seguinte.

O cuarto exercicio puntuarase de 0 a 5 puntos.

A puntuación da oposición será o resultado da suma da puntuación obtida en cada un dos catro exercicios.

6. Puntuación final e proposta de nomeamento.

A puntuación final dos aspirantes obterase pola súa dos puntos acadados na fase de concurso e os obtidos na fase de oposición.

O tribunal proporá o nomeamento daqueles aspirantes que obteñan as tres maiores puntuacións finais.

Temario.

1. As comunidades europeas. A acta única europea e o Tratado da Unión Europea. As liberdades básicas do sistema comunitario: libre circulación de persoas, mercadorías, servicios e capitais. Breve referencia ás institucións da Comunidade Económica Europea (Unión Europea).

2. A Constitución española de 1978: principios xerais e estructura.

3. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estructura.

4. A Administración pública no ordenamento español. Administración do Estado. Administración autonómica. Administración local. Administración institucional e corporativa.

5. O acto administrativo. Principios xerais do procedemento administrativo. Fases do procedemento administrativo xeral.

6. Formas de acción administrativa. Fomento. Policía. Servicio público.

7. Réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica.

8. O municipio. O termo municipal. A poboación. O empadroamento. Breve referencia á provincia. A súa organización e competencias.

9. Outras entidades locais. Mancomunidades. Agrupacións. Entidades locais menores. Relacións entre entes territoriais. Autonomía municipal e tutela.

10. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación.

11. A función pública local e a súa organización.

12. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións. O procedemento sancionador.

13. Procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos de presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

14. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Actas e certificación de acordos.

15. A contratación administrativa local. Procedemento. Prego de condicións. Formas de selección do contratista: poxa, concurso, procedemento de negociado.

16. Os ingresos municipais. Impostos: imposto sobre bens inmobles. Imposto sobre vehículos de tracción mecánica. Imposto sobre construccións, instalacións e obras. Imposto sobre incremento do valor dos terreos de natureza urbana.

17. As taxas. As contribucións especiais. As operacións de crédito. O rendemento e a alleamento do patrimonio municipal.

18. O control do gasto e do pagamento. O control interno. A intervención de fondos. A tesourería.

19. O orzamento. Tramitación e contido.

20. A contabilidade municipal. Os libros. O rendemento das contas.

Bases específicas da convovcatoria para o ingeso na subescala subaltena de Administración xeral

I. Número e características das prazas convocadas.

Convócanse probas selectivas para cubrir unha praza de funcionario pertencente á escala de Administración xeral, subescala subalterna, grupo E, correspondente á quenda libre.

Nivel de titulación esixido: certificado de escolaridade.

O procedemento selectivo rexerase, ademais de polo disposto nas presentes bases, polo previsto nas

bases xerais aprobadas por acordo plenario do 26 de xaneiro de 1996 e publicadas no BOP, do 3 de abril de 1996, e no Diario Oficial de Galicia, do 25 de abril de 1996.

II. Sistema selectivo: será o de concurso-oposición libre.

III. Requisitos: ademais dos xerais para o acceso á función pública local, os aspirantes deberán posuí-lo permiso de conducir, clase B-1 na data de remate do prazo de presentación de solicitudes para tomar parte nas probas.

IV. Fase de concurso: valoraranse os méritos que figuran no anexo II.

V. Fase de oposición: a oposición constará de tres exercicios todos eles de carácter obrigatorio, coas características seguintes:

Primeiro exercicio: consistirá en contestar por escrito, durante un tempo máximo de corenta minutos, dous temas extraídos ó chou entre os que figuran no programa anexo, correspondendo un ó apartado A, materias comúns e outro o apartado B, materias específicas. Este exercicio será puntuado de cero a dez puntos, quedando eliminados os opositores que non acaden un mínimo de cinco puntos. Valoraranse os coñecementos dos temas e a forma de exposición.

Segundo exercicio: consistirá en traducir de castelán para galego un texto sinalado polo tribunal nun tempo máximo de media horas. Este exercicio será eliminatorio e valorarase ata un máximo de cinco puntos, sendo necesario para superalo obter un minimo de dous puntos.

Terceiro exercicio: práctico: consistirá en resolver un suposto que sinale o tribunal relacionado coas notificacións.

Tempo máximo para a realización do exercicio: trinta minutos. Este exercicio valorarase de cero a dez puntos, quedando eliminados os opositorires que non acaden un mínimo de cinco puntos.

