Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 10 de agosto de 1998 Páx. 9.248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELÓN

ANUNCIO de licitación.

Resolución do Concello de Melón (Ourense) pola que se anuncia a contratación da obra de iluminación pública en Melón por procedemento aberto, concurso, en tramitación urxente.

De conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP anúnciase concurso, por procedemento aberto, para adxudica-la obra de iluminación pública en Melón, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a execución da obra de iluminación pública en Melón.

2. Duración do contrato: catro meses.

3. Tipo de licitación: 8.265.763 ptas.

4. Pagamento: o pagamento do prezo de adxudicación farase efectivo con cargo á partida do orzamento vixente.

5. Publicidade dos pregos: estarán de manifesto tódolos días hábiles na secretaría do Concello de Melón.

6. Garantía provisional: será o 2% do tipo de licitación.

7. Exposición do prego de cláusulas adminsitrativas particulares: durante os oito primeiros días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio, suspendéndose a licitación en caso de impugnación.

8. Garantía definitiva: el 4% do orzamento.

9. Presentación de proposicións: durante os trece días naturais seguintes ó da publicación do anuncio de licitación no BOP de Ourense.

10. Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do oitavo día hábil, non sábado, seguinte á conclusión do prazo para a presentación de proposicións.

11. Modelo de proposición: o recollido na cláusula XXVI do prego de cláusulas.

Melón, 2 de xullo de 1998.

Celso Rodríguez Acuña

Alcalde

6989