Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 07 de agosto de 1998 Páx. 9.202

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Peluquerías de Moaña.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abirl, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Seccion de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Peluquerías de Moaña que abarcan os seguintes ámbitos:

Territorial: local.

Profesional: empresarios de perruquerías.

Asinan a acta de constitución: Mª del Pilar Martínez Román, e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 14 de xullo de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

7458