Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 10 de agosto de 1998 Páx. 9.254

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 1998 pola que se anuncia a licitación para a adxudicación mediante concurso dos servicios de mantemento e conservación de determinadas zonas axardinadas do municipio de Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n, 36071 Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Pleno da Corporación.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicios de mantemento e conservación de determinadas zonas axardinadas do municipio de Pontevedra.

b) Duración do contrato: o contrato terá unha duración de catro anos prorrogables ata un máximo de seis anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación: 25.000.000 de ptas. anuais, incluídos tódolos gastos e impostos.

5. Garantías.

a) Provisioinal: 500.000 ptas.

b) Definitiva: 1.000.000 de ptas.

6. Obtención de documentos e información.

a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n. Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Fax: 986 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 9ª do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra, das 9 ás 13 horas.

8. Apertura das ofertas.

Será realizada pola mesa de contratación o quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo sinalado para a presentación das ofertas ás 12 horas na sala de xuntas.

9. Criterios de selección: os criterios que servirán de base para a adxudicación serán os seguintes:

a) Mellor oferta económica ata 35%.

b) Mellor dotación e capacitación do persoal adscrito ó servicio, ata 30%.

c) Mellores instalacións e maquinaria adscrita ó servicio 20%.

d) Melloras relacionadas co contido das prestacións obxecto do contrato e co ámbito de actuación, ata 15%.

10. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

a) Os de anuncios que xere o concurso e os seus actos preparatorios.

b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato, incluído o IVE.

c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa.

Pontevedra, 30 de xuño de 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

6867