VI. Puntuación final: será a suma da obtida nas fases de concurso e de oposición.

ANEXO I

PROGRAMA

A. Materias comúns.

Tema 1. A Constitución española de 1978. Principios xerais. Dereitos e deberes fundamentais dos españois.

Tema 2. A organización do Estado. As comunidades autónomas. O Estatuto de autonomía de Galicia.

Tema 3. O dereito administrativo. O procedemento administrativo: concepto e fases.

Tema 4. A Administración local. Concepto. Entidades que comprende. O municipio. Organización

municipal. Competencias. O alcalde. O Pleno do Concello. A Comisión de Goberno.

Tema 5. Os funcionario públicos locais. Clases. Dereitos, deberes e incompatibilidades. Réxime disciplinario.

Tema 6. Facendas locais: clasificación dos ingresos e gastos. Os orzamentos locais.

B. Materias específicas.

Tema 1. A oficina municipal de información ó público. Rexistro de entrada e saída de documentos.

Tema 2. Comunicacións e notificacións. Convocatorias de sesións.

Tema 3. O termo municipal de Nigrán: división parroquial. Entidades de poboación.

Tema 4. O termo municipal de Nigrán: vías de comunicación. Rúas principais. Monumentos e zonas de interese turístico.

ANEXO II

BAREMO DE MÉRITOS PARA A FASE DE CONCURSO

a) Experiencia profesional en administracións públicas ou empresas privadas en postos con funcións similares:

-Na empresa privada: 0,05 puntos/mes, ata un máximo de 4 puntos.

-Na Administración pública 0,10 puntos/mes ata un máximo de 4 puntos.

A puntuación máxima que poderá obterse neste apartado será de 4 puntos.

b) Títulos ou certificacións de estudios:

Valoraranse ata un máximo de 2 puntos, poderándose en función do tempo necesario para a súa obtención e a maior ou menor relación coas funcións que se van desempeñar.

c) Cursos relacionados cos cometidos do posto a que se aspira:

Valoraranse ata un máximo de 1 punto, ponderándose en función da súa duración e a maior ou menor relación coas funcións que se van desempeñar.

d) Entrevista curricular:

Valorarase ata un máximo de 3 puntos.

Bases específicas da convocatoria para o ingreso na escala de Administración especial: gardas da policía local

I. Número e características das prazas convocadas.

Convócanse probas selectivas pra cubrir unha praza de funcionario, pertencente á escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase garda da policía local, grupo D.

O procedemento selectivo rexerase, ademais de polo disposto nas presentes bases, polo previsto nas

bases xerais aprobadas por acordo plenario, do 26 de xaneiro de 1996 e publciadas no BOP, do 3 de abril de 1996, e no Diario Oficial de Galicia, do 25 de abril de 1996.

II. Sistema selectivo: será o de oposición libre.

III. Requisitos: ademais dos xerais para o acceso á función pública local, deberán reuni-los seguintes requisitos referidos á data de remate do prazo de presentación de solicitudes para tomar parte nas probas:

a) Ter cumpridos os 18 anos e non supera-los 30.

b) Posuí-lo título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

c) Ter unha estatura mínima de 1,65 metros as mulleres e de 1,70 metros os homes.

d) Posuí-los permisos de conducir, clases A-2, B-1 e B-2.

e) Compromiso de portar armas e, se for o caso, chegar a utilizalas, prestado mediante declaración xurada e por escrito.

f) Acredita-la aptitude física mediante a presentación dun certificado médico no que se faga constar expresamente que o aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias necesarias e suficientes para a realización dos exercicios físicos que figuran especificados na correspondente proba da oposición, o que non excluirá as comprobacións posteriores do que se reflicte no certificado médico.

IV. Exercicios: a oposición constará de catro exercicios de carácter obrigatorio. Con carácter previo á súa celebración, procederase á práctica da tallaxe e demais medidas antropométricas dos aspirantes.

Primeiro exercicio: consistirá na superación das probas físicas que se especifican no anexo I. A puntuación final mínima deberá ser de 20 puntos, sendo cualificados como non aptos os aspirantes que non acaden esa puntuación e tamén os eliminados en calquera das probas, segundo o prevido no citado anexo I.

Segundo exercicio: constará de dúas partes:

Primeira.-Exame psicotécnico. Esta proba será dirixida a determina-la aptitude psicolóxica e a adecuación á función policial que se desempeñará. Cualificarase como apto ou non apto e resultarán eliminados os que obteñan esta última cualificación.

Segunda.-Consistirá en contestar por escrito, nun tempo máximo de sesenta minutos, dous temas extraídos o chou de entre os que figuren no programa anexo á convocatoria, un de cada parte. O exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 5 puntos.

