Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 07 de agosto de 1998 Páx. 9.202

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciacion dos procedementos sancionadores de pesca fluvial 98/0087 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, (DOG nº 151, do 5-8-1992) e do Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño), polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, por non ser posible a súa notificación.

Noméease intructora do procedemento a Ana Mª Díaz López, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería na Coruña, segundo o artigo

40 da Lei de pesca fluvial en concordancia co artigo 101 do seu Regulamento.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poidan examina-lo expediente na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, e para achegaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de

resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario, poralle fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-lo impreso normalizado que lles será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 23 de xullo de 1998.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feitos denunciadosTipificación Lei de pescaSanción proposta
ArtigoCualificación

P-98/0087Enrique Gendre Botana

32.796.102

Piñeirón, Gándara, Oroso

Pescar sen licencia34.1º en concordancia co 91.1ºMenos grave50.001 multa e inhab. 1 ano
P-98/0127Manuel Lista Fernández

76.307.933

Vázquez de Parga, 73, Carballo

Pescar sen licencia34.1º en concordancia co 91.1ºMenos grave50.001 multa e inhab. 1 ano
P-98/0144Severino Vieites Tejo

33.213.962

Cacheiras, s/n, Teo

Posuír na marxe do río artefactos de uso prohibido (sedelas dormentes)34.4º en concordancia co 91.4ºMenos grave50.001 multa e inhab. 1 ano

7459