Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 07 de agosto de 1998 Páx. 9.202

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de disolución da Asociación de Empresarios de Academias de la Provincia de A Coruña (Acea).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, ás 11 horas do día 6 de xullo de 1998, foi depositada a acta de disolución da Asociación de Empresarios de Academias de la Provincia de A Coruña (Acea).

Asinan a acta de disolución: Margot García Rodeiro (presidenta) e María Jesús Sánchez Fuentes (secretaria).

A acta depositada poderá ser examinada por calquera persoa interesada.

A Coruña, 6 de xullo de 1998.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

7232