Terceiro exercicio: constará de dúas probas:

-Proba de idioma galego: consistirá na traducción para o galego dun texto en castelán proposto polo tribunal. Tempo máximo: 30 minutos. Esta proba,

que terá carácter eliminatorio, cualificarase de 0 a 4 puntos, sendo necesario para superala obter un mínimo de 2 puntos.

-Proba práctica: consistirá en contestar por escrito, nun tempo máximo de sesenta minutos, a un suposto práctico sobre intervención policial e confección dos correspondentes partes. Este exercicio lerano os aspirantes ante o tribunal, que poderá dialogar cos opositores sobre o seu contido durante un período máximo de dez minutos. Esta proba cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superala obter un mínimo de 5 puntos.

Cuarto exercicio: consistirá na superación dun recoñecemento médico e cualificarase como apto ou non apto. A modo orientativo, inclúese como anexo III un cadro de exclusións médicas.

V. Nomeamento como funcionarios en prácticas.

O aspirante proposto polo tribunal será nomeado funcionario en prácticas e deberá superar un curso de formación teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade.

Os aspirantes que non superen o curso selectivo de formación perderán tódolos dereitos a seren nomeados funcionarios de carreira.

VI. Tribunal cualificador. Composición:

O tribunal cualificador estará composto da seguinte forma:

-Presidente: o da Corporación ou membro desta en que delegue.

-Vocais: un representante da Xunta de Galicia designado pola consellería competente por proposta da Academia Galega de Seguridade, de entre os profesionais de policía local de Galicia.

Un funcionario de carreira designado polo presidente da corporación.

Un representante dos sindicados máis representativos no concello.

Un técnico ou especialista na materia.

Tódolos vocais deberán posuí-la titulación ou especialización igual ou superior ó posto de traballo obxecto da convocatoria.

-Secretario: o da Corporación ou quen legalmente o substitúa.

ANEXO I

PROBAS FíSICAS PARA O ACCESO A GARDA DA POLICÍA LOCAL (Que se realizarán pola orde que se relaciona)

1. Salto de lonxitude cos pés xuntos (sen carreira).

Saltar cara a diante, impulsando cos pés xuntos. Permitirase o balanceo de pés de talón a metatarso sen perde-lo contacto co chan dun dos pés antes do salto. Tomarase a medida desde a liña de inicio ata o sinal máis atrasado do salto. Pódense facer dous intentos.

2. Flexións de brazos co corpo suspendido en barra horizontal.

Coas palmas das mans cara a diante e cunha separación entre elas do longo dos ombros. Partindo desde a posición de brazos estirados deberá supera-lo queixo a barra. Pódese facer só un intento.

3. Carreira de 50 metros (velocidade).

En pista ou pavimento compactado, con saída en pé. Só un intento.

4. Carreira de resistencia: 1.000 metros.

En pista ou pavimento compacto con saída en pé. Só un intento.

Sistema de cualificación dos exercicios

Mulleres

Salto de lonxitudeFlexión brazosCarreira 50 mResistencia 1.000 m

Resultados

CualificaciónMetrosNúmeroTempoTempo

Eliminación1,90 ou -5 ou -8''4 ou +4,20 ou +

3 1,91/1,9568''34,15/4,19

4 1,96/2,008''24,10/4,14

5 2,01/2,0588''14,05/4,09

6 2,06/2,1098''04,00/4,04

7 2,11/2,15107''93,55/3,59

8 2,16 ou +11 ou +7''8 ou -3,54 ou -

Homes

Salto de lonxitudeFlexión brazosCarreira 50 mResistencia 1.000 m

Resultados

CualificaciónMetrosNúmeroTempoTempo

Eliminación2,25 ou -10 ou -7''3 ou +3,26 ou +

3 2,26/2,30117''23,21/3,25

4 2,31/2,35127''13,16/3,20

5 2,36/2,40137''03,11/3,15

6 2,41/2,45146''93,06/3,10

7 2,46/2,50156''83,01/3,05

8 2,51 ou +16 ou +6''7 ou -3,00 ou -

ANEXO II

PROGRAMA

Parte xeral.

Tema 1. A Constitución española de 1978. Principios constitucionais. A división de poderes: lexislativo, executivo e xudicial. A Coroa.

Tema 2. A organización do Estado. A Administración central e periférica do Estado. Os organismos autónomos.

Tema 3. Organización territorial do Estado: as comunidades autónomas.

Tema 4. Institucións e dereito básico de Galicia.

Tema 5. A Administración local española. A provincia. O municipio. Outras entidades locais. Elementos constitutivos de municipio: poboación, territorio e organización.

Tema 6. O concello. Competencias. Órganos de Goberno. O Concello de Nigrán. A súa organización interna, distribución de competencias, situación das súas dependencias.

Tema 7. O regulamento: concepto e clases. Límites da potestade regulamentaria. Especial consideración da potestade regulamentaria municipal: ordenanzas e bandos.

Tema 8. Persoal ó servicio da Administración pública: clases, dereitos, deberes e responsabilidades. Situacións administrativas, incompatibilidades e réxime disciplinario.

Tema 9. O cidadán ante a Administración. Dereitos do cidadán no seu trato con concello. O funcionario ó servicio do público.

Tema 10. Coñecemento do municipio de Nigrán. Principais aspectos da súa historia, xeografía, cultura e festexos.

Tema 11. Coñecemento do municipio de Nigrán. Principais aspectos urbanísticos, as súas rúas, monumentos, prazas. Situación dos seus principais edificios públicos.

Tema 12. O Código Penal e a Lei de axuizamento criminal.

Parte especial.

Tema 13. Normativa de seguridade vial. Real decreto lexislativo 339/1990, do 2 de marzo. O Código de Circulación: concepto, estructura e extensión. Competencias administrativas en materia de tráfico.

Tema 14. Normas de comportamento na circulación. Especial referencia ó réxime de parada e estacionamento. Limitacións na circulación.

Tema 15. Os sinais de circulación. Preeminencias. Clases. Sinais dos gardas de circulación.

Tema 16. Matriculación de vehículos. Permisos de circulación. Duplicados. Transferencias. Circulación en proba e en transportes con permiso temporal. Matrícula turística. Inspección técnica.

Tema 17. Permiso de conducción. Clases. Requisitos para a súa obtención. Revisións. Duplicados. Suspensión. Licencias de conducción.

Tema 18. Condicións técnicas dos vehículos para circular polas vías públicas.

Tema 19. Estudio de circulación urbana na normativa de seguridade vial.

Tema 20. Alcoholemia. Estudios especiais dos preceptos contidos na normativa de seguridade vial.

Tema 21. O transporte de mercadorías perigosas. Concepto e regulamentación especial. Transporte de

viaxeiros e mercadorías: estudio dos principais preceptos contidos na normativa de seguridade vial e na lexislación de transportes.

Tema 22. Lei orgánica 2/1986, do 13 de marzo, de forzas e corpos de seguridade: ideas xerais.

Tema 23. Lei orgáncia 1/1992, do 21 de febreiro, sobre protección da seguridade cidadá: ideas xerais.

Tema 24. As ordenanzas municipais.

ANEXO III

CADRO DE EXCLUSIÓNS MÉDICAS

1. Obesidade-delgadeza.

Obesidade ou delgadeza manifestas que dificulten ou incapaciten para o exercicio das funcións propias do cargo.

2. Ollo e visión.

* Agudeza visual sen corrección inferior ós dous tercios da visión normal nos dous ollos.

* Queratomía radial.

* Desprendemento de retina.

* Estrabismo.

* Hemianopsias.

* Discromatopsias.

* Calquera outro proceso patolóxico que, a xuízo do tribunal, dificulte de maneira importane a agudeza visual.

3. Audición.

Déficit auditivo que supoña unha perda maior de 30 decibelios nas frecuencias comprendidas entre 500 e 3.000 hertzios, ou de 45 decibelios a 4.000 hertzios nos dous oídos; ou patoloxía que, a xuízo do tribunal, poida limita-lo desempeño do posto de traballo.

4. Outras exclusións.

* Aparato locomotor: alteracións do aparato locomotor que limiten ou dificulten o desenvolvemento da función policial, ou que poidan agravarse, a xuízo do tribunal, co desempeño do posto de traballo (patoloxía ósea de extremidades, retraccións ou limitacións funcionais de causa muscular ou articular, defectos de columna vertebral e outros procesos óseos, musculares e articulares).

* Aparato dixestivo: hepatopatías e calquera outro proceso dixestivo que, a xuízo do tribunal, dificulte o desempeño do posto de traballo.

* Aparato cardiovascular: hipettención arterial de calquera causa, non debendo supera-las cifras de repouso dos 145 mm/Hg en presión sistólica, e os 90 mm/Hg en presión diastóica; varices ou insuficiencia venosa periférica, arritmias extrasinusais, isquemia miocárdica e calquera outra patoloxía, lesión ou bloqueo das conduccións que, a xuízo do tribunal, poida limita-lo desempeño do posto de traballo.

6864